Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191210 - Renacemento e renacementos na literatura occidental (Módulo 4: Optativas do Itinerario de Estudo e Edición de Textos Literarios) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Románica, Literatura Española, Filoloxía Latina
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GUTIERREZ GARCIA, SANTIAGO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo básico da materia consiste en familiarizar ao estudante con as condicións de desenvolvemento xerais da literatura medieval en lingua vernácula. Para iso aplícase un método comparatista, no que se teñan en conta as manifestacións literarias nas diversas linguas do Occidente medieval, tanto vernáculas como latina, e tamén as condicións culturais que fixeron posible o xurdimento, no século XII, destas novas tradicións literarias.
    Contidos
    - A Idade Media e os renacementos medievais. O renacemento do século XII
    - O xurdimento da cultura cortés. Condicións sociais e intelectuais.
    - Renacemento e recuperación. Perspectivas do século XII ante o pasado clásico.
    - O renacemento literario. A eclosión das linguas vulgares.
    - As condicións do desenvolvemento literario.
    - A lírica dos séculos XII e XIII
    - A narrativa. Dos relatos clásicos aos ciclos en prosa do século XIII.

    Bibliografía básica e complementaria
    Badel, P. Y., Introduction à la vie littéraire du Moyen Âge, Bordas / Mouton, Paris, 1969.
    Battaglia, S., La conscienza letteraria nel Medioevo, Liguori, Napoli, 1965.
    Benson, L., e Constable, G. (eds.), Renaissance and Renewal in the Twelfth Century, Clarendon Press, Oxford, 1982.
    Bloch, M., La société feudal, Albin Michel, Paris, 1989 (1ª ed. 1939).
    Boitani, P., et alii (eds.), Lo spazio letterario del Medioevo, t. I: Il medioevo volgare, Salerno Editrice, Roma, 1999.
    Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media latina, Fondo de Cultura Económica, México, 1981 (1ª ed. 1948).
    Dales, R. C., The Intellectual Life of Western Europe in the Middle Ages, E. J. Brill, Leiden, 1992 (2ª ed.).
    Murphy, J. J., La retórica en la Edad Media. Historia de la teoría retórica desde San Agustín hasta el Renacimiento, Fondo de Cultura Económica, México, 1986 (1ª ed. 1974).
    Verger, J., La Renaissance du XIIe siècle, Le Cerf, Paris, 1996.
    Vinaver, E., À la recherche d’une poétique médiévale, Hizet, Paris, 1970.
    Zumthor, P., Essai de poétique médiévale, Éditions du Seuil, Paris, 1972.
    Zumthor, P., La lettre et la voix de la ‘littérature’ médiévale, Éditions du Seuil, Paris, 1987.

    Competencias
    Estudo dos conceptos e coñecementos básicos da literatura medieval
    Análise dos conceptos do comparatismo literario aplicados á literatura do devandito período
    Estudo das diversas tradicións literarias e a súa relación con outras series históricas

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta de 3 créditos, que se desglosan en 9 horas de clase expositiva, 12 de horas de seminario e 3 de titorías.
    Está prevista a participación activa do alumnado. O profesor desenvolverá os temas de clase baseándose en explicacións apoiadas eventualmente por textos e outros tipos de materiais gráficos e audiovisuais. Considérase esencial a asistencia a clase, por canto se pretende dar un sesgo práctico á materia.
    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación continua, baseado no seguimento dos estudantes nas aulas, na participación activa nestas e na realización de actividades individuais ao longo do curso, que se complementará coa realización dun traballo final de carácter individual.
    Os diferentes apartados nos que se desglosa o sistema de avaliación distribúense de acordo co seguinte valor á hora de calcular a cualificación final:
    a) Asistencia a aula: 30% da nota final, computando tanto a presencialidade como a participación nas actividades da aula
    b) Realización de traballos: 70%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos, que se desglosan en 9 horas de clase expositiva, 12 de horas de seminario e 3 de titorías. Para os alumnos calcúlanse 75 horas de traballo.