Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191206 - O legado clásico (Módulo 4: Optativas do Itinerario de Estudo e Edición de Textos Literarios) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego
  • Áreas: Literatura Española, Filoloxía Grega
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RUIZ PEREZ, ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Achegar aos alumnos polo menos ás cuestións centrais da tradición das literaturas grega e romana nas literaturas modernas.
    Realizar estudos de detalle de aspectos centrais da conformación do clásico nas literaturas modernas, por medio da análise dos elementos temáticos e de composición: tópoi, organización genérica nas literaturas modernas en relación cos xéneros clásicos, grandes liñas de ideas.
    Contidos
    1. Principios metodolóxicos:
    A tradición clásica: concepto, pertinencia, centralidade.
    Instrumentos de traballo. Bibliografía.

    1.1. Historia literaria e recepción. Grandes fitos.
    Historia da investigación en tradición clásica. A Historia da Filoloxía Clásica.
    Grandes periodos históricos e pervivencia do clásico.

    1.2. Imitación e innovación na historia da literatura e da cultura.
    Tema monográfico: Grecia e Roma na obra de Clarín: topoi, citas, mitos.
    A teoría literaria na práctica clariniana.

    1.3. Tradición clásica secundaria: citar de oídas aos clásicos grecolatinos
    Tema monográfico: A transmisión da literatura grecolatina por medio de referencias secundarias.
    A apropiación do clásico no Século de Ouro: antologías, apropiaciones, citas.



    2. A tradición grecolatina na literatura europea.
    Tema monográfico: A novela de formación na primeira postguerra en España.
    O clasicismo como refuxio burgués. Clasicismo e fascismo. Clasicismo fronte a cristianismo. Análise da obra de Julián Ayesta.

    2.1. Bucolismo greco-latino na literatura española de principios do século XX.
    A literatura bucólica grecolatina: orixes, caracterización e obras.
    Trazos da transmisión da literatura bucólica en Occidente.
    Tema monográfico: o bucólico na prosa castelá do primeiro terzo do século XX.
    Bibliografía básica e complementaria
    Cristóbal, V. “Tradición clásica: concepto y bibliografía” Edad de Oro 24, 2005, 27-46.
    Curtius, E. R. 1955. Literatura europea y Edad Media Latina. 2 vols. México: FCE.
    García Jurado, F. “¿Por qué nació la juntura Tradición Clásica?: razones historiográficas para un concepto moderno”. CFC(L) 27, 2007, 161-192
    Gil, L. (1996), “La Tradición clásica en la literatura española”. En M. Puig Rodríguez-Escalona (ed.), Tradició Clàssica. Actes de l’XI Simposi de la Secció Catalana de la SEEC. Andorra, 53-73
    Gil, L. 1997. Panorama social del humanismo español (1500-1800). 2ª ed. Madrid: Tecnos.
    Hardwick, L. and C. Stray eds. 2008. A Companion to Classical Receptions. Malden: Blackwell
    Kallendorf, C. W. ed. 2007. A Companion to the Classical Tradition. Malden: Blackwell
    Grafton, A., G. W. Most and S. Settis, eds. 2010. The Classical Tradition, Cambridge: Harvard University Press
    Hernández Miguel, L. A. 2008. La tradición clasica. La transmisión de las literaturas griega y latina antiguas y su recepción en las vernáculas occidentales. Madrid: Liceus
    Highet, G. 1954. La tradición clásica. Influencias griegas y romanas en la literatura occidental. México: FCE.
    Hualde Pascual, P. y M. Sanz Morales eds. 2008. La literatura griega y su tradición. Akal: Madrid.
    Laguna Mariscal, G. 1994. “Literatura comparada y tradición clásica”. Anuario de Estudios Filológicos 17, 283-93.
    Lida De Malkiel, M. R. 1975. La tradición clásica en España. Barcelona: Ariel.
    Miralles, C. 1988. “La literatura griega en las literaturas hispánicas”. En J. A. López Férez ed., Historia de la literatura griega. Madrid: Cátedra, 1208-23.
    Signes Codoñer, J. et al. 2005. Antiquae Lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Francesa. Madrid: Cátedra.

    Competencias
    CG1: Posuír, comprender e saber aplicar os coñecementos que aportan oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
    - CG2: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo, a literatura universal.
    - CG3: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complejidad de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    - CG4: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
    - CG5: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
    2. Competencias transversales:
    - CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodológicos no campo dos Estudos Literarios e culturais.
    - CT2: Que os estudantes poidan profundar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
    - CT3: Que os estudantes saiban manexar as ferramentas metodológicas e técnicas para conseguir postos en distintas institucións nacionais e internacionais nos grandes grupos de comunicación, na administración e na xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
    - CT4: Que os estudantes posúan os instrumentos metodológicos que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de face a distintos fenómenos culturais.
    3. Competencias específicas:
    - CEA5: Que os estudantes coñezan autores e obras da literatura universal, coas súas características fundamentais (textuales e críticas).
    - CEA6: Que os estudantes coñezan as características fundamentais da literatura, desde unha perspectiva histórica, crítica, retórica, teórica e comparada.
    - CEA7: Que os estudantes adquiran unha ampla comprensión do concepto de Literatura Europea, desde un punto de vista comparado, revisando cuestións de índole historiográfica e geocultural.
    Metodoloxía da ensinanza
    1. Traballarase en clase a partir dun guion de cada un dos temas.
    2. As clases presenciales fundirán, na medida do posible e de acordo co enunciado de cada tema, a exposición teórica e o traballo práctico. Nas sesións de clase orientarase sobre a bibliografía pertinente e daranse as orientacións correspondentes a cada un dos puntos que se vaian abordando.
    3. Contémplase a intervención dos estudantes con breves exposicións sobre aspectos concretos, que poidan ser obxecto de debate.
    4. Procesos de aprendizaxe: a parte práctica da asignatura suscitarase como consulta directa de fondos bibliográficos históricos e culturais que permitirá verificar as nocións teóricas e críticas adquiridas. Así mesmo, os coñecementos asimilaranse a partir do comentario literario e da análise cultural.
    Sistema de evaluación
    A avaliación final do alumno aplicará os criterios xerais de ponderación.
    A nota final da materia terá moi en conta a participación activa e informada nas sesións, así como a realización das lecturas indicadas e outras actividades propostas polo profesor.
    3. Así mesmo, tendo en conta as circunstancias de cada alumno e materia, poderase solicitar a realización de traballos e/ou exame.
    4. Á hora de proceder á avaliación do alumno os profesores terán en conta:
    -A asistencia e participación nas diferentes actividades das sesións co profesor. (40% da nota global). A asistencia é obligatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25 % das horas de docencia implicará o suspenso final.
    - A resolución dos exercicios que nelas se susciten e/ou a defensa oral dun traballo que demostrará a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas (60%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    5 horas semanais