P5191201 - Estudo e edición de textos ata o século XVII (Módulo 2: Optativas vinculadas ao Itinerario de Estudo e Edición de Textos Literarios) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Literatura Española
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Aplicación dos coñecementos xerais ao estudo e edición dos textos medievais.
2. Adquisición dun elevado nivel de especialización no estudo, edición e anotación de textos medievais.
3. Desenvolvemento e aplicación da capacidade para interpretar textos medievais.
Contidos1. Introdución á lírica trobadoresca galego-portuguesa e a súa edición. Recursos bibliográficos, gravacións musicais e recursos en rede.
2. A edición da lírica trobadoresca galego-portuguesa: os cancioneiros e os outros testemuños manuscritos. Descrición, caracterización e relacións entre eles. O proceso de constitución dos cancioneiros e o stemma codicum.
3. Edición da lírica trobadoresca galego-portuguesa. Tipos de edición: edición facsimilar, diplomática e crítica. Edicións de cancioneiros, edicións por xéneros e edicións de autor.
4. Edición da poesía tardomedieval (fins do s. XIV e comezos do XV): a escola galego-castelá e o Cancioneiro de Ferrol.
5. Edición da lírica relixiosa: Cantigas de Santa Maria. Recursos bibliográficos, gravacións musicais e recursos en rede.
6. Edición da prosa medieval galega. A circulación de textos na Idade Media. A transmisión textual. As traducións. Os textos de tipo histórico. Os romances. Os textos xurídicos. Tipos de edicións interpretativas.
Bibliografía básica e complementariaOs textos (poesía)
Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti). Cod. 10 991. 1. Reprodução facsimilada. Lisboa: Imprensa Nacional- Casa da Moeda, 1982.
Cancioneiro Português da Vaticana. Cod. 4 803. Reprodução facsimilada. Lisboa: Instituto da Alta Cultura, 1973.
Fragmento do Nobiliário do Conde Dom Pedro. Cancioneiro da Ajuda. Edição fac-similada do códice existente na Biblioteca da Ajuda. Lisboa: Távola Redonda, 1994.
Martin Codax. Cantigas. Vigo: Galaxia, 1996.
Brea, Mercedes (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.
Cohen, Rip (2003): 500 Cantigas d’ Amigo. Edição Crítica / Critical Edition. https://jscholarship.library.jhu.edu/handle/1774.2/33843
Lapa, Manuel Rodrigues (1970): Cantigas d’escarnho e de maldizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo: Galaxia. [431 cantigas; Sigla: CEM]. (É segunda edición, revista e acrecentada, da 1ª, de 1967, e inclúe un glosario).
Lopes, Graça Videira (2002): Cantigas de Escárnio e Maldizer dos Trovadores e Jograis Galego-Portugueses. Lisboa: Estampa. [474 cantigas].
Mettmann, Walter: (1959-1972): Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. [Coimbra]: Universidade, 4 vols. Reed.: Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2 vols., 1981. Reed.: Madrid, Castalia, 3 vols., 1986, 1988, 1989.
Michaëlis de Vasconcellos, Carolina (1904): Cancioneiro da Ajuda, 2 vols. Halle: Max Niemeyer. [310 + 157 = 467; Sigla: CAjuda] (O volume I contén a edición dos textos e, na reedición de Lisboa, 1900, tamén o Glosario; o volume II contén o estudo sobre o cancioneiro).
Monteagudo, Henrique (2013): «En cadea sen prijon». Cancioneiro de Afonso Páez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.). Xunta de Galicia.
Nunes, José Joaquim (1972): Cantigas d’Amor dos trovadores galego-portugueses. Lisboa: Centro do Livro Brasileiro. [266 cantigas; Sigla: Amor] (Contén as cantigas de amor non editadas por C. M. de Vasconcellos; reproduce a edición da Universidade de Coimbra, 1932; inclúe un glosario ao final).
Nunes, José Joaquim (1973): Cantigas d’Amigo dos trovadores galego-portugueses. 3 vols. Lisboa: Centro do Livro Brasileiro. [512 cantigas; Sigla: Amigo] (Contén as cantigas amigo: o vol. I estudo, o vol. II os textos, o vol. III notas e glosario; reproduce a edición da Universidade de Coimbra, 1926-28).
Polín, Ricardo (1997): Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia. A Coruña: Publicacións do Seminario de Estudos Galegos.
Recursos en rede
Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Base de datos da Lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2
The Oxford Cantigas de Santa Maria database = http://csm.mml.ox.ac.uk/index.php?p=poem_list
Os textos (prosa)
Lorenzo, Ramón (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Edición crítica anotada, con introducción, índice onomástico y glosario. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”.
Lorenzo, Ramón (1985): Crónica Troiana. A Coruña: Fundación Barrié de La Maza.
Lorenzo, Ramón (2004): Miragres de Santiago = Milagres de Santiago = Milagros de Santiago. [Valencia]: Scriptorium Ediciones Limitadas, 2 v.
Lorenzo Gradín, Pilar / José António Souto Cabo (coord.) (2001): Livro de Tristan e Livro de Merlin: estudio, edición, notas e glosario. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Martínez López, Ramón (1963): General Estoria. Versión gallega del siglo XIV. Ms. 0.I. 1. del Escorial. Edición e vocabulario. Oviedo: Universidad.
Parker, Kelvin M. (1975): Historia Troyana. Santiago: C.S.I.C. - Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos.
Pensado Tomé, José Luis (1962): Fragmento de un Livro de Tristán galaicoportugués. Anexo XIV dos CEG.
Pensado Tomé, José Luis (1958): Miragres de Santiago. Madrid: Instituto Miguel de Cervantes,
Souto Cabo, José António (2001): Crónica de Santa María de Iria (atribuída a Rui Vasques). Santiago de Compostela: Cabido da S.A.M.I. Catedral / Sada: Ediciós do Castro.
Bibliografía básica
Castro, Ivo / Mª Helena Lopes de Castro / Isabel Vilares Cepeda (1964/1973): “Normas de transcrição para textos medievais portugueses”, Boletim de Filologia 22, 417-425.
Ferrrari, Anna (1979): “Formazione e struttura del Canzoniere Portoghese della Biblioteca Nazionale di Lisbona (Cod. 10 991: Colocci-Brancuti)”, Arquivos do Centro Cultural Português, XIV, 27-142.
Ferreiro, Manuel / Carlos Paulo Martínez Pereiro / Laura Tato Fontaíña (eds.) (2007): Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval. A Coruña: Universidade da Coruña.
http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/NormaEdicionPoesiaTF.pdf Reproducido en: A edición da poesía trobadoresca en Galiza. A Coruña: Baía, 2008.
Gonçalves, Elsa (1976): “La tavola colocciana ‘Autori Portoghesi’”, Arquivos do Centro cultural Português, X, 387-406.
Lorenzo, Ramón (1988b): “Normas para a edición de textos medievais galegos”, en Dieter Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Tübingen: Max Niemeyer, vol. 6, 76-85.
Lorenzo, Ramón (2004): “Edición de documentos medievais. Problemas que presentan algunhas abreviaturas”, en Rosario Álvarez e Antón Santamarina (eds.): (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. Instituto da Lingua Galega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 449-458.
Oliveira, António Resende de (1988): “Do Cancioneiro da Ajuda ao ‘Livro das Cantigas’ do Conde D. Pedro. Análise do acrescento à secção das cantigas de amigo de ω”, Revista de História das Ideias, 10, 691-751.
Oliveira, António Resende de (1994): Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV. Lisboa: Colibri.
Ramos, Maria Ana (1994): “O Cancioneiro da Ajuda. História do manuscrito, descrição e problemas”, en Fragmento do Nobiliário do Conde Dom Pedro. Cancioneiro da Ajuda. Edição fac-similada do códice existente na Biblioteca da Ajuda. Lisboa: Távola Redonda, 27-47.
Tavani, Giuseppe (1988): “As relações entre os testemunhos ABCV”, en Ensaios portugueses. Filologia e Lingüística. Lisboa: Imprensa Nacional- Casa da Moeda, 67-99.
Tavani, Giuseppe (1993): “Edição crítica”, en Giulia Lanciani / Giuseppe Tavani (org.): Dicionário da literatura medieval. Lisboa: Caminho, 229-233.
Competencias1. Competencias xerais:
- CG1: Posuír, comprender e saber aplicar os coñecementos que aportan oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CG2: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo, a literatura universal.
- CG3: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complejidad de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CG4: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
- CG5: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
2. Competencias transversales:
- CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodológicos no campo dos Estudos Literarios e culturais.
- CT2: Que os estudantes poidan profundar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
- CT3: Que os estudantes saiban manexar as ferramentas metodológicas e técnicas para conseguir postos en distintas institucións nacionais e internacionais nos grandes grupos de comunicación, na administración e na xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
- CT4: Que os estudantes posúan os instrumentos metodológicos que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de face a distintos fenómenos culturais.
3. Competencias específicas:
- CEA1: Que os estudantes obteñan os coñecementos histórico-filológicos, retóricos e bibliográficos necesarios para o estudo e edición da literatura.
- CEA2: Que os estudantes adquiran as nocións e técnicas da metodoloxía da crítica textual.
- CEA5: Que os estudantes coñezan autores e obras da literatura universal, coas súas características fundamentais (textuales e críticas).
Metodoloxía da ensinanza Manteranse en equilibrio as explicacións teóricas xerais coa práctica. Poranse a disposición do alumno os medios materiais dispoñibles: testemuños principais das obras obxecto dun estudo textual, indicándolle os medios de consulta e acceso a eses textos (fotocopia, edición facsímile, reprodución dixital, páxinas web das principais Bibliotecas Nacionais europeas). Prevese a elaboración e publicación de guías didácticas e guías docentes que faciliten ao alumno unha información detallada achega do desenvolvemento de cada unha das materias, unha sistematización dos contidos e material didáctico complementario. Así mesmo, farase uso dos medios informáticos e tecnolóxicos dispoñibles, tanto na procura de información e na elaboración do traballo como no sistema de impartición da docencia (mediante computador, canón, lousa dixital, Tablet PC en pupitres e tarimas, videoconferencias).
Sistema de evaluaciónPara avaliar os resultados da aprendizaxe farase un seguimento persoal e directo de cada un dos estudantes, mediante os exercicios e as prácticas que se realicen na aula, así como os debates, as exposicións e a atención tutorial e personalizada. A interacción profesor-alumno efectuarase a través do traballo presencial na aula, o traballo tutorial e outras actividades como clases prácticas, lecturas, debates, comentarios, así como na exposición oral de traballos. O obxectivo e os criterios do sistema de avaliación terán en conta a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas.
O nivel de aprendizaxe conseguida polos estudantes expresarase con cualificacións numéricas que se reflectirán no seu expediente académico xunto coa porcentaxe de distribución destas cualificacións sobre o total de alumnos que cursasen os estudos da titulación en cada curso académico.
Para demostrar que se adquiriron as competencias e obter os créditos obrigatorios será necesario asistir ás sesións presenciais e realizar os exercicios ou probas (escritos e orais) asociados á teoría e a práctica das materias impartidas nos módulos. O resultado destas probas deberá demostrar, por tanto, que se cumpriron os obxectivos establecidos e que o alumno adquiriu as competencias fixadas en cada módulo e materia.
Sistema de avaliación ponderado
AVALIACIÓN DO TRABALLO PRESENCIAL NA aula porcentaxe
Avaliación das clases de lousa 10%
Avaliación das clases con computador 5%
Evaluación das titorías en grupo 10%
Avaliación doutras sesións con profesor (debates, exposicións) 5%
Porcentaxe total da avaliación polo traballo presencial na aula 30%
RESULTADO DO TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 20%
Lectura dos textos literarios dos programas 20%
Avaliación das tutorías en grupo 10%
Consultas bibliográficas 20%
Outras tarefas propostas polo profesor: preparación de esquemas, elaboración de bibliografías 10%
Porcentaxe total da avaliación polo traballo persoal do alumno 70%
Tempo de estudo e traballo persoal A materia prevé un total de 24 horas docentes distribuidas do siguiente xeito: 12 horas de clases expositivas, 9 horas de clases interactivas e 3 horas de titorías.
Traballo persoal: Estudo autónomo individual ou en grupo
Lectura dos textos literarios dos programas
Consultas bibliográficas
Outras tarefas propostas polo profesor: preparación de esquemas, elaboración de bibliografías 1
Recomendacións para o estudo da materiaConsulta da bibliografía e dos recursos en rede.
Cotexo dos textos nas reproducións facsímiles coas edicións contemporáneas.