Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5091104 - Cultura Escrita en Latín na Idade Media (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Latina
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTRO CARIDAD, EVA MARIA.NON
PUENTES ROMAY, JOSE ANTONIO.NON
Vázquez Buján, Manuel Enrique.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Partindo do feito de que o latín foi a lingua común de Occidente entre os finais da Antigüidade tardía e os inicios da época moderna, preténdese darlles aos alumnos unha visión sistemática das peculiaridades do latín na Idade Media, así como da cultura literaria nas súas diversas realizacións. Atenderase primordialmente ás peculiaridades lingüísticas e literarias dos distintos tipos de textos.
    Contidos
    A) Contidos a desenvolver nas clases expositivas
    (a) Grandes movementos históricos que marcan a evolución da lingua latina desde a Antigüidade á Idade Media: as invasións bárbaras e a evolución da escola. Elementos vulgares, cristiáns, gregos e vernáculos.
    (b) Os «renacementos» carolinxio e do século XII: a súa repercusión na evolución da lingua latina da Idade Media.
    (c) Traxectoria do latín na Idade Media na Península Ibérica.
    (d) Lexicografía latina medieval.
    (e) Fundamentos do estudo da literatura latina medieval: características do corpus, historia dos estudos, instrumenta.
    (f) Periodización da literatura latina medieval: época tardoantiga; período carolinxio e cluniacense; renacemento do s. XII; baixa Idade Media.
    (g) Xéneros en prosa: tipoloxía e evolución.
    (h) Xéneros en verso: tipoloxía e evolución.
    B) Contidos a desenvolver nas clases interactivas
    As clases interactivas terán os seguintes textos como obxecto de preparación e comentario:
    -Cesáreo de Arles, sermo 13
    -Historia Compostelana (selección)
    - Valerio del Bierzo, De Bonello monacho y Epitameron de quibusdam admonitionibus uel rogationibus, 1-6.
    -Algún documento da área galaico leonesa
    -Isidoro de Sevilla, De fide catholica
    -Eginardo, Vida de Carlomagno
    -Un drama litúrxico
    -Selección de pezas amorosas dos Carmina Burana
    C) Lecturas e exposicións en grupos
    En función do número de alumnos, estableceranse grupos de 3 estudantes que prepararán por escrito e expoñerán algunha lectura nos campos da lingua e da literatura latinas medievais (8 horas presenciais):
    1. Á metade dos grupos de alumnos asignaráselles, baixo a tutela dos profesores Vázquez Buján e Puentes Romay, unha lectura de carácter lexicográfico procedente das obras seguintes:
    -E. Löfstedt, Late Latin, Oslo, 1959 (trad. italiana: Il latino tardo, Brescia, 1980)
    -J. Varela Sieiro, Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: o enxoval, Sada, A Coruña, 2003.
    -J. Varela Sieiro, Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2008.
    2. Á outra metade dos grupos asignaráselles, baixo a tutela do profesor José María Anguita Jaén, unha lectura do libro seguinte:
    -E. R. Curtius, Literatura europea y Edad Media Latina, México-Madrid-Buenos Aires, 1976 (1ª ed. alemá 1948), 2 vols.
    Bibliografía básica e complementaria
    (a) Bibliografía básica:
    M.A. Andrés Sanz et alii, La Hispania visigótica y mozárabe: Dos épocas en su literatura, Salamanca, 2010.
    M. Banniard, Viva voce. Communication écrite et communication orale du IVe au IXe siècle en Occident latin, Paris, 1992.
    P. Bourgain, Le latin médiéval, avec la collaboration de M.-C. Hubert, Turnhout, 2005.
    F. Brunhölzl, Geschichte der lateinischen Literatur des Mittelalters, 2 vols., Munich, 1975-92 (trad. Francesa = Histoire de la littérature latine du Moyen Âge, 2 tomos en 3 vols., Turnhout, 1990-1996.
    E. R. Curtius, Literatura europea y Edad Media Latina, México-Madrid-Buenos Aires, 1976 (1ª ed. alemana 1948), 2 vols.
    E. D’Angelo, La letteratura latina medievale. Una storia per generi, Roma, 2009.
    J. Fontaine, La Littérature latine chrétienne, Paris, 1970.
    A. Fontán-A. Moure Casas, Antología del latín medieval, Madrid, 1987.
    J. de Ghellinck, Littérature latine au Moyen Âge depuis les origines jusqu'à la fin de la renaissance carolingienne, 2 vols., Mayenne, 1939.
    R. J. Hexter – D. Townsend, The Oxford Handbook of Medieval Latin Literature, Oxford 2012.
    C. Leonardi (dir.), Letteratura latina medievale (secoli VI-XV). Un manuale, Firenze, 2002.
    Lo spazio letterario del Medioevo, I. Il Medioevo latino, 4 vols., Salerno, 1992-97.
    E. Löfstedt, Late Latin, Oslo, 1959 (trad. italiana: Il latino tardo, Brescia, 1980).
    M. Manitius, Geschichte der lateinische Literatur des Mittelalters, München, 1911-1936, 3 vols.
    D. Norberg, Manuel pratique de latin médiéval, Paris, 1968.
    P. Stotz, Handbuch zur lateinischen Sprache des Mittelalters, Bd.2: Bedeutungswandel und Wortbildung -- Bd.3: Lautlehre -- Bd.4: Formenlehre, Syntax und Stilistik, München, 1996-1998.
    (b) Bibliografía complementaria:
    M. del P. Álvarez Maurín, Diplomática asturleonesa. Terminología toponímica. Universidad de León, 1994.
    J. Bastardas Parera, “El latín de la península ibérica, 4: El latín medieval”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 251-290.
    M. C. Díaz y Díaz, “El latín de la península ibérica, 1: Rasgos lingüísticos; 3: Dialectalismos”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 153-197; 237-250.
    ----- “El latín de España en el siglo VII: Lengua y escritura según los textos documentales”, Le septième siècle. Changements et continuités. Actes du Colloque bilatéral franco-britannique tenu au Warburg Institut les 8-9 juillet 1988, ed. J. Fontaine-J. N. Hillgarth, London, 1992, p. 25-40.
    ----- “La transición del latín al romance en perspectiva hispana”, La transizione dal latino alle lingue romanze. Atti della Tavola Rotonda di Lingüística Storica. Università Ca’ Foscari di Venezia, 14-15 giugno 1996, a cura di J. Herman, Tübingen, 1998, p. 155-172.
    P. Dronke, Women Writers of the Middle Ages: A Critical Study of Texts from Perpetua (203) to Margeurite Porete (1310) Cambridge 1984.
    J. Gil, “El latín tardío y medieval (siglos VI-XIII)”, R. Cano (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, 2004, p. 149-182.
    F. González Muñoz, Latinidad mozárabe, A Coruña, 1996.
    M. Goullet-M. Parisse (eds.), Les Historiens et le latin médiéval. Colloque tenu à la Sorbonne les 9, 10 et 11 septembre 1999, Paris, 2001.
    M. Lapidge, Anglo-Latin literature 600-899, London, 1996.
    C. Leonardi, Medioevo Latino. La cultura dell’Europa cristiana, Firenze 2004.
    F. A. C. Mantello-A. G. Rigg (eds.), Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide, Washington, 1996.
    Ch. Mohrmann, Études sur le latin des chrétiens, vol. I-IV, Roma, 1961-1977.
    J. L. Moralejo, “Literatura hispano-latina (siglos V-XVI)”, en J. Mª. Díez Borque (ed.) Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, Madrid, 1980, pp. 13-137.
    B. Munk Olsen, La récepcion de la littérature classique au Moyen Âge, Copenhague, 1995.
    R. Wright, Latín tardío y romance temprano en España y la Francia carolingia, Madrid, 1989 (versión orixinal inglesa, Liverpool, 1982).
    X. Varela Sieiro, Léxico cotián na alta Edad Media de Galicia: o enxoval, Sada, A Coruña, 2003.
    X. Varela Sieiro, Léxico cotián na alta Edad Media de Galicia: a arquitectura civil, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2008.
    I. Velázquez Soriano, Las pizarras visigodas (Entre el latín y su disgregación. La lengua hablada en Hispania, siglos VI-VIII), Real Academia Española, Instituto de la Lengua castellano y leonés, 2004.
    (c) Edicións dos textos propostos para traballo nas clases:
    Cesáreo de Arles
    Sancti Caesarii Arelatensis Sermones, studio et diligentia D. Germani Morin, Turnholti, 1953 (CC-CIII).
    Césaire d'Arles, Sermons au peuple, I, éd. M.-J. Delage, Paris, 1971.
    Historia Compostelana
    Historia Compostellana, ed. E. Falque, Turnholti, 1988 (CC-CM LXX).
    Historia Compostelana. Introducción, traducción, notas e índices de E. Falque, Madrid, 1994.
    Valerio do Bierzo
    M. C. Díaz y Díaz, Valerio del Bierzo. Su persona, su obra, León, 2006.
    Documentos
    J. A. Fernández Flórez - M. Herrero de la Fuente, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Otero de las Dueñas I (854-1108), León, 1999.
    P. Floriano Llorente, Colección diplomática del monasterio de San Vicente de Oviedo (años 781-1200), I parte. Oviedo 1968.
    M. Lucas Álvarez, El Tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII). Estudio introductorio. Edición diplomática. Apéndices e índices, Santiago de Compostela 1986.
    Isidoro de Sevilla
    De fide catholica, Patrologiae cursus completus omnium SS. patrum, doctorum scriptorumque ecclesiasticorum sive latinorum sive graecorum, J.P. Migne (ed.), vols. 81-84. Turnhout, Brepols, 1956-1988.
    E. Castro – F. Peña (eds.), Isidoro de Sevilla. Sobre la fe católica contra los judíos, Sevilla, 2012.
    Exinardo
    Vie de Charlemagne, L. Halphen (ed.), Paris, Les Belles Lettres, 1967.
    Vida de Carlomagno, A. de Riquer (tr.), Barcelona, PPU, 1986.
    Dramas litúrgicos
    The drama of the medieval church, K. Young (ed.), Oxford, Clarendon Press, 1967.
    El drama litúrgico, E. Castro (ed.), Barcelona, Crítica, 1997.
    Dramas escolares latinos: siglos XII y XIII, E. Castro (tr.), Madrid, Akal, 2001
    Poesía amatoria
    Carmina Burana, W. Meyers – A. Hilka (eds), 3 vols., Heidelberg, Carl Winter, 1930-1970.
    Carmina Burana: poemas de amor, E. Montero Cartelle (ed.), Madrid, Akal, 2001
    Carmina Burana: poemas de amor, J. Carracedo Fraga (tr.), Vigo, Galaxia, 2004.

    Competencias
    Os alumnos deberán acadar a competencia no manexo dos textos latinos medievais, tanto literarios como documentais, particularmente en cada un dos ámbitos seguintes:
    (a) Identificación das características lingüísticas que definen un texto como mediolatino.
    (b) Comprensión dos textos latinos da Idade Media.
    (c) Valoración dos textos desde a perspectiva da súa elaboración e do seu valor literario.
    (d) Contextualización no marco cultural no que se producen.

    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento das clases e da preparación da materia levarase a cabo do xeito seguinte:
    (1) Explicación por parte dos Profesores dos fundamentos lingüísticos e literarios sobre os que se asenta a evolución da cultura escrita en latín na época medieval.
    (2) Lectura e comentario de textos escollidos para ilustrar a evolución da cultura escrita en latín na Idade Media coa participación activa dos estudantes.
    (3) Presentación para debate por parte de cada un dos grupos da lectura prevista no apartado V.C).
    (4) Nas horas de titoría, os alumnos traballarán conxuntamente cos profesores na aprendizaxe dos mecanismos de comprensión e comentario de textos latinos medievais, así como na técnica de preparación e codificación de traballos con vistas á súa exposición e discusión. Tamén se prestará atención á utilización de instrumentos lexicográficos e de medios electrónicos.

    Sistema de evaluación
    O 50% da cualificación corresponderá á asistencia e participación activa nas clases presenciais e nas actividades delas derivadas.
    O outro 50% corresponderá á lectura realizada, da que se fará presentación en grupo e da que se entregará unha versión escrita.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Segundo o sistema de cómputo establecido, os alumnos dedicarán a esta materia un tempo total de 150 horas, coa distribución que deseguido se indica:


    Clases expositivas: HP: 18 HTA: 18 TOTAL: 36
    Clases interactivas: HP: 16 HTA: 40 TOTAL: 56
    Lectura + debate: HP: 8 HTA: 32 TOTAL: 40
    Titorías en grupo: HP: 6 HTA: 12 TOTAL: 18
    TOTAL: HP: 48 HTA: 102 TOTAL:150

    HP = horas presenciais
    HTA=horas traballo autónomo
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a actualización de coñecementos de latín clásico e de literatura latina.
    Observacións
    Dentro do apartado A dos contidos, a responsabilidade académica das seccións a-d correrá a cargo dos profesores José Antonio Puentes Romay (1,5 créditos) e Manuel E. Vázquez Buján (1,5 créditos).
    A das seccións e-h (3 créditos) será da profesora Eva Castro Caridad.