Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081248 - A Literatura Románica Medieval na cultura contemporánea (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Románica
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GUTIERREZ GARCIA, SANTIAGO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Ofrecer unha introdución ao estudo da recepción da literatura e da cultura medievais ao longo dos séculos, con especial atención á cultura contemporánea.
    -Percibir as características particulares da produción literaria da Idade Media, atendendo a todos os elementos que interveñen na mesma.
    -Adquirir coñecementos sólidos e claros da evolución da literatura medieval e da importancia que adquire na formación do pensamento contemporáneo occidental.
    -Recoñecer a produción literaria medieval como unha rede intertextual, na que os xéneros e as áreas se relacionan, debendo estudarse as súas diversas manifestacións sempre no seu espazo contextual e non de forma illada, aínda que atendendo ás súas características propias.
    Contidos
    - A formación do concepto de Idade Media. Percepción dos séculos medios ao longo dos tempos: do Humanimos ata o século XXI
    - O interese actual pola Idade Media. Qué Idade Media e por qué: os tópicos sobre a época medieval e a súa orixe.
    - A posmodernidade como nova Idade Media. Paralelos entre a Idade Media e os tempos actuais
    - O coñecemento do pasado a través de fontes indirectas. O século XIX como horizonte mitoxenético da época actual.
    - O proceso de percepción do pasado. A ficcionalización da Historia.
    - Implicacións ideolóxicas das indagacións históricas. Lexitimacións identitarias e procesos de apropiación simbólica. A Idade Media na creación dos mitos nacionais.
    - Da Idade Media á Idade Media fantástica.
    - A Idade Media na cultura do espectáculo: cultura escrita e cultura da imaxe.
    - O cinema sobre a Idade Media. Coordenadas históricas e sociais do cinema norteamericano. A relación do cinema medievalizante e outros xéneros cinematográficos
    - A Idade Media no cómic.
    Bibliografía básica e complementaria
    Alvar, C. El rey Arturo y su mundo. Diccionario de mitología artúrica, Alianza Editorial, Madrid, 1991.
    Benito Ruano, E. (coord.), Tópicos y realidades de la Edad Media, Madrid, 2000-2002, 2 vols.
    Cid Lucas, F. (coord.), Quince caminos para seguir a Tolkien, Diputación Provincial, Cáceres, 2007.
    Eco, U., et alii, La nueva Edad Media, Alianza Editorial, Madrid, 2004 (1ª ed. 1973).
    García Sempere, M., e Martos, J. L. (eds.), L'Edat mitjana en el cinema i en la novel.la històrica, Universitat d'Alacant, Alacante, 2009.
    Heers, J., La invención de la Edad Media, Crítica, Barcelona, 1995.
    Hobsbawm, E., e Ranger, T. (eds.), La invención de la tradición, Barcelona, 2002 (1ª ed. 1983).
    Jauss, H. R., Pour une esthetique de la réception, Gallimard, Paris, 1978.
    Jurado Morales, J. (ed.), Reflexiones sobre la novela histórica, Universidad de Cádiz, Cádiz, 2006.
    Lyon, D., Postmodernity, Open University Press, Buckingham, 1994 [Postmodernidad, Alianza Editorial, Madrid, 1996].
    Peña-Ardid, C., Literatura y cine, Madrid, 1992.
    Competencias
    - Capacidade de relacionar diferentes períodos históricos, os procesos de recepción e comprensión das épocas pasadas e de reflexionar sobre a importancia que tales procesos adquiren na configuración da sociedade actual.
    - Capacidade de relacionar diferentes manifestacións artísticas como partes de un discurso cultural máis amplo.
    Metodoloxía da ensinanza
    O profesor desenvolverá os temas de clase baseándose en explicacións apoiadas eventualmente por textos e outros tipos de materiais gráficos e audiovisuais.
    Considérase esencial a asistencia a clase, por canto se pretende dar un sesgo práctico á materia.
    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación continua, baseado no seguimento dos estudantes nas aulas, na participación activa nestas e na realización de actividades individuais ao longo do curso, que se complementará coa realización dun traballo final de carácter individual.
    Os diferentes apartados nos que se desglosa o sistema de avaliación distribúensen de acordo co seguinte valor á hora de calcular a cualificación final:
    a) Asistencia a clase: 30% da nota final, computando tanto a presencialidade como a participación nas actividades da aula
    b) Realización de traballos: 70%, para o que se require a realización de todos os traballos esixidos.
    Así mesmo, para superar a materia, a avaliación destes dous apartados deberá ser positiva.

    Os alumnos que non se acollan a esta modalidade de avaliación deberán realizar un exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades
    Clases teóricas presenciais: 45 horas
    Clases prácticas presenciais: 15 horas
    Clases prácticas non presenciais, incluíndo a realización dun traballo persoal e comentarios de texto: 55
    Titorías individuais: 15
    Traballo autónomo do estudante: 75