Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191211 - Formas e xéneros poéticos (Módulo 4: Optativas do Itinerario de Estudo e Edición de Textos Literarios) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Italiana, Literatura Española, Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Blanco Garcia, Carmen.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer a linguaxe poética nas súas formas e xéneros, a través da práctica poética de Rosalía de Castro.

    2. Coñecer de maneira teórica e práctica a obra poética de Rosalía de Castro nos seus contextos.

    Contidos
    1- FORMAS E XÉNEROS POÉTICOS: CONCEPTOS

    2- COÑECEMENTO TEÓRICO-PRÁCTICO DA LINGUAXE POÉTICA
    2.1. OS TEXTOS: retóricas poéticas
    2.2. OS CONTEXTOS: contextos artísticos, histórico-sociais, antropolóxico-etnográficos, ideolóxico-filosóficos, biográfico-psicolóxicos...

    3- ROSALÍA DE CASTRO

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    Rosalía de Castro, Obras completas, Edición Turner, Madrid, 1993.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Carmen Blanco, Sexo e lugar, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2006.
    Aurora López / Andrés Pociña, Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica, Vols, I, II e III, Fundación Barrié, A Coruña, 1991 e 1993.
    Claudio Rodríguez Fer, Comentario de textos contemporáneos, Edicións Xerais, Vigo, 1992.



    Competencias
    1. Coñecer e recoñecer a poética de Rosalía de Castro
    2. Coñecer e recoñecer a diversidade dos materiais textuais existentes no ámbito poético.
    3. Coñecer e recoñecer a diversidade dos contextos existentes no ámbito poético.
    4. Comprender e interpretar as creacións poéticas nas súas formas e xéneros.

    Metodoloxía da ensinanza
    Traballo expositivo e interactivo, persoal e colectivo, na aula, baseado, fundamentalmente, nas lecturas concretas da bibliografía primaria propostas, e traballo persoal do alumnado sobre outras lecturas e outras actividades propostas.
    Sistema de evaluación
    A avaliación será continuada e valorarase tanto o traballo cotián como o resultado final das probas realizadas.

    A nota final da materia terá moi en conta a participación activa e informada nas sesións, así como a realización das lecturas indicadas e outras actividades propostas. Realizaranse exposicións, traballos breves e, se se estima preciso, un exame. A asistencia é obrigatoria, e non se pode superar o 25% de ausencias sen xustificar.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumnado participará en 24 horas presenciais, expositivas e interactivas á vez, e realizará 75 horas totais de traballo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase unha actitude activa e ler a bibliografía básica mínima que se indicará na aula.
    Observacións
    Segundo as necesidades concretas do alumnado, na aula facilitarase información sobre edicións bilingües ou traducións da obra de Rosalía de Castro a outras linguas distintas da lingua galega e castelá orixinais da autora.