P5191207 - Literatura e memoria (Módulo 4: Optativas do Itinerario de Estudo e Edición de Textos Literarios) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Latín e Grego, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Latina, Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudar as relacións entre os procesos de memoria e os procesos discursivos sociais e históricos nun medio particular: a literatura. Abórdase o tratamento da memoria histórica e individual na literatura, levando a cabo unha análise das posicións do suxeito no texto. Farase tamén referencia ás adaptacións cinematográficas de obras literarias sobre o tema.
ContidosA materia divídese nos seguintes apartados:
1. Aproximación teórica
2. A representación literaria da memoria
3. Escritura da memoria despois de Auschwitz
4. A memoria da guerra civil nas narrativas peninsulares: o caso galego
Bibliografía básica e complementariaAguilar Fernández, Paloma. Memoria y olvido de la guerra civil epañola. Madrid, Alianza, 1996
Aróstegui, Julio e Godicheau, François (eds.). Guerra civil. Mito y memoria. Madrid, Marcial Pons, 2006.
Baer, Alejandro. Holocausto. Recuerdo y representación. Losada, 2006.
Bauman, Zygmunt. Modernidad y holocausto. Madrid, Sequitur, 1997.
Erll, Astrid e Ansgar Nünning (eds.). A companion to cultural memory studies. Berlin-New York, De Gruyter, 2010 (sobre todo os traballos de Jan e Aleida Assmann)
Erll, Astrid e Ansgar Nünning (eds.). Cultural memory Studies: An International and Interdisciplinary Handbook. Berlin, Walter de Gruyter, 2008.
Erll, Astrid. Kollektives Gedächtnis und Erinnerungskulturen. Eine Einführung. Stuttgart, Metzler, 2005.
Gómez Pato, Rosa Marta (2009). “Ausencias que permiten la reflexión individual femenina y la palabra escrita: posibilidades para la memoria, el duelo y el olvido.” En Mujeres y ausencias. Duelo y escritura. Frankfurt/M., Peter Lang, 105-124.
Halbwachs, Maurice. Los marcos sociales de la memoria. Barcelona, Anthropos, 2004
--------------La memoria colectiva. Zaragoza, Prensas universitarias, 2004.
Hirsch, Marianne. Family frames. Photography, narrative and postmemory. 2ª ed. Cambridge (Mass.)- London, Harvard University Press, 2002.
Huyssen, Andreas. En busca del futuro perdido. México, Fondo de cultura económica, 2002
Jelin, Elizabeth. Los trabajos de la memoria. Madrid, Siglo XXI, 2002.
Juliá, Santos. Elogio de Historia en Tiempo de Memoria. Marcial Pons-fund. Alfonso Martín Escudero, 2011.
Lacapra, Dominick. Historia en tránsito. Experiencia, identidad, teoría crítica. México-Buenos Aires, Fondo de cultura económica, 2006.
Liikanen, Elina (2010): “Mémoires du conflit, mémoires en conflit: représentations de la guerre civile et du franquisme dans le roman espagnol actuel”. En Les langues néo-latines, 354, 45-64.
Mainer, José C. e Juliá, Santos. El aprendizaje de la libertad. 1973-1986. Madrid, Alianza, 2000.
Ruiz-Vargas, José Mª (comp.).VV. AA. Claves de la memoria. Madrid, Trotta, 1997.
Sarlo, Beatriz. Tiempo pasado. Cultura de la memoria y giro subjetivo. Una discusión. Buenos Aires, Siglo XXI, 2005.
Todorov, Tzvetan. Los abusos de la memoria. Barcelona, Paidós, 2008.
Vilavedra Fernández, Dolores (2006). “A guerra civil na narrativa galega. Un ámbito moral”. En Grial, nº 170. Vigo, Galaxia, 128-133.
-------------“Guerra civil y literatura gallega”. En Revista internacional de estudios vascos (RIEV) 8, 2011. Monográfico “Literaturas ibéricas y memoria histórica”.
VV. AA. Guerra civil. Mito y memoria. J. Aróstegui y F. Godicheau eds. Madrid, Marcial Pons, 2006.
VV. AA. Lugares de memoria de la Guerra Civil y el franquismo. Representaciones literarias y visuales. Ulrich Winter ed., Madrid-Frankfurt, Iberoamericana-Vervuert, 2006.
Weinrich, Harald. Leteo: Arte y crítica del olvido. Traducción de Carlos Fortea. Madrid, Siruela, 1999.
Welzer, Harald; Eichenberg, Ariane; Gudehus, Christian (eds.). Gedächtnis und Erinnerung: ein interdisziplinäres Handbuch, Stuttgart, Metzler, 2010.
CompetenciasPreténdese que nesta materia o alumnado adquira as seguintes competencias específicas:
-que os estudantes adquiran un coñecemento básico dos principais conceptos teóricos relacionados coa cuestión do tratamento literario da memoria, así como da orixe epistemolóxica e a aplicación analítica deses conceptos.
-que coñezan un corpus de obras narrativas relevantes sobre o tema seleccionadas nas literaturas alemá, española e galega.
-que sexan quen de contextualizar ditas obras para poder analizar as súas singularidades no tratamento da cuestión da memoria histórica tanto dende unha perspectiva herménutica coma comparada.
-que, dende una ampla comprensión dos fenómenos literarios, consigan relacionar o tema estudado no seminario con outros fenómenos culturais e sociais en relación cos particulares contextos de cada literatura
Metodoloxía da ensinanza 1. Traballarase na aula a partir dun guión de cada tema.
2. As clases presenciais combinarán, na medida do posible e en función do enunciado de cada tema, a exposición teórica e o traballo práctico. Nas sesións presenciais comentarase a bibliografía pertinente e daranse as orientacións correspondentes a cada un dos puntos que se vaian abordando.
3. Contémplase a intervención dos estudantes con breves exposicións sobre aspectos concretos, que poidan ser obxecto de debate.
4. Procesos de aprendizaxe: a parte práctica da materia concíbese como consulta directa de fondos bibliográficos históricos e culturais que permita verificar as nocións teóricas e críticas adquiridas. Ademais, procurarase que os coñecementos se asimilen a partir do comentario literario e da análise da cultura
Sistema de evaluaciónA avaliación final do estudantado aplicará os criterios xerais de ponderación.
A nota final da materia terá moi en conta a participación activa e informada nas sesións, así como a realización das lecturas indicadas e outras actividades propostas polas profesoras.
Tendo en conta as circunstancias de cada alumno, poderase solicitar a realización de traballos e/ou exame.
Á hora de proceder á avaliación, as profesoras terán en conta:
- A asistencia e participación nas diferentes actividades das sesións presenciais (40% da nota global). A asistencia é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25 % das horas de docencia implicará o suspenso final.
- A resolución dos exercicios que nas clases se propoñan e/ou a defensa oral dun traballo que demostrará a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas (60%).
Tempo de estudo e traballo persoal75 horas totais de traballo presenciais e non presenciais. Estas últimas dedicaranse principalmente ás lecturas e á preparación dos traballos/exposicións.
Total volume de traballo: 3 horas semanais, aproximadamente.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase participar con regularidade e de xeito activo nas clases.
É conveniente realizar as lecturas antes do comezo do curso ou, polo menos, antes de que se traten en clase.
Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
Participar ou organizar encontros ou charlas literarias, elaborar un blog con amigos/as ou compañeros/as para debatir sobre os textos, películas e traballos.