Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191203 - Transferencias literarias e culturais (Módulo 3: Optativas vinculadas ao Itinerario de Estudios teóricos e comparados da literatura e da cultura) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Italiana, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Filoloxía Latina, Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA.NON
LONGA MARTINEZ, VICTOR MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo central desta materia é a análise das transferencias literarias e culturais dende a perspectiva da tradución. Para elo, cómpre determinar a relación entre a tradución e a noción de cultura. Tras a presentación da concepción moderna da tradución, exporanse dúas visións sobre a relación entre cultura e tradución: por unha banda, a visión segundo a cal a cultura é simplemente un máis dos factores que moldean o proceso de tradución, e, por outra banda, a visión, moito máis radical, que sostén que a cultura é o macrofactor no que se insiren o resto dos factores da tradución, de xeito que toda tradución sería fundamentalmente un trasvase intercultural, cuxa orixe reside na cultura meta. Ao tempo, exploraranse as implicacións teóricas de cada unha destas dúas perspectivas no que atinxe á natureza das transferencias literarias e culturais.

    Contidos
    Noción de tradución
    A traducción no marco xeral dos estudos literarios e da cultura
    Relación entre cultura e tradución
    A cultura como un factor máis da tradución
    A traducción coma un trasvase intercultural: Gideon Toury

    Bibliografía básica e complementaria
    Carbonell, Ovidi (1999): Traducción y cultura: de la ideología al texto. Salamanca: Almar.
    Gambier, Y. e L. van Doorslaer (eds.) (2010): Handbook of Translation Studies. Vol. 1. Amsterdam: John Benjamins.
    Lambert, José e André Lefevere (eds.) (1993): La traduction dans le développement des littératures / Translation in the Development of Literatures. Frankfurt am Main: Lang.
    Lefevere, A. (1992): Translating, rewriting, and the manipulation of literary fame. London: Routledge.
    Malmkjaer, Kirsten e Kevin Windle (eds.) (2011): The Oxford Handbook of Translation Studies. Oxford e New York: Oxford University Press (esp., cap. 7).
    Moya, Virgilio (2004): La selva de la traducción. Teorías traductológicas contemporáneas. Madrid: Cátedra.
    Toury, Gideon (1995): Descriptive translation studies and beyond. Amsterdam: John Benjamins. Trad. de R. Rabadán e R. Merino, Los estudios descriptivos de traducción y más allá. Madrid: Cátedra, 2004.
    Venuti, Lawrence (2008): The Translator’s Invisibility: A History of Translation. London: Routledge.
    Vidal Claramonte, Mª. del Carmen África (1995): Traducción, manipulación, deconstrucción. Salamanca: Ediciones Colegio de España.

    Competencias
    Coñecer as principais características da noción moderna de tradución fronte á concepción tradicional
    Recoñecer o papel fundamental da tradución nas transferencias literarias e culturais
    Coñecer as diferentes relacións que se poden establecer entre cultura e tradución
    Entender a visión da tradución coma un trasvase intercultural, e ser quen de aplicala de xeito práctico




    Metodoloxía da ensinanza
    A materia está concibida para estudantes que asistan con regularidade ás sesión de clase, en concordancia co carácter obrigatorio da asistencia. Os principais contidos serán desenvolvidos nas sesións de clase (expositivas e de seminario). Ao tempo, os estudantes deberán facer algunhas lecturas obrigatorias que complementen os contidos expostos. Todo elo pretende facilitar ao alumnado unha base sólida para adquiriren coñecemento (e para poder aplicalo a exemplos concretos) e tamén para guiar o seu traballo autónomo

    Sistema de evaluación
    A nota final da materia terá moi en conta a participación activa e informada nas diferentes sesións, así como a realización de lecturas indicadas e outras posibles actividades propostas polos profesores. Ademáis, contémplase a realización de exposicións, traballos (que non excedan de 10 páxinas) e, se estimara preciso, un exame. Por outra banda, lémbrase que a asistencia é obrigatoria, e as ausenzas sen xustificar que superen o 25% das horas de docencia da materia implicará o suspenso final da mesma.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    As horas non presenciais reflexadas son unha estimación xeral das horas de traballo autónomo do alumnado (asimilación de contidos e realización de lecturas, traballos ou outras actividades):

    Sesións expositivas: 12 horas presenciais + 24 non presenciais
    Sesións de seminario: 6 horas presenciais + 12 non presenciais
    Tutorías programadas: 2 horas presenciais + 4 non presenciais
    Total: 20 horas presenciais + 40 non presenciais: 60 horas totales

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumnado que se matricule nesta materia debe poder estar en disposición de ler traballos en inglés