P5191215 - Planificación da cultura e creación de empresas “spin-off” (Módulo 6: Optativas do Itinerario de Estudios teóricos e comparados da literatura e da cultura) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Os estudantes estarán en disposición de ter unha perspectiva clara das posibilidades de aplicabilidade e transferencia de resultados de investigación.
2. Os estudantes adquiren os fundamentos para a orientación da investigación cara á transferencia e as ferramentas para ese cometido.
Contidos1. Mudanzas sociais e culturais. Novas realidades sociais e económicas e o seu carácter incipiente.
2. Cambio na cultura académica.
3. Fundamentos teóricos e principais aplicacións da intervención práctica nos campos culturais.
4. A cultura através da planificación.
5. Da investigación básica á investigación aplicada no ámbito das Ciencias Humanas.
6. A transferencia de resultados.
7. Perspectivas profesionais.
Bibliografía básica e complementariaCastro Martínez, E., Fernández de Lucio, I., Pérez Marín, M. e Criado Boado, F. (2008) “La transferencia de conocimientos desde las Humanidades: posibilidades y características”. Arbor CLXXXIV – 732: 619-636.
Legacies 2010 & Creative City Network of Canada (2010) Cultural Plannin Toolkit. Acessível em http://www.creativecity.ca/database/files/library/cultural_planning_toolkit.pdf
European Comisssion (2006) The Economy of the culture in Europe. Disponível em
http://ec.europa.eu/culture/key-documents/doc873_en.htm#bad_nodepdf_word/economy_cult/executive_summary.pdf
Lima, I. Pires de. (2009) “Universidade, Humanidades, Cultura: novos desafios / novas oportunidades”. Nonada. Letras em Revista. 12 (2009): 6-15. Disponível através de http://seer.uniritter.edu.br/index.php/nonada/article/view/74/80.
Porta, P. (2008). “Economia da cultura: um setor estratégico para o país”. Disponível em http://www.cenpec.org.br/biblioteca/cultura/artigos-academicos-e-papers/economia-da-cultura-um-setor-estrategico-para-o-pais
Ruíz Navarro, J. (2009) Creación de empresas en el ámbito cultural. Madrid: Fundación Autor – SGAE.
Torres Feijó, E. J. (2011): “Estudos literários, confiabilidade e perspectivas laborais”. Pensar a Literatura no Séc. XXI (J. Amadeu Silva, J. Cândido Martins e M. Gonçalves, coords.). Braga: Publicações da Faculdade de Filosofia - Universidade Católica Portuguesa. 241- 256.
CompetenciasPoseer, comprender e saber aplicar os coñecimentos que aportan oportunidade de ser original no desenvolvimento e na aplicación de ideas, particularmente nun contexto de investigación.
Aplicar os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espíritu crítico e reflexivo, áxil e prático, de cara a diversos fenómenos culturais, económicos e sociais.
Saber abordar problemas práticos relativos aos estudos “literarios e culturais” no ámbito da empresa.
Metodoloxía da ensinanza 1. O traballo en sala de aulas será organizado a partir de un guia para cada un dos temas.
2. As aulas presenciais fundirán, na medida do posíbel e de acordo co enunciado de cada tema, a exposición teórica e o trabalho prático.
3. Contémplase a posibilidade de os estudantes interviren con breves exposicións sobre aspectos concretos, que podan ser obxeto de debate.
Sistema de evaluación1. A avaliación final do aluno aplicará os criterios xerais de ponderación.
2. Na nota final da materia terá un peso importante a participación activa e informada nas sesións, así como a realización das leituras indicadas e outras actividades propostas.
3. Tomando en conta as circunstancias de cada aluno e materia, poderá solicitarse a realización de traballos e/ou exame.
4. Á hora de proceder á avaliación do aluno serán considerados:
- A asistencia e participación nas diferentes actividades das sesións presenciais (40% do total).
A asistencia é obrigatoria, de tal forma que un número de ausencias sen xustificar superior a 25 % das horas de docencia implicará o suspenso final.
- A resolución dos exercicios encomendados nas aulas e/ou a defensa oral de un traballo que demostrará a adquisición das competencias establecidas (60% do total).
O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalA carga de créditos da cadeira (3) equivale a 75 horas de traballo do estudante.
A materia prevé un total de 24 horas docentes distribuidas do seguinte modo: 12 horas de aulas expositivas, 9 horas de aulas interactivas e 3 horas de tutorías.