Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5091202 - A Igrexa e a Espiritualidade Medieval (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Filoloxía Románica, Historia da Arte, Historia Medieval
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CENDON FERNANDEZ, MARTA.NON
FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA.NON
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES.SI
LOPEZ ALSINA, FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    • Dar a coñecer, a grandes trazos, o marco histórico-cultural da institución eclesiástica desde as orixes do cristianismo ata a Idade Media.
    • Explicar a influencia do cristianismo no pensamento medieval.
    • Estudar o concepto e evolución da santidade, así como a produción literaria que xera tanto en latín como nas diferentes linguas románicas e a súa manifestación na arte medieval.
    • Analizar a tipoloxía das vidas de santos e das coleccións de miragres, centrando a atención en Santiago e María.
    • Estudar a figura de santos cruciais para el desenvolvemento da arte medieval en xeral, tais como san Bieitoe san Francisco e as respectivas ordes que fundaron.
    • Analizar o proceso evolutivo na iconografía do Santo na Idade Media, dende a interdisciplinariedade das fontes textuais.
    • Estudar a iconografía de san Francisco e os seus frades como reflexo da integración da Orde na espiritualidade e a sociedade baixomedieval.
    • Estudar as manifestacións da devoción a finais da Idade Media.

    Contidos
    1) CENTRO E PERIFERIA NA CRISTIANDADE LATINA (ss. VIII-XIII)
    1.1.- A organización da Igrexa, a primacía de Pedro e as novidades occidentais (ss. V-VII)
    1.2.- O xiro do século VIII: o Constitutum Constantini e as súas consecuencias na Europa carolinxia
    1.3.- A reforma gregoriana e a sede apostólica hispánica
    1.4.- A organización da Igrexa hispánica: entre a primacía e o patriarcado de Occidente.


    2) O CRISTIANISMO E A PRODUCIÓN HAXIOGRÁFICA DESDE AS SÚAS ORIXES ATA A IDADE MEDIA.
    2.1.Achegamento ás orixes do cristianismo.
    2.2. Definición de santo/santidade. Evolución do concepto de santidade (mártires, ascetas. Bispos, “santos”). As reliquias. A predicación.
    2.3. Haxiografía en latín e linguas romances. Evolución e tipoloxía dos textos haxiográficos: martiroloxios, pasionarios, Vitae, legendae, miracula. O Liber Sancti Iacobi.
    2.4. Irrupción da figura da Virxe na corrente haxiográfica. As coleccións de milagres marianos:
    2.5.1. mariais latinos
    2.5.2. mariais romances
    2.5.3. As Cantigas de Santa María: liber miraculorum e fonte documental.


    3) ARTE, DEVOCIÓN E PREDICACIÓN. DA SANTIDADE MONÁSTICA Á MENDICANTE NA ARTE MEDIEVAL.
    3.1. Santidade monástica, santidade mendicante. Aproximación ós principais fundadores de ambas espiritualidades a través da súa iconografía. Fontes textuais e iconográficas para a elaboración dun retrato.
    3.2. Haxiografías mendicantes e imaxes na difusión das devocións: a predicación ás aves e a estigmatización de San Francisco. Fontes textuais e figurativas: a codificación dos episodios e a problemática na transmisión da imaxe.
    3.3. Cultura visual e predicación: escolas conventuais no proceso formativo do frade (espazos e métodos). O exercicio sermonario dos frades a través das imaxes (axentes e audiencias, soportes materiais, método e recursos na actividade sermonaria).


    4) OS SANTOS E A MORTE. TEXTOS E IMAXES COMO REFLEXO DAS DEVOCIÓNS NA IDADE MEDIA.

    4.1. Cando a morte se achega.
    4.2. As devocións dos bispos no final da Idade Media
    a) Os Apóstolos
    b) A Virxe
    c) Os Pais da Igrexa
    d) Os fundadores de Ordes
    e) Outros santos relacionados coa morte
    f) Os santos pertencentes ás Ordes Mendicantes
    g) Santos locais
    4.3. A escultura funeraria episcopal como reflexo de devocións

    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía básica que se sinala a continuación está dividida en catro grandes bloques que se corresponden ca organización dos contidos.

    1)
    DOMÍNGUEZ SÁNCHEZ, S., HERBERS, K., Roma y la Península Ibérica en la Alta Edad Media. La construcción de espacios, normas y redes de relación, León-Göttingen, 2009.
    LENZENWEGER, J., STOCKMEIER, P., AMON, K., ZINHOBLER, R., (dir.), Historia de la Iglesia católica, Barcelona, 1989, pp. 231-398.
    Liber Sancti Jacobi. Codex Calixtinus, edición de K. Herbers y M. Santos Noia, Santiago, 1998
    FLETCHER, R. A., A vida e o tempo de Diego Xelmirez, traducido por H. Monteagudo Romero y M. X. Lama, Vigo, 1993.
    Historia Compostelana, edición de E. Falque Rey, Madrid, 1994

    2)

    Bacci, M., Lo spazio dell’anima. Vita di una chiesa medievale, Laterza, Roma-Bari, 2005.
    Baños Vallejo, F., La hagiografía como género literario en la Edad Media. Tipología de doce Vidas individuales castellanas, Universidad de Oviedo, 1989.
    Barnay, S., El cielo en la tierra. Las apariciones de la Virgen en la Edad Media (trad. G. Rosón), Ediciones Encuentro, Madrid, 1999.
    Boesch Gajano, S., La santità, Laterza, Roma-Bari, 1999.
    Dubois, J. - J.L. Lemaire, Sources et méthodes de l’hagiographie, Cerf, Paris, 1993.
    Fidalgo, E., “La gestación de las Cantigas de Santa Maria en el contexto de la escuela poética gallego-portuguesa”, Alcanate, 8, 2012-2013, pp. 17-42.
    Grégoire, R., Manuale di agiologia. Introduzione alla letteratura agiografica, Monastero San Silvestro Abate, Fabriano, 1987.
    Il grande libro dei santi (3 vols), Edizioni San Paolo, Roma, 1999.
    Longo, U., La santità medievale, Roma, Jouvence, 2007.
    Mitre Fernández, E., Las claves de la Iglesia en la Edad Media (313-1492), Planeta, Barcelona, 1991.
    Philippart, G., Les légendiers latins et autres manuscrits hagiographiques (typologie des sources du Moyen Age Occidental, 24/25), Brepols, Turnhout, 1977.
    Puech, H.-Ch., Storia del cristianesimo (Trad. M. N. Pierini), Laterza-Mondadori, 2003.
    Vauchez, A., La espiritualidad del occidente medieval, Cátedra, Madrid, 1995.
    Mettmann, W., 1986-89. Alfonso X, el Sabio. Cantigas de Santa Maria, 3 vols. (Madrid, Castalia)
    O’ Callagham, J. (1998), Alfonso X and the Cantigas de Santa Maria. A poetic Biography, Brill, Leiden-Boston-Köln.
    Parkinson, S.- D. Jackson (2006), “Collection, Composition and Compilation in the Cantigas de Santa Maria”, Portuguese Studies, 22, pp. 159-172.
    Fidalgo, E., Cantigas de Santa María, Vigo, Xerais, 2002.
    Fidalgo, E. (coord.), As Cantigas de Loor de Santa María. Edición e comentario, Xunta de Galicia, Santiago, 2004.
    Gonzalo de Berceo. Milagros de Nuestra Señora, F. Baños, ed., Barcelona, Crítica, 1997.

    3)
    FRAGA SAMPEDRO, D.: “San Francisco de Betanzos: nuevas aportaciones a su programa iconográfico”, en Anuario Brigantino 18, 1995, 207-226.
    FRAGA SAMPEDRO, D.: “Un Calvario peculiar: el franciscano orante al pie de la cruz”, en Quintana nº 2, 2003, 161-172.
    FRAGA SAMPEDRO, D.: “San Francisco de Asís, el Santo y su imagen en el arte gótico galaico-portugués”, en Hagiografía y archivos de la Iglesia. Santoral hispano-mozárabe en las diócesis de España. Actas del XVIII Congreso de la Asociación de archiveros de la Iglesia en España clebrado en Orense 9-13 de septiembre 2002. Memoria Ecclesiae XXIV, 2004. 233-251.
    FRUGONI, Ch.: Francesco e l’invenzione delle stimmate. Una storia per parole e immagini fino a Bonaventura e Giotto. Torino, 1993.
    GARCÍA ORO, J.: San Francisco de Asís en la España medieval. Santiago, 1988.
    MANSO PORTO, C.: Arte gótico en Galicia: los dominicos. A Coruña, 1993. 2 vols.
    NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: “El caballero, su panegírico y la conjuración del miedo”, en Vigo Trasancos, A. (coor): Cultura, poder y mecenazgo. Sémata 10, 1998, 361-388.
    PRINZIVALLI, E.: “Un santo da leggere: Francesco d’Assisi nel percorso delle fonti agiografiche”, en Francesco d’Assisi e il primo secolo di storia francescana. Torino, 1997.pp. 71-116.
    SÁNCHEZ AMEIJEIRAS, R.: “Espiritualidad mendicante y arte gótico”, en Quintela, M.V. (coor): Las religiones en la historia de Galicia. Sémata 7-8, 1996, 332-353.
    YARZA, J.: “La imagen del fraile franciscano”, en Espiritualidad y Franciscanismo. VI Semana de Estudios medievales. Nájera 31 julio – 4 agosto 1995. Logroño, 1996. pp. 185-211


    4)
    CHIFFOLEAU, J. : La comptabilité de l'au-delà, Rome 1980.
    FERRANDO ROIG, J.: Iconografía de los santos, Barcelona 1950.
    HERKLOTZ, Ingo: "Sepulcra" e "Monumenta" del Medioevo, Roma 1990.
    La mort au moyen âge, Colloque de la Société des Historiens Médiévistes de l'Enseignement Supérieur Public, Strasburg, 1975.
    Les fonctions des saints dans le monde occidental (IIIe-XIIIe siècle). Actes du colloque organisé par l'Ecole française de Rome avec le concours de l'Université de Rome "La Sapienza", Roma 1991.
    MITRE FERNÁNDEZ, E.: La muerte vencida. Imágenes e Historia en el Occidente Medieval (1200-1348), Madrid 1988.
    PANOFSKY, Erwin: Tomb sculpture, London 1964.
    REAU, Louis : Iconographie de l'art Chrétien, Paris 1958.
    TENENTI, A. : La vie et la mort à travers l'art du XV siècle, Serge Fleury 1983.
    VAUCHEZ, André. : La sainteté en Occident aux derniers siècles du Moyen Age, Rome 1981.

    Competencias
    • Comprensión do proceso da creación dun mito relixioso e da produción literaria que este mito xera.
    • Cristalización, expansión e metamorfose de modelos de santidade e o seu reflexo iconográfico no tránsito da Idade Meia temperá á Idade Meia plena.
    • Comprensión da estrutura dos textos haxiográficos (vidas de santos, lendas, miragres).
    • Estudo da figura de san Francisco a través das fontes haxiográficas e iconográficas e as interaccións entre imaxe e texto. Análise da importancia e repercusión do Santo de Asís e a súa Orde na espiritualidade baixomedieval a través da produción artística.
    • Análise das manifestacións relixiosas xeradas nas proximidades da morte. Afondamento nas devocións máis difundidas nos séculos XIV e XV

    Metodoloxía da ensinanza
    • As clases teóricas están dirixidas á análise dos contidos do programa, pero complementaranse con unha proposta de lecturas que teñen por obxectivo enriquecer o discurso teórico e alentar o debate na aula.
    • Farase recurso ao manexo de fontes documentais e gráficas para o seu estudo e debate.
    • Empregarase as ferramentas das aulas virtuais da USC para orientacións e materiais de traballo das clases prácticas.
    • Realizaranse, con carácter obligatorio, algunhas clases prácticas con desprazamento a un lugar que permita o estudo in situ do explicado na aula, sempre no suposto que se conceda subvención económica. Prevese, en concreto, unha visita a Betanzos nunha data por determinar e establecendo os cambios precisos co profesor que imparta docencia ese mesmo día, se fora necesario.
    Sistema de evaluación
    Todos os alumnos deben participar nas clases presenciais aportando os seus comentarios e observacións persoais aos temas que se desenvolven. Tanto no exame dos textos como das imaxes, espérase do estudante a competencia necesaria para poder aplicar os contidos teóricos ofrecidos e o seu recoñecemento nos exemplos prácticos. A participación activa do estudante na aula (incluíndo as actividades correspondentes ás saídas) equivalerá a un 40% da cualificación total.
    O 60% restante obterase mediante a presentación dun traballo escrito sobre un tema monográfico, no que se procurará combinar as manifestacións artísticas coas literarias, e que será seleccionado dunha relación proporcionada polos docentes, ou proposto polo estudante e aceptado polo conxunto de docentes da materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases teóricas: 30
    Clases prácticas presenciais. 10
    Titorías presenciais: 4

    Clases teóricas non presenciais dirixidas: 5
    Clases prácticas non presenciais dirixidas: 10
    Tutorías non presenciais: 5
    Traballo escrito: 10

    Horas de traballo autónomo do alumno:
    Clases teóricas: 20
    Clases prácticas: 30
    Traballo escrito: 25

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia e participación activa durante o curso.
    Lectura da bibliografía recomendada polo profesor.
    As lecturas deberán facerse de acordo co calendario marcado polos profesores para facilitar o correcto desenvolvemento do programa.

    Observacións
    O primeiro bloque temático, correspondente a centro e periferia na Cristiandade latina será desenvolvida polo porfesor Fernando López Alsina en diferentes sesións ata completar 1 ECTS do total da materia.

    A profesora Elvira Fidalgo imparte o primeiro apartado do programa ("O Cristianismo e a producción haxiográfica desde as orixes ata a Idade Media") en diferentes sesións ata completar 2 ECTS do total da materia.

    A Profa. Fraga imparte o terceiro apartado do programa (“Arte, devoción e predicación. Da santidade monástica á mendicante na arte medieval") en diferentes sesións ata completar 1 ECTS do total da materia.

    A Profa. Cendón imparte o último apartado do programa (“Os santos e a morte. Textos e imaxes como reflexo das devocións ao final da Idade Media”) en diferentes sesións ata completar 2 ECTS do total da materia.