Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191104 - Crítica literaria e análise da cultura (Módulo 1: Materias obrigatorias comúns) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Filoloxía Latina
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CABO ASEGUINOLAZA, FERNANDO.NON
CASAS VALES, ARTURO.SI
GARCIA LOPEZ, YOLANDA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Empregar a cultura antiga greco-latina como modelo paradigmático dos contidos da materia en tanto permite visualizar a presenza directa (‘oficial’ mesmo) e a importancia da hermenéutica textual nos debates intelectuais e sociopolíticos.
    - Estudo de operativos na Historia literaria, tanto desde o punto de vista discursivo e narrativo coma desde unha perspectiva sociolóxica atenta aos usos públicos en eidos como o educativo, o político-cultural, o institucional e o ideolóxico.
    - Exploración de certos paradigmas críticos emerxentes, como os vinculados co denominado xiro espacial e, en particular, as cartografías literarias.

    Contidos
    1. O campo literario na Antigüidade: debates hermenéuticos e debates ideolóxicos.
    1.1. Introdución á hermenéutica antiga.
    1.2. Eséxese e revelación da verdade: a competencia entre poetas, filósofos e filólogos.
    2. Análise de diálogos intertextuais antigos sustentados na eséxese poética.
    3. Historia, Historia literaria e Historia cultural.
    3.1. As identidades e a historia. Dimensións sociais, políticas e institucionais.
    3.2. Autoridade, discursividade e performatividade en historiografía.
    4. Socioloxía da historia literaria.
    4.1. Alternativas heurísticas e metodolóxicas ao positivismo e ao historicismo.
    4.2. Historia do campo cultural e historia da cultura literaria.
    5. A crítica no marco dos estudos literarios e da cultura contemporáneos.
    5.1. Modalidades da lectura atenta.
    5.2 O lugar da interpretación nos debates contemporáneos sobre a crítica literaria.
    6. Alternativas teóricas: xiro espacial e produción de lugar.
    6.1. Xeografía literaria e intertextualidade
    6.2. Cartografías literarias: límites e posibilidades. Casos prácticos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bakker, Egberg (2006). “Homeric epic between feasting and fasting”. En La poésie épique grecque: métamorphoses d’un genre littéraire. Vandoeuvres: Fondation Hardt, vol. LII, 1-30
    Beltrán Almería, Luis, e José Antonio Escrig (comps.) (2005). Teorías de la historia literaria. Madrid: Arco.
    Bhabha, Homi K. (1990). Nation and Narration. Londres: Routledge.
    Bulson, Eric (2009). Novels, Maps, Modernity. Londres: Routledge.
    Burke, Peter (1997). Varieties of Cultural History. Ithaca: Cornell University Press.
    Butler, Judith (1997). Excitable Speech: A Politics of the Performative. Nova York: Routledge.
    Buzard, James (1993). The Beaten Track. European Tourism, Literature, and the Ways to 'Culture', 1800-1918. Oxford: Clarendon Press.
    Csapo, Eric (2003). “The Dolphins of Dionysus”. En Eric Csapo e Margaret Miller (eds.), Poetry, Theory, Praxis: the social life of myth, word and image in ancient Greece. Essays in honour of W.J. Slater. Oxford: Oxbow Books, 69-98.
    Hobsbawm, Eric (1997). On History. Nova York: The New Press.
    Hutcheon, Linda, e Mario J. Valdés (eds.) (2002). Rethinking Literary History: A Dialogue on Theory. Oxford e Nova York: Oxford University Press.
    Lahire, Bernard (dir.) (2005). El trabajo sociológico de Pierre Bourdieu. Deudas y críticas. Buenos Aires: Siglo XXI.
    Martin, Jean-Pierre (dir.) (2010). Bourdieu et la littérature. Suivi d’un entretien avec Pierre Bourdieu. Nantes: Éditions Cécile Defaut, 2010.
    Moretti, Franco (2005). Graphs, maps, trees. Londres: Verso.
    Nagy, Gregory (1990). “Sema and Noesis: the hero’s tomb and the reading of symbols in Homer and Hesiod”. En Greek Mythology and Poetics. Ithaca: Cornell University Press.
    Neubauer, John (ed.) (1999). Cultural History After Foucault. Nova York: Aldine de Gruyter.
    Noiriel, Gérard (2011). Introducción a la sociohistoria. Tres Cantos: Siglo XXI.
    Platt, Verity (2011). Facing the Gods: epiphany and representation in graeco-roman art, literature and religion, Cambridge: Cambridge University Press.
    Romero Tobar, Leonardo (ed.) (2004). Historia de la literatura / Historia literaria. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza.
    Santos, Boaventura de Sousa (2011). El milenio huérfano. Ensayos para una nueva cultura política. 2ª ed. Bogotá e Madrid: ILSA & Trotta.
    Tang, C. (2008). The Geographic Imagination of Modernity. Geography, Literature, and Philosophy in German Romanticism. Stanford: Stanford University Press.
    Thacker, Andrew (2005). “The idea of a critical literary geography”. New Formations, 57: 56-73.
    Struck, Peter, (2004). Birth of the symbol: ancient readers at the limits of their texts, Princeton y Oxford: Princeton University Press.
    Vaillant, Alain (2011). L’Histoire littéraire. París: Armand Colin.
    White, Hayden (2003). El texto histórico como artefacto literario y otros escritos. Barcelona: Paidós.

    Competencias
    - Adquirir o hábito e métodos para as análises interdisciplinarias (imprescindíbeis na ‘lectura das linguaxes da cultura’).
    - Alcanzar un coñecemento crítico dos modelos máis destacados na historiografía literaria e cultural dos séculos XIX e XX e comparar eses modelos, e as metodoloxías de base, cos propios doutras series historiográficas.
    - Reflexionar con sentido crítico sobre a textualidade da Historia e a historicidade dos textos, así como sobre os usos públicos da Historia, e promover un debate sobre alternativas da Historia literaria no marco xeral da inestabilidade dos Estudos literarios e culturais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Presentación dos contidos fundamentais do seminario a través de explicacións do profesorado, acompañadas da distribución dunha bibliografía xeral e da recomendación de lectura e estudo dun corpus teórico-crítico básico que posteriormente será analizado en sesións de debate.
    Sistema de evaluación
    Efectuarase a partir da continuidade no seguemento do curso e da participación activa e rigorosa no conxunto dos debates que se desenvolvan. Nese ámbito, valorarase de maneira particular a incorporación de perspectivas innovadoras e orixinais, fundamentadas en lecturas e reflexións propias e na asimilación crítica da información fornecida polos profesores/as. O valor destes factores alcanzará o 30 % da calificación final.
    Os estudantes responsabilizaranse, tanto individualmente coma en grupo, de exposicións referidas aos apartados do programa. As intervencións terán carácter oral e irán seguidas da condución e moderación do debate que se abra, pero deberán acompañarse ademais de documentación escrita que se distribuirá á totalidade dos participantes no seminario. A adecuada preparación e presentación deses materiais escritos, o alcance teórico das propostas, a profundidade crítico-analítica no exame dos textos considerados e a boa coordinación do traballo cando se funcione en grupo serán os elementos fundamentalmente considerados na avaliación. Ademais, cada estudante presentará un traballo académico individual, referido a algún dos tres bloques do programa ou de carácter conxunto ou transversal, cunha extensión en torno ás 4.000 palabras. O valor de todos estes factores alcanzará o 70 % da calificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Presentación das sucesivas partes da materia e da súa organización: 2 horas presenciais.
    - Titoría personalizada: 3 horas presenciais.
    - Exposicións teóricas e metodolóxicas a cargo do profesor: 48 horas presenciais.
    - Debates a partir das lecturas recomendadas: 15 horas presenciais e 25 horas de traballo autónomo.
    - Lecturas complementarias: 36 horas de traballo autónomo.
    - Preparación da dirección de debates: 9 horas de traballo autónomo.
    - Traballo en grupo á marxe das sesións conxuntas: 12 horas de traballo autónomo.
    - TOTAL: 150 h.