G5081250 - Mitos da Literatura Románica Medieval na cultura contemporánea (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs obxetivos específicos da asignatura son os seguintes:
- Intento de definición de mito e necesidade de matización deste concepto na súa aplicación ao imaginario da Idade Media.
- Estudiar os principais mitos medievais nas tradicións literarias románicas desde unha perspectiva comparada e en función, cando proceda, do devir histórico.
- Análises do proceso de adaptación dos mitos clásicos na literatura románica medieval a través da selección de casos paradigmáticos.
- Contextualización histórica e función literaria dos mitos creados na Idade Media nas literaturas románicas.
Contidos1.-A Idade Media como mito. Funcións dos mitos históricos, políticos e literarios na configuración cultural da época medieval.
2.-O mito épico e político: Carlomagno e Roldán.
3.-O mito clásico: Troya, Alexandre, Roma.
4.-Mitos vencellados coas cruzadas.
5.-O mito artúrico.
Bibliografía básica e complementariaA presente bibliografía é meramente orientativa. O profesor proporcionará outros títulos máis precisos nas horas de clase.
Alphandéry, P. - Dupront, A., La Cristiandad y la idea de Cruzada, México, F.C.E., 1959-62.
Alvar, C., El rey Arturo y su mundo. Diccionario de mitología artúrica, Madrid, Alianza Tres, 1991.
__ , De los caballeros del Temple al Santo Grial, Madrid, Sial/Trivium, 2010.
Auerbach, E., Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
Avalle, D’A. S., Dal mito alla letteratura e ritorno, Firenze, Sansoni, 1990
Ayala Martínez, C. de, Las Cruzadas, Madrid, Silex, 2004.
Baumgartner, E. - Harf-Lancner, L. (eds.), Entre fiction et histoire: Troie et Rome au Moyen Âge, Presses de la Sorbonne Nouvelle, Paris, 1997.
Berthelot, A., Arthur et la Table Ronde. La force d’une legende, Paris, Gallimard, 1996.
Boutet, D., Charlemagne et Arthur ou le roi imaginaire, Paris, Champion, 1992.
Brugnolo, F. – Capelli, R., Profilo delle letterature romanze medievali, Roma, 2011.
Casas Rigall,J., La materia de Troya en las letras romances del siglo XIII hispano, Santiago de Compostela, Universidade, 1999.
Chevalier, J. - Gheerbrant, A., Dictionnaire des symboles. Mythes, rêves, coutumes, gestes, figures, couleurs, nombres, Paris, Laffont, 1969.
Cirlot, V., Figuras del destino. Mitos y símbolos de la Europa medieval, Madrid, Siruela, 1995.
Cotterell, A., Mitos: diccionario de mitología universal, Barcelona, Ariel, 2008.
Curtius, E. R., Literatura Europea y Edad Media Latina, 2 vols., trad. española México, Fondo de Cultura Económica, 1954.
Deyermond, A., “El Alejandro medieval, el Ulises de Dante y la búsqueda de las antípodas”, Maravillas, peregrinaciones y utopías: Literatura de viajes en el mundo románico, Publicacions de la Universitat de València, 2002, pp. 17-32
Di Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.
Eliade, M., Mito y realidad, Madrid, Guadarrama, 1973
Flori, J., Caballeros y Caballería en la Edad Media, Barcelona, Paidos, 2001.
__ , La Guerra Santa y la formación de la idea de la Cruzada en el Occidente cristiano, Madrid, Trotta, 2003.
García Gual, C., Historia del rey Arturo y de los nobles y errantes caballeros de la Tabla Redonda: análisis de un mito literario. Madrid, Alianza Editorial, 1983.
__ , Mitos, viajes, héroes, Madrid, Taurus, 1981.
Graf, A., Miti, leggende e superstizioni del Medioevo, Milano, Mondadori, 1984
Grimal, P., Diccionario de la mitología griega y romana, Barcelona, Labor, 1966 (trad. da 3a ed. francesa).
Herbers, K. (coord.), “El Pseudo-Turpín. Lazo entre el Culto Jacobeo y el Culto de Carlomagno”, Actas del VI Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, Santiago, Xunta de Galicia, 2003.
Lazzerini, M. A., Letteratura medievale in lingua d’oc, Modena, Mucchi Editore, 2001.
Le Goff, J., L’imaginaire médiéval, Paris, Gallimard, 1985
Lévi-Strauss, C., Mito y significado, Madrid, Alianza, 1990.
__ , Mythologiques, Paris, Plon, 2 vols., 1964-66.
Liborio, M. - Gianneti, A., La letteratura provenzale medievale: antologia di testi, Roma, Carocci, 2004.
Liborio, M. A. - De Laude, S., La letteratura francese medievale, Roma, Carocci, 2002.
Loomis, R. S., Arthurian Literature in the Middle Ages, Oxford, 1959.
Mancini, M., La letteratura francese medievale, Bologna, Il Mulino, 1997.
Seznec, J., Los dioses de la antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento, trad. española, Madrid, Taurus,
Competencias- Distinción teórica do concepto de mito na Idade Media, cos seus correspondientes matices, e destreza metodolóxica para a súa correcta aplicación ás tradicións literarias en lingua romance.
- Adquisición de coñecementos sobre a constitución e evolución dos mitos na cultura e literatura medievais a través da distinción dos conceptos de 'continuidade' e 'innovación'.
- Adquisición da capacidade crítica sobre a pervivencia na actualidade dos mitos literarios en lingua romance xerados e/ou desenvolvidos na etapa medieval.
- Capacidade para establecer relacións sincrónicas e diacrónicas, literarias e históricas, entre os diversos aspectos tratados na programación.
Metodoloxía da ensinanza O curso terá como eixo a serie de sesións presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar coa súa participación activa na clase. Está prevista a realización de lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en textos medievais (traducidos), fragmentos escollidos deles, ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa asignatura. Poderán realizarse probas orais ou escritas para comprobar a comprensión do contido das leituras. Tamén está prevista a realización de traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo dos devanditos traballos poderá cambiar en función do número dos estudiantes e das incidencias na marcha do curso.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.
Como corresponde a este método de traballo, os alumnos deben levar ó día o estudio da materia e ir asimilando todos os contidos que se van desenvolvendo. Consecuentemente, a asistencia a clase é obrigatoria. A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co previsto na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos oportunos traballos substitutorios.
.
Sistema de evaluacióna) A nota da asignatura procederá nun 25% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno, e que se controlarán de forma regular nas horas de seminario, na medida en que a marcha do curso o permita.
b) A natureza destes traballos poderá ser múltiple: análises de obras de lectura obligatoria, comentario de artigos ou capítulos de ensaios, etc. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
c) A entrega destes traballos é condición sine qua non para a realización do exame referido no punto d).
d) O exame suporá un 60%. Poderá cambiarse por un traballo de maior envergadura que os anteriores si as incidencias do curso o aconsellan, aínda que ese traballo mantería a mesma porcentaxe que o exame na calificación final.
e) A participación en clase se valorará co 15% restante.
f) O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais será a realización dun exame marcado oficialmente, ao que tamén se poderán presentar os alumnos presenciais que non acadaran unha media de 5 no conxunto das probas anteriores. A avaliación se efectuará sempre sobre o programa.
g) Este exame oficial será tamén a única proba de avaliación para os alumnos presenciais que teñan faltado a un 20 % ou máis das clases.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de traballo presenciais:
Sesións presenciais (expositivas e de seminario): 48 horas.
Sesións de titorías: 3 horas.
Sesións de avaliación: 3 horas.
Total: 54 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo):
Sobre as sesións presenciais: 84 (inclúen 21 horas adicadas ao traballo dirixido e a actividades diversas determinadas polo profesor).
Avaliación: 12 horas.
Total: 96.
Total de horas de traballo do estudiante: 150 (25 horas/crédito)
Recomendacións para o estudo da materiaManter unha liña constante de traballo, asistir a clases, levar ao día as lecturas obligatorias.
ObservaciónsA guía docente que aparece na web da Facultade de Filoloxía ofrece máis detalles sobre o programa da materia.