P5091105 - Literatura Medieval en Linguas Vernáculas (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Románica, Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materia• Proporcionar aos alumnos unha visión sólida do nacemento e formación da literatura medieval, non latina, no ámbito europeo.
• Mostrar as condicións e circunstancias nas que comezan a aparecer os textos escritos en “lingua vulgar”, prestando atención ás dificultades atopadas polos escribas para representar nos moldes establecidos para o latín as novas realidades fonéticas.
• Estudar a producción literaria medieval europea desde unha óptica unitaria presentando unha serie de analoxías e diferenzas que serán analizadas de forma comparada.
• Estudar o nacemento, conformación e evolución dos principais xéneros literarios medievais (épica, lírica, narrativa e teatro).
Contidos1. Aparición dos primeiros textos literarios en lingua vernácula na Europa medieval:
• Cronoloxía e tipoloxía
• Características
• Cantilène de Sainte Eulalie, Boecis, Ritmo Laurenziano, Deor, Widsith
• A literatura na época do alemán antigo. O Cantar de Hildebrando.
2. Épica medieval. Épica románica e xermánica.
• Antecedentes e xénese. Coordenadas espacio-temporais
• Características tipolóxicas (oralidade /escritura, técnica literaria, temática, personaxes)
•A épica francesa e a Chanson de Roland
•A épica hispánica e o ciclo cidiano: Cantar de Mio Cid
•A épica anglosaxona: Beowulf.
•A épica heroica na literatura alemá: O Cantar dos Nibelungos.
•Sagas 'heroicas' na literatura escandinava: A Saga de Thidrek. A Saga dos Völsungos
3. Lírica e poesía medieval. Contexto sociocultural, tipoloxía, características, cronoloxía.
• A lírica trobadoresca: lírica occitana, lírica francesa, lírica alemá, lírica galego-portuguesa, lírica italiana.
• Pervivencia e transformacións do trobadorismo (lírica catalá, castelá, portuguesa)
• Petrarca e o petrarquismo europeo.
• A poesía escandinava: A Edda Poética e a poesía escáldica.
4. Narrativa medieval. O concepto 'roman'. Os primeiros exemplares da narrativa medieval: o 'roman antique'.
4.1. A ‘materia de Bretaña’ na literatura medieval europea:
-A materia artúrica en Francia. Chrétien de Troyes . Os ciclos artúricos en prosa e a súa difusión.
-A materia artúrica en Alemaña: Hartmann von Aue e Wolfram von Eschenbach.
- A materia artúrica en Inglaterra.
-As principais versións da materia tristaniana na literatura francesa: Béroul e Thomas de Inglaterra.
-A materia tristaniana na literatura alemá: Eilhart von Oberg e Gottfried von Straßburg.
4.2. A narrativa alegórica: A Divina Comedia de Dante A., Libro de Buen Amor de Juan Ruíz.
4.3. A narrativa breve: características e evolución
-Vidas e razós
-Novas, nouvelles, lais
-Novelle: Decameron de Boccaccio
-Cuentos: El conde Lucanor de D. Juan Manuel
- Os fabliaux.
- O xénero do ‘Märe’ na literatura alemá e as súas principais tendencias.
-A narrativa breve inglesa: Chaucer y Los Cuentos de Canterbury.
5. Teatro medieval.
5.1.- Orixes. Do rito ao drama.
5.2.- O teatro relixioso. A Representación de los Reyes Magos.
5.3.- As principais manifestacións do teatro profano.
6. Historiografía, enciclopedismo e literatura de viaxes: 'Libre dels feyts del Rey En Jaume I', 'Li livres dou Tresor' de Brunetto Latini, e 'Il Milione' de Marco Polo
Bibliografía básica e complementariaAuerbach, E., Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
Boitani, P., et alii (coords.), Lo spazio letterario del Medioevo. 2: Il Medioevo volgare, 5 vols. La produzione del testo, Roma, 1999-2002.
Brugnolo, F. – Capelli, R., Profilo delle letterature romanze medievali, Roma, 2011.
Bumke, J., Courtly culture: Literature and Society in the High Middle Ages, Berkeley 1991.
Clover, Carol J./ Lindow, John (eds.), Old-Norse – Icelandic Literature: a critical guide, Ithaca, 1985.
Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media latina, Madrid, 1976 (2ª reimpr.).
Di Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.
Galván Reula, F., Literatura inglesa medieval, Madrid, 2001.
Gally, M. - Ch. Marchello-Nizia, Littératures de l’Europe médiévale (textes choisis), Paris, Magnard, 1985.
Gibbs, M.. E. - Johnson, S. M. (eds.), Medieval German Literature, New York/ London, 1997.
Greenfield, S. - Calder, D.G., A New Critical History of Old English Literature. New York, 1986.
Haug, W., Vernacular literary Theory in the Middle Ages. The German Tradition, 800-1300, in its European context, Cambridge, 1997.
Jauss, H. R. - Köhler, E. (dir.), Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, vol. I, (Généralités), Heidelberg, 1972.
Meneghetti, M.L., Le origini delle letterature medievali romanze, Bari, 1997.
Parra Membrives, E., Literatura medieval alemana, Madrid, 2002.
Pérez Priego, M. A., Teatro medieval, Madrid, Cátedra, 2009
Pulsiano, P. - Treharne, E. (eds.), A Companion to Anglo-Saxon Literature, Blackwell, 2001.
Pulsiano, P. (ed.), Medieval Scandinavia: an encyclopedia, New York, 1993.
Riquer, M. de., Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, 1989-92, 3 vols.
Ruud, J., Encyclopedia of medieval literature, New York, 2006.
Selig, M. et alii, Le passage à l’écrit des langues romanes, Tübingen, 1993.
Suard, F., Guide de la chanson de geste et de sa posterité littéraire (XI-XV siècle), Paris, H. Champion, 2011.
Trapp, J. B. (ed.), Medieval English literature, New York, 1973.
Vàrvaro, A., Literaturas románicas de la Edad Media, Barcelona, 1983.
Wallace, D. ed., The Cambridge History of Medieval English Literature, Cambridge, 1999.
Ward, A.W. ed., The Cambridge History of English Literature, Cambridge, 1966-1969.
Zumthor, P., La lettre et la voix. De la ‘littérature’ médiévale, Paris, 1987.
Zumthor, P., La medida del mundo, Madrid, 1994.
Competencias• Coñecemento da xénese e consolidación das literaturas europeas a través dun panorama xeral da aparición dos distintos xéneros literarios.
• Información sobre os soportes materiais dos textos literarios.
• Capacidade para relacionar manifestacións literarias en linguas diferentes dada a súa matriz común, que permitirá verificar máis tarde os trazos específicos de cada tradición.
• Capacidade de análise crítica de textos literarios medievais.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas están dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Para as explicacións utilizaránse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
Dado que as sesións presenciais dispoñibles non permiten tratar en profundidade todos os temas do programa, para unha parte deles facilitaranse guións e referencias bibliográficas que sirvan de guía para unha correcta contextualización dos contidos e para facilitar unha aprendizaxe autónoma. As clases prácticas orientaranse á lectura e a análise de textos medievais en linguas vernáculas que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, dando a coñecer os instrumentos necesarios para a actividade académica e investigadora no ámbito dos estudos medievais (edicións, diccionarios, repertorios, bases de datos, etc.). Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, como na preparación persoal fóra da aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común na aula. Tamén para as clases prácticas se usarán os recursos tecnolóxicos que podan ser útiles.
O alumno deberá elaborar un traballo escrito individual sobre un tema monográfico, que seleccionará da relación proposta polos docentes que figura na guía docente, ou que proporá libremente ao seu titor, quen decidirá sobre a súa viabilidade despois de reunirse cos restantes docentes da materia. En calquera caso, cada un dos profesores dirixirá un mínimo de 2 e un máximo de 4 traballos individuais, pero todos eles serán corrixidos e cualificados polo conxunto de docentes da materia. A versión final do traballo deberá ser entregada en papel ao seu director, antes do día 16 de xaneiro de 2014, e deberá ser envíada por correo electrónico ao resto de profesores.
As titorías realizaranse en grupos reducidos, aos que se orientará bibliográfica e metodoloxicamente para a realización dos comentarios, e individualmente para o seguimento dos traballos.
Sistema de evaluaciónTodos os alumnos deben participar nas clases presenciais, lendo e analizando os textos que se presentan na aula , aportando os seus comentarios e observacións persoais aos temas que presenta o profesor ou realizando comentarios de texto seleccionados polos docentes. Todos DEBERAN NECESARIAMENTE LER AS FONTES PRIMARIAS de bibliografía recomendadas antes do inicio das clases. Esta parte (asistencia, lectura, participación e realización de comentarios) suporá o 30 % de cualificación total da materia. A cualificación do traballo individual, pola súa parte, equivalerá ao 70% restante..
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conjunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiránse en 48 de actividades formativas presenciais (o que supón o 32% do traballo total) e 27 de actividades dirixidas non presenciais.
Clases expositivas:18 (h. presenciais)+ 20 (h. tr. autónomo)= TOTAL: 38
Clases interactivas: 24 (h. presenciais)+15(h. non presenciais)+ 30 (h. tr. autónomo)=TOTAL 69
Traballo escrito:12 (h. non presenciais) + 25 (h. tr. autónomo)=TOTAL 37
Titorías: 6 (h. presenciais)
TOTAL: 48 (h. pres) + 27(h. non pres.) + 75 (h. trab. autónomo) = 150
Recomendacións para o estudo da materia- Boa disposición cara á lectura e ao comentario.
- Capacidade de ler en linguas diferentes, co auxilio, cando sexa posible, de edicións bilingües para as fontes primarias.
- Lectura das fontes primarias de bibliografías recomendadas na clase.
Observacións As profesoras Esther Corral e Elvira Fidalgo encargaranse das partes da materia relacionadas coas linguas románicas. As seccións de literatura xermánica serán impartidas polo profesor Emilio González.