G5071421 - Textos Gregos 5 (Maior en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 32.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Latín e Grego
- Áreas: Filoloxía Grega
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTradución, comentario e análise de textos representativos da Lírica Grega antiga.
ContidosLectura, traducción e comentario filolóxico (lingüístico e literario) de textos seleccionados de PÍNDARO: "Olímpicas" (na clase) e "Píticas" (na casa) e de LÍRICOS GREGOS: Alceo, Safo, Alcmán, Íbico, Anacreonte, Simónides
Bibliografía básica e complementariaTextos de Píndaro en:
PINDARI CARMINA, ed. Bowra, Oxford Classical Texts.
PINDARO, EPINICIOS, ed. Bádenas e Bernabé, Madrid 2002
-A selección de textos dos LÍRICOS GREGOS será facilitada polo profesor.
-O comentario do texto incluirá indicacións bibliográficas.
CompetenciasCoñecemento inmediato e fluído do texto traducido, con competencias adquiridas para o seu traslado á análise e ao comentario de textos similares. Inmersión na lingua grega antiga a través dunha taxa alta de texto traducido e retido nas súas particularidades léxicas e gramaticais.
Metodoloxía da ensinanza O alumno deberá facer a lectura e a tradución dos autores propostos; algunhas desas traducións serán corrixidas e matizadas na clase, coas correspondentes explicacións de todo tipo (lingüístico, literario, de realia, etc.) por parte do profesor. Estas explicacións na clase serviranlle ao alumno como punto de referencia para o comentario das outras traducións que ten que facer pola súa conta e que non serán obxecto de explicación na clase, senón que se deixarán á propia capacidade crítica e de reflexión do alumno, e que si serán obxecto de exame.
Sistema de evaluaciónAs probas finais serán sobre a totalidade do programa e consistirán en:
A) - exame SEN dicionario das obras vistas na clase e na casa;
B) - exame CON e SEN dicionario doutras obras.
-Ao longo do curso, poderá haber probas parciais que poderán ter carácter liberatorio. A materia non liberada será obxecto de exame final.
-Os exercicios das probas A e B non son complementarios entre si, senón que, para aprobar a materia, é necesario obter un mínimo de 5 (cinco) puntos en cada un dos apartados.
-Os alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase examinaranse de todo o programa o final do curso.
-Quen non aprobe a materia na convocatoria de xaneiro examinarase na de xullo de todo o programa, aínda que ao longo do curso liberara parte del.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de traballo persoal do alumno dependerá sempre e fundamentalmente das súas capacidades e afeccións, pero debe ter como norma básica que na tradución a calidade é o froito da cantidade e que aprender unha lingua nos seus textos é unha inmersión na que a cantidade de texto traducido é o único substituto válido do que é a práctica oral na inmersión en linguas vivas.
Recomendacións para o estudo da materiaNun estudo vocacional como é o da Filoloxía Clásica non ten sentido recomendar interese pola materia, e menos aínda na lectura e goce dun clásico universal. Recomendar capacidade é ineficaz. Recomendar responsabilidade non é labor do profesor, que é sempre o principal responsable de que o seu traballo motive ou incentive o do alumno
ObservaciónsO devalo imparable de coñecementos básicos de Gramática Grega con que os alumnos chegan á Filoloxía Clásica e a esta materia vai facendo cada vez máis irreal a pretensión de que a materia sexa unha LECTURA e COMENTARIO de TEXTOS, como foi sempre, e se converta nun labor curto e pouco grato de rudimentos da tradución, sempre con moi insuficiente cantidade de texto traducido e en contradición co que sinalamos nos apartados anteriores.