Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081247 - Fundamentos da Literatura Románica Medieval (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Románica
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CORRAL DIAZ, ESTHER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Percibir as características particulares da produción literaria na Idade Media, atendendo a todos os elementos que interveñen na mesma.
    -Adquirir coñecementos sólidos e claros do nacemento da literatura románica medieval e da súa evolución posterior.
    -Dominar as características propias dos xéneros literarios máis importantes e coñecer as súas principais manifestacións.
    -Recoñecer a produción literaria medieval como unha rede na que os xéneros, as áreas e as obras se vinculan e interrelacionan entre si.

    Contidos
    1. Introdución: a xénese e o desenvolvemento da literatura medieval nas linguas románicas.

    2. A produción literaria medieval:
    2.1. Oralidade e escritura.
    2.2. O público.
    2.3. Anonimia e autoría
    2.4. Orixinalidade e imitación.
    2.4.1. A adaptación e a traducción
    2.5. 'Prodesse et delectare'
    2.6. Relacións intertextuais

    3. A obra literaria:
    3.1. Libro e texto
    3.2. Clausura e apertura do texto medieval
    3.3. Do verso a prosa
    3.4 A difusión das obras literarias: o proceso de copia
    3.5. A imprenta

    4. A configuración do sistema de xéneros na Idade Media. Da preceptiva poética á praxe literaria. As 'artes poetriae'.

    5. Os xéneros nas áreas literarias románicas e a súa evolución:
    5.1. A épica: a súa xénese na literatura francesa e a súa extensión
    5.2. A lírica: a fin'amor e a súa irradiación románica. O nacemento da poesía moderna.
    5.3. A narrativa
    5.3.1. O roman
    5.3.2. Narrativa breve
    5.4. O teatro: o teatro relixioso e o teatro profano.
    5.5. A historiografía, o enciclopedismo, os libros de viaxes e outros xéneros da literatura románica.

    Bibliografía básica e complementaria
    Auerbach, E., Mimesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
    Bataillon, L. J., et alii (eds.), La production du livre universitaire au Moyen Âge: exemplar et pecia, Paris, 1988.
    Beltrami, P., A che serve un'edizione critica? leggere i testi della letteratura romanza medievale, Bologna, 2010.
    Boitani, P. et alii (coords.), Lo spazio letterario del Medioevo. t. I: Il medioevo volgare, Roma, 1999.
    Brugnolo, F. - R. Capelli, Profilo della letterature romanze medievali, Roma, 2011.
    Cavallo, G. - Chartier, R., Histoire de la lecture dans le monde occidental, Paris, 1997.
    Chaytor, H.J., Dal manoscritto alla stampa. La letteratura volgare del Medioevo, trad. W Meliga, Roma, 2008.
    Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media Latina, Madrid, 1976 (2ª reimpr.)
    Di Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.
    Escolar Sobrino, H., Historia universal del libro, Madrid, 1988 (2ª ed.).
    Faral, E., Les arts poétiques du XIIe et XIIIe siècles. Recherches sur la technique littéraire du Moyen Âge, Honoré Champion, Paris, 1971 (1ª ed. 1924).
    Folena, G., Volgarizzare e tradurre, Torino, 1991.
    García de Cortázar, J. A. - Sesma Muñoz, J. A., Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa, Madrid, 1999.
    Glenisson, J. (dir.), Le livre au Mouyen Age, Turnhout, 1988.
    Gómez Redondo, F., Artes poéticas medievales, Madrid, 2000, pp. 9-49.
    Gresti, P. Antologia delle letterature romanze del medioevo, Bologna, 2006.
    Jauss, H. R. - Köhler, E., Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, vol. I, (Généralités), Heidelberg, 1972.
    Le Goff, J., ¿Nació Europa en la Edad Media?, Barcelona, 2003.
    Meneghetti, M. L., “La nascita delle letterature romanze”, en E. Malato (coord.), Storia della letteratura italiana, t. I: Dalle origini a Dante, Salerno Editrice, Roma, 1995, pp. 32-55.
    Meneghetti, M.L., Il pubblico dei rovatori: rizcezione e riuso dei testi lirici cortesi fino al XIV secolo, Modena, 1988.
    Pérez Priego, M. A., La edición de textos, Madrid, 1997.
    Riquer, M. de., Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, 1989-92, 3 vols.
    Roncaglia, A., "Le corti medievali", en Asor Rosa, cit., pp. 33-147.
    Vàrvaro, A., Literatura románica de la Edad Media: estructura y formas, Barcelona, 1983.
    Zumthor, P., Essai de poétique médiévale, Paris, 1972.

    Competencias
    -Visión transversal e globalizadora da familia lingüística románica e da xénese e desenvolvemento das literaturas que se expresan mediante esas linguas.
    -Coñecemento do papel que desempeña a literatura románica medieval no contexto europeo e da súa pervivencia na cultura actual.
    -Coñecemento da configuración da produción literaria medieval, das súas características particulares.
    -Percepción da importancia que ten o período da Idade Media no panorama literario europeo, en tanto que se prefiguran os principais xéneros literarios modernos.
    -Adopción dun método de análise comparativista que supere a fragmentación dos estudos especializados.

    Metodoloxía da ensinanza
    O profesor exporá nas sesións teóricas os contidos e conceptos básicos da materia, que se ilustrarán a través de textos e imaxes seleccionados, así como con visitas aos fondos de la biblioteca. Antes de iniciar cada tema ofreceráse aos alumnos un guión cos principais puntos que se tratarán nas clases e proporcionaráselles a bibliografía básica de cadansúa unidade do programa. Ademais, realizaranse lecturas e comentarios de texto que servirán para ilustrar os aspectos máis importantes da programación.

    Os estudantes deberán participar activamente nos comentarios de texto, aos que deberán aplicar os coñecementos recibidos nas sesións expositivas. Así mesmo, prepararán unha recensión sobre unha obra da bibliografía indicada polo docente, e dous traballos monográficos que serán elaborados baixo a tutela do profesor e nos que abordarán aspectos concretos do curso desde unha orientación histórico-comparada. Un traballo terá unha exposición oral e outro terá unha realización escrita. Antes da súa presentación, deberán entregar un bosquexo dos mesmos.

    Sistema de evaluación
    Os alumnos que asistan a clase con regularidade serán avaliados polo docente de maneira continua a través da asistencia e da súa participación (30 % do total da nota final). Durante o cuatrimestre entregarán varios traballos monográficos seleccionados de acordo co profesor (70 % do total restante da nota).
    Para superar a materia os estudiantes que a cursen en réxime de non presencialidade (ou aqueles que renuncien ao sistema de avaliación exposto anteriormente ou non superen o anterior sistema) deberán realizar un exame final da mesma, que consistirá nunha proba escrita con preguntas teóricas e un comentario de texto.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS DE TRABALLO PERSOAL
    Sesións presenciais: 48 horas (24 sesións expositivas + 24 sesións interactivas)
    Sesións de titorías: 3 horas
    Sesións de avaliación: 3 horas
    Total: 54 horas

    HORAS DE TRABALLO NON PRESENCIAL DO ALUMNO:
    Sobre as sesións presenciais: 84 horas (48 sesións exposiivas + 36 sesións interactivas)
    Sesións de titorías: 3 horas
    Sesións de avaliación: 9 horas
    Total: 96 horas


    TOTAL: 54 horas + 96 horas = 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia regular a clase.
    -Boa disposición para a lectura e análise dos textos e obras seleccionados en clase.

    Observacións
    A guía docente que aparece na web da Facultade de Filoloxía ofrece máis detalles sobre o programa e desenvolvemento da materia.