P5191102 - Bibliografía material, codicoloxía e historia do libro (Módulo 1: Materias obrigatorias comúns) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Departamento Externo
- Áreas: Filoloxía Catalá, Filoloxía Italiana, Literatura Española, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Que os estudantes coñezan o desenvolvemento histórico-evolutivo do libro (manuscrito, xilográfico e impreso).
- Capacitar ao alumnado para a descrición e identificación dun impreso (como produto tipográfico, como produto editorial e como produto textual).
- Capacitar ao alumnado para a descrición bibliográfica.
- Que o alumnado logre achegarse ás tendencias actuais de investigación sobre biblioloxía.
ContidosIntrodución. A escritura. O libro antigo.
O libro manuscrito na Idade Media. Xénese e caracteres externos.
A imprenta. Invención, introdución e difusión en Europa e en España.
O libro incunable.
Estrutura formal do libro impreso antigo. Período da imprenta manual.
O libro no período da imprenta mecánica.
A descrición bibliográfica. Análise, identificación e descrición analítica.
Bibliografías e catálogos para a identificación e localización dos libros. A bibliografía da literatura hispánica e europea.
Bibliografía básica e complementariaBARBIER, F, Historia del libro, Madrid 2005
CARTER, H., Orígenes de la tipografía. Punzones, matrices y tipos de imprenta (siglos XV y XVI), ed. de J. Martín Abad, Madrid 1999.
ESCOLAR SOBRINO, H., Historia universal del libro, Madrid, 1993
ID., Historia del libro español, Madrid, 1998
GASKELL, P., Nueva introducción a la bibliografía material, Madrid, 1999, prólogo e revisión de José Martínez de Sousa.
GELDNER, F., Manual de incunables. Introducción al mundo de la imprenta primitiva, Madrid 1998.
HAEBLER, K., Introducción al estudio de los incunables (ed. de J. Martín Abad), Madrid 1995.
LEMAIRE, J., Introduction à la Codicologie, Louvain-la-Neuve 1989.
MARTÍN ABAD, J., Los primeros tiempos de la imprenta en España, Madrid 2003.
ID., Los libros impresos antiguos, Valladolid 2004.
MOLL, J., “Problemas bibliográficos del libro en el Siglo de Oro”, Boletín de la Real Academia Española, 59, 1979, pp. 49-107.
OSTOS, P., PARDO, M.L., RODRÍGUEZ, E., Vocabulario de Codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire codicologique de Denis Muzerelle, Madrid 1997.
PEDRAZA, M., CLEMENTE, Y., DE LOS REYES, F., El libro antiguo, Madrid 2003.
RIESCO, A. y otros, Introducción a la Paleografía y la Diplomática general, Madrid 1999.
RICO, F. (dir.), Imprenta y crítica textual en el Siglo de Oro, Valladolid 2000.
RUIZ GARCÍA, E., Introducción a la Codicología, Madrid 2002.
Competencias- Coñecementos histórico-filolóxicos e bibliográficos necesarios para o estudo e edición da literatura.
- Achegamento á concepción de texto e textualidade dun modo aberto, dando cabida a outras formas culturais, non estritamente literarias, atendendo a distintas artes e á irrupción de novos medios.
- Dominio das nocións bibliográficas relacionadas co estudo do libro no seu aspecto material.
- Adquisición dos coñecementos relativos á bibliografía como disciplina que estuda o libro.
- Aplicación da teoría bibliográfica á interpretación e análise de libros, textos e documentos de diferentes épocas.
Metodoloxía da ensinanza A maior parte das sesións serán teórico-prácticas, con apoio en textos e imaxes.
Desenrolaranse asimesmo prácticas propiamente ditas en horario de aula sobre reproducións fotográficas, facsímiles e libros adaptados ao correspondente apartado do programa (descrición de aspectos formais externos e internos de libros).
Co fin de completar os contidos e verificar se se comprenderon os conceptos e as técnicas expostas facilitaranse aos alumnos lecturas complementarias e proporanse exercicios prácticos que serán avaliados.
Sistema de evaluaciónSó os alumnos que asistan alomenos a un 75% das sesións presenciais programadas -agás en casos de ausencias que considera xustificadas a normativa- serán avaliados. Por iso, controlarase a asistencia e requerirase, cando sexa convinte, a documentación precisa para xustificar unha ou máis faltas de asistencia.
Aspectos avaliables e porcentaxes na cualificación:
a) Exame final teórico-práctico. Suporá o 40% da cualificación global da materia
b) Avaliación continua da parte práctica da materia mediante calificación das intervencións dos alumnos nas clases (identificación, transcrición, etc.) e/ou de exercicios ou traballos prácticos escritos realizados polos alumnos e orientados nas clases interactivas. Suporá o 60% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalPor ser materia de 3 créditos ECTS, correspóndelle 24 horas de docencia presencias e 75 horas totais de traballo para cada estudante.
Recomendacións para o estudo da materiaResultará importante para o desenvolvemento do curso unha altra capacidade de lectura e análise. Tamén é aconsellable o interese polos aspectos históricos e culturais.
Para o seguimento das clases aconséllase o estudo "diario" dos conceptos teóricos expostos na aula cara a realización de exercicios prácticos.
Observacións"Bibliografía material, codicoloxía e historia do libro" é una materia de 3 créditos ECTS integrada no Módulo 1 de materias obrigatorias comúns do Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura.