Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191103 - Bases metodolóxicas da edición e da historia dos textos literarios (Máster Mundus Crossways en Narrativas Culturais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS FEIJOO, LUIS.SI
REY ALVAREZ, ALFONSO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Obter os coñecementos histórico-filolóxicos e bibliográficos necesarios para a edición e estudo da literatura.
    2. Adquirir as nocións e técnicas da metodoloxía da crítica textual.
    3. Coñecer algúns dos problemas que presentan textos diferentes da literatura universal.
    4. Afondar nos distintos conceptos da bibliografía: tradicional, material, textual..., en estreita conexión co desenvolvido na materia "Bibliografía material, codicología e historia do libro"
    Contidos
    1. Historia dos textos literarios.
    2. A edición crítica.
    3. A crítica textual. Concepto e ámbito. A súa historia.
    4. O concepto de erro. Erros mecánicos. O método de Lachmann. A tipoloxía de E. Vinaver.
    5. A construción dun estema. Erros comúns, erros conxuntivos e erros separativos.
    6. Joseph Bédier. Don Henri Quentin. Giorgio Pasquali. O concepto de "tradición". Variantes redaccionais e variantes de autor.
    7. A crítica textual de textos imprimidos. Bibliografía textual. A escola inglesa. O teatro isabelino. Walter Gregg. Fredson Bowers.
    8. Obras en diferentes versións. Variantes, versións e variacións.
    9. Época moderna. As publicacións en prensa periódica e as revisións de autor. O peso da censura.
    10. A anotación filolóxica de textos. Exemplos de distintas épocas da historia literaria.
    Bibliografía básica e complementaria
    Blecua, Alberto: Manual de crítica textual, Madrid: Castalia, 1983
    Pérez Priego, Miguel A. : Introducción general a la edición del texto literario, Madrid: UNED, 2001.
    Pérez Priego, Miguel A. : La edición de textos, Madrid: Síntesis, 2011.


    Competencias
    Para alcanzar os obxectivos, utilizaranse conceptos claves da crítica textual e da Bibliografía textual, sen esquecer os referidos á teoría literaria (Poética) antiga e moderna.
    O estudante deberá adquirir a pertinente destreza para enfrontarse á edición de textos de diferentes épocas cunha perspectiva crítica, coa pertinente anotación histórico-filolóxica.
    Metodoloxía da ensinanza
    Na medida do posible, traballarase nas clases a partir dun guión de cada un dos temas.
    As clases presenciais tenderán a fusionar a exposición teórica co traballo práctico. Darase para cada tema unha bibliografía específica e orientarase sobre cada un dos puntos que se vaian abordando.
    A asistencia considérase moi necesaria, para permitir a intervención dos estudantes con preguntas, exposicións breves e debates.
    A aprendizaxe axudarase da práctica na edición e anotación de textos concretos.
    Sistema de evaluación
    A avaliación final será xusta e ponderada. Terá en conta a participación de cada estudante durante as clases tanto teóricas coma prácticas, o grao de pertinencia e agudeza das súas observacións, os seus traballos orais (exposicións) e escritos e, no seu caso, o desenvolvemento dun exame final, cuxa ponderación non excederá, do 60% da cualificación final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS
    Sesións expositivas 24
    Sesións de seminario 18
    Sesións de titoría programada 6
    Sesións de avaliación 2
    TOTAL 50

    ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
    Estudo e preparación de actividades programadas 40
    Elaboración de traballos 20
    Lecturas complementarias 20
    Preparación de exames 20

    TOTAL 100
    Observacións
    Titorías:
    Prof. Alfonso Rey Álvarez: mércores, de 12 a 14 e de 16 a 18, e venres, de 12 a 14, despacho 233.
    Prof. Luis Iglesias Feijoo: luns, xoves e venres, de 12 a 14, despacho 231