Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5091102 - A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Medieval
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Andrade Cernadas, Xose Miguel.SI
BARROS GUIMERANS, CARLOS.NON
PALLARES MENDEZ, Mª DEL CARMEN.NON
SANMARTIN BARROS, ISRAEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo da evolución seguida polas principais construcións políticas do Occidente cristián
    -Estudo da relación entre homes e mulleres na Idade Media
    - Estudo da identidade nacional na Europa medieval: Galicia como exemplo
    Contidos
    1.- Introdución á formación e desenvolvemento das grandes construcións políticas medievais
    1.1.- A descomposición do Imperio romano de Occidente e o xurdimento das primeiras monarquías
    1.2.- A reaparición do Imperio en Occidente: Carlomagno e o mundo carolinxio
    1.3.- A atomización do poder público. A crise do modelo carolinxio e o nacemento dun poder de base privada
    1.4.- Un novo Imperio: Otón I e as orixes do Sacro Imperio Romano Xermánico
    1.5.- O difícil triunfo das monarquías europeas. Dous itinerarios contrapostos: a Francia Capeta e a Inglaterra normanda
    1.6.- O panorama hispánico: séculos X-XII
    1.7.- A loita polo Dominium Mundi: Papado e Imperio
    1.8.- Entre o pactismo e o regalismo: o panorama político na Europa do século XIII
    1.9.- Guerra, fiscalidade e nación: a realeza da Europa do século XIV
    1.10.- O mapa político de Europa a finais da Idade Media

    2.- A relación entre homes e mulleres na Idade Media
    2.1.- O marco xurídico. O parentesco. Matrimonio e familia
    2.2.- A proxección económica e política
    2.3.- Formación cultural e relixiosa
    2.4.- O mundo monástico
    2.5.- O dereito, a igrexa e a literatura como forxadores dunha superestructura xurídica e ideolóxica con amplo peso do masculino
    2.6.- As opcións de vida das mulleres
    2.7.- O peso das mulleres na esfera do privado
    2.8.- A proxección social das mulleres: o traballo
    2.9.- A proxección social das mulleres: o poder e a cultura
    2.10.- Conciencia e resistencia: a denuncia da agresión masculina.

    3.- Identidade e nacionalidade na Europa medieval

    3.1. Idade Media: concepto de identidade, concepto de nación
    3.2. Idea de Galicia no nacionalismo contemporáneo
    3.3. Prehistoria: espacio histórico no Noroeste penínsular
    3.4. Gallaecia, provincia romana
    3.5. O reino suevo de Galicia
    3.6. Alta Idade Media: formación do romance
    3.7 Plena Idade Media: nacionalidade e feudalismo pleno
    3.8. Baixa Idade Media: Galicia entre Castela e Portugal
    3.9. Debates actuáis: reino de Galicia, Gallaecia e lusismo

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Introdución á formación e desenvolvemento das grandes construcións políticas medievais
    Abulafia, D., The Western Mediterranean kingdoms, 1200-1500 : the struggle for dominion, Londres, 1997
    Barbero, A., Carlomagno, Barcelona, 2001
    Colás, A., Imperio, Madrid, 2009
    Contamine, P., La Guerra en la Edad Media, Barcelona, 1984
    Diago Hernando, M., El Imperio en la Europa medieval, Madrid, 1996
    Dunbabin, J., France in the Making: 843-1180, Oxford, 1985
    Fossier, R., La infancia de Europa, Barcelona, 1984
    Guenée, B., Occidente durante los siglos XIV y XV: los estados, Barcelona, 1985
    Guillot, O., Des origines à l'époque féodale, Paris, 1999
    Iradiel, P. – Moreta, S. – Sarasa, E., Historia medieval de la España cristiana, Madrid, 1995
    La Patourel, J., Feudal Empires : Norman and Plantagenet, Londres, 1984
    Le Patourel, J., The Norman Empire, Oxford, 1997
    Martín, J.L., Las Cortes medievales, Madrid, 1989
    Richardson, H.G., The English Parliament in the Middle Ages, Londres, 1981
    Schramm, P.E., Kaiser Rom und renovatio : studien zur geschichtes des römischen erneuerungsgedankens von Ende des Karolingcjen Reiches bis zum investiturstreit, Darmstadt, 1957
    Schramm, P.E., Las insignias de la realeza en la Edad Media española, Madrid, 1960
    Valdeón, J - Herbers, K. - Rudolf, K. coordinadores, España y el "Sacro Imperio": procesos de cambios, influencias y acciones recíprocas en la época de la "europeización" (siglos XI-XIII), Valladolid, 2002

    2. A relación entre homes e mulleres na Idade Media
    Anderson, B.S. Y Zinsser, J.P, Historia de las mujeres: una historia propia, 2vols., Barcelona, 1991.
    Duby, G., El caballero, la mujer y el cura, Madrid, 1982.
    Duby, G., El amor en la Edad Media y otros ensayos, Madrid, 1990.
    Duby, G., Damas del siglo XII. Eloisa, Leonor, Iseo y algunas otras, Madrid, 1995.
    Duby, G., Damas del siglo XII. El recuerdo de las abuelas, Madrid, 1998.
    Duby, G., Damas del siglo XII. Eva y los sacerdotes, Madrid, 1998.
    Duby, G. Y PERROT, M. (dirs.), Historia de las mujeres. La Edad Media, Madrid, 1992.
    Cristina de Pizán, La ciudad de las Damas, 2000. Traducción gallega: A cidade das mulleres, Santiago de Compostela, 2004.
    GOODY, J., La evolución de la familia y el matrimonio en Europa, Barcelona, 1986.
    Historia de la vida privada. De la Europa feudal al Renacimiento (dirig. por Ph. Ariés y G. Duby), Madrid, 1988.Historia de las mujeres en España y América Latina. De la prehistoria a la Edad Media (Isabel Morant Dir.), Madrid, Cátedra, 2005
    La condición de la mujer en la Edad Media, Madrid, 1986.
    La mujer medieval (Ed. F. Bertini), Madrid, 1991.
    Las mujeres en el cristianismo medieval, Madrid, 1989.
    Pallares Méndez, MªC., Ilduara, una aristócrata del siglo X, A Coruña, 1998, 2ª edición revisada y ampliada, 2004.
    Pallares Méndez, MªC. e PORTELA, E., La reina Urraca, San Sebastián, 2006.
    Pallares Méndez, Mª C., “Conciencia y resistencia: la denuncia de la agresión masculina en la Galicia del siglo XV”, Arenal, 2-1 (1995), pp.67-97.
    Pallares Méndez, MªC., "Conciencia y resistencia. La denuncia de la agresión masculina en la Edad Media", Investigaciones actuales de las mujeres y del género (Rita Radl, dir.), Santiago de Compostela, 2010, pp. 177-199.
    Pallares Méndez, Mª C., Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, Santiago, 2011
    Pastor, Reyna, "Las biografías medievales, problemas teóricos e historiográficos. Especialmente referidos a las de las mujeres castellanas", Arenal. Revista de historia de las mujeres, vol. 12, nº2, julio-diciembre, 2005, pp. 341-350.
    Power, E., Mujeres medievales, Madrid, 1979.
    Rodríguez Núñez, C., Los conventos femeninos en Galicia: El papel de la mujer en la sociedad medieval, Lugo, 1993.
    Roux, S., Christine de Pizan. Mujer inteligente, Dama de corazón, Valencia, 2009.
    Textos para la Historia de las mujeres en España, Madrid, 1994.
    Textos para la historia de las mujeres en Galicia, Santiago de Compostela, 1999.
    Trillo, C., (coord.), Mujeres familia y linaje en la Edad Media, Granada, 2004.
    Wade Labarge, M., La mujer en la Edad Media, Madrid, 1988

    3.- Identidade e nacionalidade na Europa medieval
    BARROS, C., "A base material e histórica da nación en Marx e Engels", Dende Galicia: Marx. Homenaxe a Marx no 1º centenario da súa morte, A Coruña, 1985, pp. 139-207 (http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/index2.htm).
    BARROS, C.,“Unha historia en positivo”. Reseña do libro de Camilo Nogueira, A memoria da nación. O reino de Gallaecia, Vigo, Edicións Xerais, 2001, 322 pp. (http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/index2.htm)
    BARROS, C., “La formación nacional de Galicia en la Edad Media". EHESS de París, 12 de marzo de 2012 (http://youtu.be/d8cLsUsRjr0).
    BARROS, C., Entrevista sobre o Reino medieval de Galicia (Faro da Cultura. Vigo, 9/4/2012) (http://www.goear.com/listen/1b9c945/entrevista-de-carlos-barros-sobre-o-reino-medieval-de-galicia-para-faro-da-cultura-a-194212-carlos-barrosA)
    BERAMENDI, J.G., “Conciencia étnica e conciencias nacionais en Galicia”, O feito diferencial galego. I. 2. Historia (PEREIRA, G., edit.), Santiago de Compostela, 1997, pp. 277-300.
    BOULLÓN, A. I., Na nosa lyngoage galega: a emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, Santiago de Compostela, 2007.
    DÍAZ, B., Os celtas en Galicia. Arqueoloxía e política na creación da identidade galega, Noia, 2002.
    FERREIRA, E., “La identidad de Galicia, en la ficción y en la realidad, en la Europa medieval”, Sémata, Santiago de Compostela, 2000, nº 11, pp. 65-88.
    LÓPEZ CARREIRA, A., O Reino medieval de Galicia, Vigo. 2005.
    NOGUEIRA, C., A memoria da nación. O reino de Gallaecia, Vigo, Edicións Xerais, 2001 (http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/index2.htm)
    PEREIRA, G., “Un pobo e unha ‘natio’ moi particulares”, O feito diferencial galego. I. 1. Historia (PEREIRA, G., edit.), Santiago de Compostela, 1997, pp. 236-246.

    Competencias
    Dispor de novas vías de aproximación que permitan un coñecemento máis profundo e complexo das sociedades medievais.
    Coñecemento xenérico e introductorio sobre as grandes construcións políticas de época medieval
    Capacidade de análise do pasado, que inclúa como centro de reflexión a relación entre mulleres e homes
    Capacidade de pensar a orixe das nacións occidentais en clave histórica
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.
    As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
    1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
    2) Clases prácticas dedicadas á lectura de textos e recensión. Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente no aula, como na preparación persoal fose do aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común no aula. Tamén para as clases prácticas usaranse os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
    3) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
    4) Redación dun pequeno traballo escrito

    Sistema de evaluación
    Para avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
    1) Avaliación continua, para a que se valorará a participación activa e continuada do alumno nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 50% da cualificación total.
    2) O traballo práctico suporá o 50% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principais rudimentos metodolóxicos e o coñecemento dos contidos básicos da materia, e valorarase tamén a presentación e defensa do traballo ante os compañeiros e o profesor.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    As actividades formativas non presenciais incluirán:

    1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de traballos, etc.
    2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor, e lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
    3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.
    Estímase que cada alumno haberá de dedicar unhas 150 horas ao traballo desta materia, divididas deste xeito: 45 horas presenciais, 30 horas non presenciais dirixidas e 75 non presenciais libres

    Recomendacións para o estudo da materia
    Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica.


    Observacións
    O contido referido á introdución ao estudo da formación e desenvolvemento das grandes construcións políticas medievais correrá a cargo de José Miguel Andrade Cernadas e Israel Sanmartín.
    Maria do Carmen Pallares encargarase da parte dedicada á análise das relacións entre homes e mulleres na Idade Media.
    Carlos Barros responsabilizarase do contido dedicado a identidade e nacionalidade