P5091103 - Arte Medieval Europea (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e a cultura europeas medievais nas súas diversas manifestacións.
- Capacitar aos estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran a materia: histórico, artístico e literario (cultural en xeral).
- Capacitar aos alumnos para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
- Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodológicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
- Capacitar ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural.
- Dotar aos estudantes das destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos á correcta interpretación e difusión do legado cultural medievais.
- Capacitar aos estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
- Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
- Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.
ContidosPARTE A.- A ARTE MEDIEVAL NA SÚA EVOLUCIÓN
Prof. David Chao Castro
Clases expositivas:
Tema 1. O cristianismo e as súas primeiras manifestacións artísticas. Das catacumbas ás basílicas. A fixación da iconografía cristiana.
Tema 2. O Imperio Bizantino. Evolución arquitectónica. A Iconoclastia e a súa consecuencia nas artes figurativas.
Tema 3. As invasións bárbaras. Asentamento dos principais pobos godos –ostrogodos e visigodos- na Europa Occidental. Os merovinxios e os lombardos. Principais manifestacións da arquitectura e artes figurativas na Europa dos séculos V a IX.
Tema 4. O Islam e a expansión musulmana na Idade Media. Principais tipoloxías edilicias e recursos ornamentais. A arte en Al-Andalus.
Tema 5. A arte cristiá na Península Ibérica entre os séculos VIII e X: do período asturiano á arte do Século X.
Tema 6. Europa nos séculos XI e XII: a plenitude do Románico. Solucións arquitectónicas e materializacións edilicias. Mosteiros, igrexas e castelos.
Tema 7. Desenvolmento das artes figurativas no Románico. Temas iconográficos na escultura e na pintura. A orfebrería e a miniatura.
Tema 8. Europa nos séculos XIII-XV: os tempos do Gótico. Os avances técnicos na arquitectura. As catedrais, os conventos, os pazos urbáns e os edificios civís. O urbanismo.
Tema 9. As artes figurativas no Gótico. Novos plantexamentos temáticos e compositivos. Evolución pictórica e escultórica. As artes decorativas.
Clases interactivas:
Clase 1. Os sarcófagos paleocristiáns: identificacións iconográficas e temáticas.
Clase 2. Os mosaicos de Santa María a Maior de Roma.
Clase 3. As grandes obras de Xustiniano: o promotor e a súa época.
Clase 4. Análise arquitectónica de San Pedro de Rocas e San Miguel de Celanova.
Clase 5. Iconografía e ornamentación na arte atlántica altomedieval.
Clase 6. As miniaturas dos beatos do século X.
Clase 7. De Saint-Gall a Cluny III.
Clase 8. As grandes portadas do románico europeo.
Clase 9. O panteón rexio de San Isidoro de León.
Clase 10. Dos mosteiros do Císter aos conventos mendicantes.
Clase 11. Giotto.
Clase 12. O gótico hispano do século XV.
PARTE B.- A XESTIÓN DO PATRIMONIO MEDIEVAL. VISIÓNS E RETOS
Profa. Begoña Fernández Rodríguez
Clases expositivas:
Tema 10. Os criterios de intervención monumental no século XIX.
Tema 11. Criterios de actuación en Europa.
Tema 12. As novas tendencias de clonación arquitectónica.
Clases interactivas:
Clase 13. Un proxecto de intervención actual. O Pórtico da Gloria.
Clase 14. A xénese dun proxecto.
Clase 15. O desenvolvemento do proxecto no tempo.
Clase 16. A difusión do proxecto.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- BARRAL I ALTET, X.: La Alta Edad Media. De la Antigüedad al Año 1000, Colonia, 1998.
- FERNÁNDEZ ARENAS, J.: Teoría y Metodología de la Historia del Arte. Ed. Anthropos. Barcelona, 1990 (19821ª).
- Historia del Arte Medieval (dir. J.V. García Mansilla; C. Mancho i Suárez; I. Ruiz de la Peña González), Valencia, 2012.
- La Edad Media (vol. 2 de Historia del Arte), Madrid, Alianza Editorial, 1996.
- LOPEZ TRUJILLO, M.A., Patrimonio. La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Ediciones Trea, Asturias, 2006.
- PANOFSKY, E.: Estudios sobre iconología (1939), Trad.: Madrid, Alianza, 2008.
- SEBASTIÁN, S.: Mensaje simbólico del Arte Medieval. Arquitectura, Iconografía, Liturgia, Madrid, 1994.
- YARZA LUACES, J.: La Edad Media, Madrid, 1980.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- BANGO TORVISO, I.G.: Arte prerrománico hispano: el arte en la España cristiana de los siglos VI al XI (vol. VIII-II de Summa Artis), Madrid, 2001.
- CAMILLE, M.: Arte gótico: visiones gloriosas, Tres Cantos (Madrid), 2005.
- CASTRO FERNANDEZ, B.Mª.: D. Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-1985). Tesis, Universidad de Santiago, 2006.
- DAVY, M.M.: Iniciación a la simbología románica, Madrid, 1996.
- DURLIAT, M.: El arte románico, Madrid, 1992.
- GARCIA CUETOS, Mª. P.: El prerrománico asturiano, historia de la arquitectura y la restauración (1844-1976), Oviedo, Sueve, 1999.
- GRABAR, A.: Las vías de creación de la iconografía cristiana, Madrid, 1985.
- MILONE, A.: Medievo: 1000-1400: El arte europeo entre el Románico y el Gótico, Barcelona, 2007.
- MORALEJO ÁLVAREZ, S.: Formas elocuentes. Reflexiones sobre la teoría de la representación. Ed. Akal. Madrid, 2004.
- NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: Arquitectura prerrománica (Arte galega), Madrid, 1978.
- RIVERA BLANCO, J.: Historia de las restauraciones de la Catedral de León: pulcra leonina, la contradicción ensimismada. Valladolid. Servicio de Publicaciones de la Universidad, 1993.
- SCHLOSSER, J.: La literatura artística. Ed. Cátedra. Madrid, 1993.
- SUREDA, J.: El despertar de Europa (El arte del románico y del gótico), Barcelona, 2006.
- Turris Fortissima: documentos sobre la construcción, acrecentamiento y restauración de la Giralda. Sevilla: Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos, 1988.
- WIRTH, J.: L’image Medievale. Naissance et developpements, París, 1989.
- YARZA LUACES, J.: Fuentes de la Historia del Arte. Ed. Historia 16. Madrid, 1997.
- YZQUIERDO PERRÍN, R. / YZQUIERDO PERRÍN, R. e MANSO PORTO, C.: Galicia. Arte. Arte Medieval (I) y (II), A Coruña, 1995.
Competencias- Introducir no estudo das manifestacións artísticas medievais, con especial atención ao transfondo da súa elaboración material e recepción polo estudioso contemporáneo. Proporcionaranse as claves para a comprensión das distintas realidades artísticas e incidirase naquelas que se manifestan como un fenómeno europeo común.
- Reforzamento dunha formación teórica sobre a análise da Historia da Arte e a súa plasmación escrita.
- Coñecer a tipoloxía e casuística das fontes textuais que permiten un coñecemento máis profundo da obra de arte no seu contexto histórico e cronolóxico.
- Aprender a utilizar as fontes desde a análise crítica e a interdisciplinariedad.
- Formar ao alumno para un adecuado tratamento das fontes, a súa inserción no contexto histórico-artístico, para o seu emprego no estudo e investigación das obras de arte medievais.
- Coñecer os diversos métodos para o estudo da Historia da Arte medieval.
- Adquisición dunha praxe elemental e efectiva ante os problemas que poidan xurdir no proceso investigador.
- Adquirir un coñecemento das liñas de investigación e as propostas máis relevantes no ámbito da Historia da Arte.
- Impulsar ao alumno ao contacto con outras disciplinas, cuxo obxecto de estudo é, en ocasións, común á Historia da arte (paleografía, codicología, epigrafía, numismática, literatura, etc.).
Metodoloxía da ensinanza A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases prácticas dedicadas á lectura de bibliografía e á análise de obras de arte medieval que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, e clases prácticas dedicadas ao traballo cos instrumentos necesarios para a actividade académica e investigadora no ámbito dos estudos de arquitectura e iconografía medievais. Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente no aula, como na preparación persoal fose do aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común no aula. Tamén para as clases prácticas usaranse os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3) Visita a obras de arte, arquivos e bibliotecas especializadas.
4) Clases prácticas dedicadas á presentación, análise e discusión dun pequeno traballo realizado individualmente ou en grupo.
5) Tutorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
As actividades formativas non presenciais incluirán:
1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de conclusións, etc.
2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor, e lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica de aspectos tratados na materia, tomando coma punto de partida a lectura dunha novela histórica e/ou a visualización dunha película de recreación histórica.
Sistema de evaluaciónPara avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
1) Avaliación continua, para a que se valorará a participación activa e continuada do alumno nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 50% da cualificación total.
2) O traballo práctico suporá o 50% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principais rudimentos metodológicos e o coñecemento dos contidos básicos da materia, e valorarase tamén a presentación e defensa do traballo ante os compañeiros e o profesor.
O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe dos estudantes expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o establecido no RD 1125/2003 de 5 de setembro.
Tempo de estudo e traballo persoalA distribución de todas as actividades en horas de traballo do alumno recóllese no seguinte cadro:
HORAS: Horas presenciais (a) / Horas non presenciais dirixidas (b) / Horas non presenciais libres (c) / TOTAL (T)
ACTIVIDADES
Clases teóricas: 19 (a) / 5 (b) / 30 (c) / 54 (T)
Clases prácticas: 19 (a) / 5 (b) / 30 (c) / 54 (T)
Traballo-debate: 5 (a) / 20 (b) / 15 (c) / 40 (T)
Tutorías individuais
ou en grupo reducido: 2 (a) / --- (b) / --- (c) / 2 (T)
TOTAL: 45 (a) / 30 (b) / 75 (c) / 150 (T)
Recomendacións para o estudo da materia- O Máster en xeral e a materia en particular que se expón están primordialmente orientados a estudantes que procedan das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía. De todos os xeitos, tanto a súa estrutura curricular como o feito de que sexa unha oferta única no SUG pode determinar que nel se matriculen graduados doutras titulacións do campo das Humanidades ou as Ciencias Sociais que desexen completar a súa formación investigadora nos estudos medievais (p. ex., Maxisterio, Ciencias da Información, Turismo, Biblioteconomía e Documentación, Filosofía, etc.).
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos medievais.
ObservaciónsA repartición dos contidos segundo profesores é a que segue:
PROF. DR. DAVID CHAO CASTRO (4 créditos; en caso de poder contar cun/ha Prof./a invitado/a, éste/a impartiría 1 crédito e o Prof. Chao Castro os 3 restantes):
Parte A.- A ARTE MEDIEVAL NA SÚA EVOLUCIÓN.
PROFA. DRA. BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (2 créditos):
Parte B.- A XESTIÓN DO PATRIMONIO MEDIEVAL. VISIÓNS E DESAFÍOS
A distribución de todas as actividades en horas de traballo do alumno segundo o profesor recóllese no seguinte cadro:
HORAS: Horas presenciais (a) / Horas non presenciais dirixidas (b) / Horas non presenciais libres (c) / TOTAL (T)
Clases teóricas: 13 (a) / 3 (b) / 20 (c) / 36 (T)
Clases prácticas: 13 (a) / 3 (b) / 20 (c) / 36 (T)
Traballo-debate: 2 (a) / 14 (b) / 10 (c) / 26 (T)
Titorías individuais
ou en grupo reducido: 2 (a) / --- (b) / --- (c) / 2 (T)
TOTAL: 30 (a) / 20 (b) / 50 (c) / 100 (T)
PROFA. BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (2 créditos):
Clases teóricas: 6 (a) / 2 (b) / 10 (c) / 18 (T)
Clases prácticas: 6 (a) / 2 (b) / 10 (c) / 18 (T)
Traballo-debate: 2 (a) / 6 (b) / 5 (c) / 14 (T)
Titorías individuais
ou en grupo reducido: 1 (a) / --- (b) / --- (c) / 1 (T)
TOTAL: 15 (a) / 10 (b) / 25 (c) / 50 (T)