P5091203 - Sociedade Medieval e Cultura Cortés (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Filoloxía Románica, Historia da Arte, Historia Medieval
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Potenciar un achegamento crítico a realidade e a ideoloxía da sociedade feudal e ós cambios e variados sistemas de construción dun ideario nobiliario tardomedieval.
- Dotar o alumnado dun achegamento crítico á figura do cabaleiro por medio de exemplos que expresen a súa coraxe, virtude e honra.
- Potenciar un achegamento crítico ó carácter representacional das manifestacións visuais relacionadas coa morte na sociedade tardomedieval.
- Dotar o alumnado de ferramentas críticas e de análise para abordar a interpretación da literatura cortés, tanto na súa configuración amorosa como satírica.
- Dotar o alumnado de patróns analíticos na abordaxe do discurso visual sobre o amor e a sátira na sociedade medieval.
- Potenciar no alumnado a conciencia da necesidade dun achegamento multidisciplinar no estudo da cultura cortesá tardomedieval.
- Potenciar no alumnado a reflexión crítica sobre a metodoloxía utilizada nos estudos culturais tardomedievais.
ContidosTema 1. A sociedade feudal: concepción ideolóxica e realidade histórica. Evolución e análise crítica dos cambios acaecidos na sociedade baixomedieval. A nobreza laica e os cambios na mentalidade, ideoloxía e función.
Tema 2. O cabaleiro, o seu panexírico e a conxuración do medo. O cabaleiro e a fama póstuma. As relacións entre a cabalería e a Igrexa. O valor das liñaxes na Idade Media.
Tema 3. Sociedade e literatura na Idade Media. A "Europa das Cortes". Contexto político-social e cultural. O concepto de "cortesía" e as premisas teóricas da literatura amorosa: Andreas Capellanus, De Amore. A lírica provenzal: xéneros, autores e textos. Flamenca. A irradiación da lírica provenzal. O ideal cabaleiresco: amor e sátira na lírica medieval.
Tema 4. Amor e sátira na cultura visual medieval. Tópica sobre o amor na cultura visual medieval: os espazos, os regalos, os xestos, as metáforas orgánicas. A sátira na Idade Media e a imaxinería marxinal: dos beirados das igrexas ás marxes dos manuscritos.
Bibliografía básica e complementaria Tema 1
Beceiro Pita, I., Córdoba de la Llave, R., Parentesco, poder y mentalidad. La nobleza castellana. Siglos XIII-XV, Madrid, 1990.
Dacosta, A., Los linajes de Bizkaia en la Baja Edad Media: Poder, parentesco y conflicto, Universidad del Pais Vasco, 2003.
Franco Silva, A., La fortuna y el poder. Estudios sobre las bases económicas de la aristocracia castellana (siglos XV-XVI), Cádiz, 1996.
Gerbert, M. C., Las noblezas españolas en la Edad Media. Ss XI-XV, Madrid, 1997.
Heusch, C. La caballería castellana en la baja edad media. Textos y contextos. Montpellier, 2000
Keen, M., La caballería, Barcelona, 2008.
Nieto Soria, J. M., Iglesia y génesis del Estado Moderno en Castilla 1369-1480, Madrid, 1994.
Paredes Mirás, M. P, Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media, Noia, 2002.
Pizarro, Jose Augusto P. de Sotto Mayor. Linhagens medievais portuguesas: genealogias e estratégias (1279-1325). Porto. Universidade do Porto, 1997
Quintanilla Raso, M. C., La nobleza señorial en la Corona de Castilla, Granada, 2008.
Rodríguez Velasco, J. Order and chivalry. Knightood and citizenship in Late Medieval Castile. Penn Press, 2010
Tema 2
Alvar, C., El rey Arturo y su mundo, Madrid, Alianza-3, 1991.
García Gual, C., Historia del rey Arturo, Madrid, Alianza Editorial, 1996.
Núñez Rodríguez, M., "Los "GISANTS SCULPTES" de Fontevraud y la estrategia simbólica de la iconografía funeraria como expresión de poder", en Semata, Poder y sociedad en la Galicia medieval, nº 4, pp. 75-109 (con amplia bibliografía).
Núñez Rodríguez, M., "El caballero, su panegírico y la conjuración del miedo", en Semata, 10 (1998), pp. 361-387 (con amplia bibliografía).
Núñez Rodríguez, M., El rostro y el discurso sobre la muerte en la Galicia medieval, Santiago de Compostela, 1986.
Tema 3
Alvar, C., Poesía de Trovadores, Trouvères y Minnesinger (de principios del siglo XII a fines del siglo XIII). Antología, Madrid, Alianza Tres, 1995.
Antonelli, R.-Sapegno, M. S., L’Europa degli scrittori. Storia, centri, testi della letteratura italiana ed europea. 1a. Dalle origini al Trecento: la formazione del canone, Milano, La Nuova Italia, 2008.
Arias Freixedo, X. B., Antoloxía da lírica galego-portuguesa, Vigo, Xerais, 2003.
Beltrán, V., A cantiga de amor, Vigo, Xerais, 1995.
Boitani, P. et alii, Lo spazio letterario del Medioevo. 2: Il Medioevo volgare, Roma, Salerno, 1999-2002, 5 vols.
Bologna, C.-Rocchi, P., Rosa Fresca Aulentissima. 1. Dalle origini a Boccaccio, Torino, Loescher, 2010.
Brea, M. (coord.), Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia-Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 1996, 2 vols.
Brea, M.-Lorenzo Gradín, P., A cantiga de amigo, Vigo, Xerais, 1998.
Brea, M.-Rossell, A., El roman de Flamenca: novela occitana del siglo XIII, México, Arlequín, 2010.
Creixell Vidal-Quadras, I., De amore / Andreas Capellanus = Tratado sobre el amor / Andrés el Capellán, Barcelona, Sirmio, 1990.
Di Girolamo, C., I trovatori, Torino, Bollati Boringhieri, 1989.
Lanciani, G.-Tavani, G., As cantigas de escarnio, Vigo, Xerais, 1995.
Le Goff, J., La civilización del occidente medieval, Barcelona, Paidós, 1999.
Lorenzo Gradín, P., "Ideal caballeresco y sátira personal en la lírica gallego-portuguesa", Cecco Angiolieri e la poesia satirica medievale. Atti del Convegno Internazionale, Siena, 26-27 ottobre 2002, a cura di S. Carrai e G. Marrani, Firenze, Edizioni del Galluzzo, 2005, pp. 159-195.
Manetti, R., Flamenca. Romanzo occitano del XIII secolo, Modena, Mucchi Editore, 2008.
Miranda, J. C. Ribeiro, Aurs mesclatz ab argen. Sobre a primeira geração de trovadores galego-portugueses, Porto, Guarecer, 2004.
Monteagudo, H., Letras primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008.
Oliveira, A. Resende de, O Trovador galego-português e o seu mundo, Lisboa, Notícias, 2001.
Riquer, M. de, Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, Planeta, 1975, 3 vols.
Souto Cabo, J. A., Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Aprossimação às origens socioculturais da lírica galego-portuguesa, Niterói, EdUFF, 2012.
Tavani, G., Trovadores e jograis. Introdução à poesia medieval galego-portuguesa, Lisboa, Caminho, 2002.
Tema 4
Jager, E., The Book of the Heart, The University of Chicago Press, London, 2000.
Bajtin, M., La cultura popular en la Edad Media y en el Renacimiento, Madrid, Alianza, 1987.
Camille, M., The Medieval Art of Love. Objects and Subjects of Desire, Laurence King, 1988.
Camille, M., Image on the Edge. The Margins of Medieval Art, Harvard University press, 1992.
Love, Sex and Marriage in the Middle Ages. A Sourcebook, edited by Conor McCarthy, London, 2004.
McIlwain Nishimura, M., Images in the Margins, Los Angeles, 2009.
Randall, Lillian M. C., Images in the Margins of the Gothic Manuscripts, Berkeley, 1966.
Stanbury, S., The Visual Object of Desire in Late Medieval England, Philadelphia, 2008.
Competencias- Coñecemento por parte do alumnado das características básicas da sociedade feudal e dos seus parámetros culturais.
- Coñecemento por parte dos alumnos da cultura cabaleiresca e da cultura da morte relacionada cos cabaleiros na época medieval.
- Capacidade por parte do alumnado para coñecer as limitacións ou as contradiccións xurdidas da oposición tradicionalmente establecida entre cultura cortesá e cultura clerical.
- Coñecemento das características esenciais da literatura medieval a través da análise dos textos e autores máis representativos.
- Capacidade para identificar os tópicos referidos ó amor cortés.
- Coñecemento dos mecanismos de inversión do código cortés na literatura satírica en lingua romance.
- Capacidade para analizar o discurso visual sobre o amor e os códigos particulares da sátira na Idade Media.
- Manexo por parte do alumnado das novas metodoloxías de interpretación da cultura visual tardomedieval.
- Fomento entre os estudantes da necesidade de proceder a unha abordaxe interdisciplinar no estudo da cultura medieval.
Metodoloxía da ensinanza A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polos profesores. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases prácticas dedicadas á lectura de textos e á análise de obras de arte medieval que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, e clases prácticas dedicadas ó traballo cos instrumentos necesarios para a actividade académica e investigadora no ámbito dos estudos sobre sociedade feudal e cultura cortés. Estas clases prácticas estarán dirixidas polos profesores, pero buscarán a participación activa do alumnado, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula como na preparación persoal fóra desta dalgún exercicio, para a posterior posta en común. Para as clases prácticas tamén se usarán os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, dos traballos que deben realizarse.
As actividades formativas non presenciais incluirán:
1) Principalmente, o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e para a adquisición das competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de traballos, etc.
2) Elaboración e redacción dun traballo relacionado con algún aspecto tratado na materia.
Sistema de evaluaciónPara avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan. As cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
1) Avaliación continua; valorarase a participación activa e continuada do alumnado nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.
2) Realización dun traballo academicamente dirixido (dunha extensión máxima de dez folios), que suporá o 70% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principios metodolóxicos básicos e o coñecemento dos contidos esenciais da materia.
A data límite de entrega dos traballos será o día 30 de Maio.
O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe dos estudantes expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o establecido no RD 1125/2003 de 5 de setembro.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES
Horas presenciais Horas non presenciais dirixidas Horas non presenciais libres Total
Clases teóricas 19 5 30 54
Clases prácticas 19 5 30 54
Traballo-debate 5 20 15 40
Titorías individuais ou en grupo reducido 2 --- --- 2
Total 45 30 75 150
Recomendacións para o estudo da materiaCapacidade para ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica.
ObservaciónsA materia será impartida por cinco profesores da Universidade de Santiago. Os temas articúlanse do seguinte modo:
Dra. M.ª Luz Ríos Rodríguez (Área de Historia medieval): "Evolución da sociedade e conformación do ideario nobiliario na Baixa Idade Media".
Dr. Manuel Núñez Rodríguez (Área de Historia da Arte): " O cabaleiro, o seu panexírico e a conxuración do medo".
Dr. Santiago López Martínez-Morás (Área de Filoloxía Románica): "A cultura cabaleresca na Idade Media".
Dra. Mariña Arbor Aldea (Área de Filoloxía Románica): "Sociedade e literatura na Idade Media".
Dra. Rocío Sánchez Ameijeiras (Área de Historia da Arte): "Amor e sátira na cultura visual medieval".