G5081246 - A emerxencia das linguas románicas (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaa) Relacionados cos novos coñecementos ou habilidades a adquirir na materia:
- Amosar o contexto cultural no que fan a súa aparición os primeiros textos das distintas linguas románicas.
- Analisar os diferentes tipos de textos que neste período conteñen as primeiras referencias romances.
- Proporcionar coñecementos lingüísticos sobre as distintas linguas románicas nas súas fases máis primitivas.
- Aclarar os diferentes graos de dependencia das linguas romances con respecto ao latín no que se refire á súa posta por escrito no período comprendido entre os séculos IX e XI (para a maior parte dos casos).
b) Relacionados co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe ou de formación:
- Familiarizarse co soporte manuscrito das primeiras referencias romances.
- Familiarizarse cos manuais de Filoloxía Románica, e cos manuais de cada lingua romance en particular.
Contidos1.- Delimitación espazo-temporal para a aparición das primeiras manifestacións escritas en lingua románica
2.- Factores que permiten ou determinan a aparición por escrito das variedades vulgares: o concilio de Tours, a reforma carolinxia, as condicións socio-culturais, etc.
3.- Intentos de clasificación dos primeiros textos románicos (Koch, Renzi, Franck-Hartmann).
4.- Comentario dos seguintes textos románicos:
- Glosas de Reichenau
- Glosas de Kassel
- Xuramentos de Estrasburgo
- Cantilena de Santa Eulalia
- Acta xurídica de Neuchâtel
- Documento de Forez
- Alba bilingüe
- Canción de Santa Fe
- Poema de Boecio
- Homilías de Organyà
- Liber iudiciorum
- Glosas emilianenses
- Glosas silenses
- Noticia de kesos
- Testamento de Afonso II
- Noticia de torto
- Sermón psudoaugustiniano
- Piruç
- Privilexio logudorés
- Condaghi
- Cartas zaratinas
- Carta de Neacsu de Cîmpulung
- Psaltirea Scheiana
Bibliografía básica e complementaria(Nota: as obras citadas a continuación tratan na súa maior parte aspectos xerais das linguas románicas e das súas literaturas. Para aspectos particulares, o profesor citará na clase os traballos que considere pertinentes).
Banniard, M., Du latin aux langues romances, Paris, Nathan, 2002.
_, Viva voce. Communication écrite et communication orale du IVe au IXe siècle en Occident latin, Paris, 1992.
Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media latina, Madrid, 1976 (2ª reimpr.).
Fradejas Rueda, J. M., Las lenguas románicas, Madrid, Arco-libros, 2010.
Franck, B. e J. Hartmann, Inventaire systématique des premiers documents des langues romanes, Tübingen, 1997.
Gargallo Gil, J. E. e M. Reina Bastardas (coords.), Manual de lingüística románica, Barcelona, Ariel, 2007.
Holtus, G., M. Metzeltin e Ch. Schmitt, Lexikon der romanistischen Linguistik, Tübingen, vol. II/2, 1995.
Meneghetti, Mª L., Le origini delle letterature medievali romanze, Bari, 1997.
Monteverdi, A., Manuale di avviamento agli studi romanzi. Le lingue romanze, Milano, 1952.
Renzi, L., Nuova introduzione alla filologia romanza, Bologna, 1985.
Selig, M. et alii, Le passage à l’écrit des langues romanes, Tübingen, 1993.
Tagliavini, C., Orígenes de las lenguas neolatinas, México, 1973.
Vàrvaro, A., Identità linguistiche e letterarie nell’Europa romanza, Roman, Salerno editrice, 2004.
_, Literatura románica de la Edad Media, Barcelona, 1983.
VV. AA. Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, vol. I, (Généralités), Heidelberg, 1972.
_, Latin écrit-roman oral?: de la dichotomisation à la continuité, Turnhout, Brepols, 2008.
Wright, R., Latín tardío y romance temprano (en España y la Francia carolingia), Madrid, 1989
CompetenciasCapacidade de distinguir as diferentes características definitorias das linguas románicas.
Capacidade de distinguir e localizar aqueles elementos do protorromance que non se axusten á gramática latina, ou que poidan asimilarse claramente aos fenómenos propiamente romances.
Capacidade para distinguir diferentes grados de complexidade nos distintos textos en linguas vulgares.
Capacidade de entender a produción cultural románica e o seu vínculo coa produción latina.
Capacidade de recoñecer períodos distintos da historia de Europa marcados pola súa evolución social e cultural.
Metodoloxía da ensinanza Cada estudante deberá preparar individualmente o comentario por escrito de diversos textos de distinta natureza relativos á situación lingüística, cultural e/ou literaria destes primeiros séculos das linguas romances. O traballo de preparación se desenvolverá de forma preferente nas horas de seminario, pero implica tamén un alto grao de preparación individual non presencial. Os comentarios deberán seguir as especificacións que o profesor indicará na clase.
Se acordará cos alumnos un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.
Como corresponde a este método de traballo, os alumnos deben levar ó día o estudio da materia e ir asimilando todos os contidos que se van desenvolvendo. Consecuentemente, a asistencia a clase é obrigatoria. A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co previsto na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos oportunos traballos substitutorios.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación, que se efectúa sobre o conxunto do programa, responde á metodoloxía empregada para a aprendizaxe. Establécense, pois, dúas opcións posibles:
1.- Avaliación continua:
a) Dous comentarios presentados oralmente na clase sobre cadanseu texto románico a escoller da lista dos propostos no programa. Cada comentario será valorado cun máximo de 1,5 puntos.
b) Un traballo escrito, proposto polo profesor de entre os temas do programa. A valoración de dito traballo será dun máximo de tres puntos.
c) Proba escrita final, na que se deberán responder preguntas teóricas e facer un comentario dun dos textos do punto 4 do programa. A valoración deste exercicio será dun máximo de catro puntos.
2.- Exame final:
Conterá preguntas teóricas e un comentario dun texto románico. A este exame, que se realizará na data fixada polo Decanato da Facultade, se deberán presentar os alumnos que non asistiran ás clases, os que faltaran reiterada pero non totalmente a elas e os que non acadasen unha cualificación mínima de 5 puntos polo sistema de avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalSesións presenciais (expositivas e de seminario): 48
Sesións de titorías: 3 horas.
Sesións de avaliación: 3 horas.
Total: 54 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo):
Sobre as sesións presenciais (inclúen todo tipo de actividades determinadas polo profesor): 84 horas.
Avaliacións: 12 horas.
Total: 96
Total de horas de traballo do estudante: 150 (25 horas/crédito)
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumno e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que o alumno é o responsable final do seu traballo.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir ás clases, realizar as lecturas indicadas e levar ao día o estudo dos textos.
Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da materia.