P5191218 - Estudos interartísticos (Módulo 6: Optativas do Itinerario de Estudios teóricos e comparados da literatura e da cultura) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoPortuguésObxectivos da materiaO curso está dividido, en todos os sentidos, en dúas partes complementares, cada unha delas da responsabilidade de un profesor:
Parte 1)
Tomar consciencia do relacionamento existente entre Arquitectura (en xeral e nos seus diversos espazos públicos e privados) e Literatura, a través de exemplos. Aproximar o problema xeral da representación artística, o problema da autenticidade na arte e ao papel cognitivo das artes.
Parte 2)
Que os alumnos interioricen adecuadamente e inccorporen á súa bagaxe cultural, intelectual e científica os cambios de paradigmas científicos, filosóficos, sociolóxicos e artísticos que emerxeron na segunda parte do século XIX e fixeron eclosión nas primeiras décadas do XX proxectando a súa influencia nas diversas artes e tamén no ámbito da literatura.
ContidosParte 1)
Arquitectura e Literatura son dous mundos criativos que con excesiva frecuencia se desentenden: en certos autores e obras a liña fronteiriza é transposta de modo mais evidente e aparece un territorio maior partillado. Este bloco da matéria é dedicada à caligrafia dese espazo, na análise ou topoanálise a través de textos. Mostra-se a fenomenoloxia do home e sua relación co mundo por meio do exame de textos onde a arquitectura e a espacialidade representan unha preocupación mais evidente. A casa e a Literatura, a construción da cidade ficcional, as illas, o jardin, a floresta urbana, os mapas. Todo iso na e coa Literatura.
CONTIDOS ESPECÍFICOS:
0. Material de construción. Planos. Volumes. Mapas.
1. Texto e arquitectura. Compostela na Literatura.
2. Cidade. Mais Cidades (Lisboa, Porto, Barcelona).
3. A non-cidade. A grande Metrópole (S. Paulo).
4. A Cidade Simbólica. Cidade Utópica.
5. A casa. O cofre. A cuncha.
6. Espazo sonoro. Espazo aromático. Espazo iluminado.
7. Jardin. Jardin das Hespérides. Mais jardins.
8. A Illa. A Illa dos Amores. Mais illas.
9. O Café. O Hotel. O Cais.
10. O Espazo cultural. A arquitectura Maravillosa.
Parte2)
Analizar as novas formas interartísticas (caligramas, colaxes, letrismo, etc.) que xurdiron das propostas de certos -ismos (futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo...) e procurar exemplos na literatura galega, fundamentalmente na da Época Nós, con atención especial a casos concretos de paratextos na ilustración de obras da literatura galega, tratando de explicar a influencia e límites de algúns -ismos vangardistas na súa configuración, relacionando todo coa renovacións da arte galega e coa construción do discurso identitario nacionalista naquela altura.
CONTIDOS ESPECÍFICOS
1) Novos paradigmas científicos, filosóficos, artísticos, sociolóxicos, etc., emerxentes na segunda metade do século XIX. A "morte de Deus", o asalto á Razón, a Psicoanálise, o Intuicionismo, a Teoría da relatividade, etc.
2) Concepto de vangarda.
3) Os -ismos artísticos
4) O manifesto como xénero literario. A retórica do manifesto. Os manifestos das vangardas artísticas. Principais manifestos literarios.
5) Manuel Antonio e o seu manifesto "¡Máis alá!"
6) A construción do discurso nacionalista galego a partir da fundación das Irmandades da Fala da Coruña (1916)
7) Textos sobre arte e nacionalismo na Época Nós.
8) A renovación da Arte Galega na Época Nós: asimilacións e limitacións. Figuración e abstracción.
9) A actividade editorial na Época Nós. Libros e publicacións periódicas na Galicia territorial e na Galicia da emigración.
10) Rexionalismo e Nacionalismo na Arte galega. Análise comparativa entre as ilustracións paratextuais decimonónicas e da Época Nós.
Bibliografía básica e complementariaParte 1)
BACHELARD, Gaston. A poética do espaço. Os Pensadores. São Paulo, Abril Cultural, 1978 / São Paulo: Martins Fontes, 1998 / São Paulo: Victor Civita, 1984, 354 pp.
BENEVOLO, Leonardo. Projectar a cidade moderna. Lisboa: Presença, 1980. 293 pp.
CULLEN, Gordon. Paisagem urbana. Lisboa: Ed. 70, 1993.
FERRARA, Lucrecia D`Alessio. Ver a cidade: cidade, imagem, leitura. São Paulo, 1988.
GOODMAN, Nelson. Linguagens da Arte: Uma Abordagem a uma Teoria dos Símbolos. Lisboa: Gradiva, 2006, 288 pp. (Traduçom de Vítor Moura, Universidade do Minho, e Desidério Murcho, King's College London)
HALL, Edward. A Dimensão Oculta. Lisboa: Ed. Relógio D`água, 1986.
LYNCH, Kevin. A imagem da cidade. São Paulo: ed. Martins Fontes, 1997.
MUNFORD, Lewis. A Cidade na História. Belo Horizonte: Itatiaia. 1965.
NORBERG-SCHULZ, Christian, Intenciones en arquitectura. Barcelona, ed. G. Gili, 1998.
PARRA BAÑON, J. Joaquín. Pensamento Arquitectónico na Obra de José Saramago. Lisboa: Ed. Caminho, 2004, 328 pp.
PRINZ, Dieter, Urbanismo. Lisboa: ed. Presença, 1980.
ROSSI, Aldo. A Arquitetura da Cidade. São Paulo: ed. Martins Fontes, 1995.
SALLES, Cecilia Almeida. Redes da criação: construção da obra de arte. Vinhedo-São Paulo: Editora Horizonte, 2006, 176 pp. (Prefácio de Jean-Claude Bernardet).
SANTOS, Carlos Nelson. A cidade como um jogo de cartas. Niterói: EDUFF, 1988.
TUAN, Yi-Fu, Espaço e lugar: a perspectiva da experiência. São Paulo: ed. DIFEL, 1983.
(Para alén destas referencias xerais, será entregado material impreso fotocopiado)
Parte 2)
Calle-Gruber, Mireille et Elisabeth Zawisza (eds.). 2000. Paratextes. Études aux bords du texte, Paris-Montréal: L’Harmattan
Compagnon, Anthony. 1979. La seconde main, Paris: Éditions du Seuil.
Derrida, Jacques, 2001 (1978). La vérité en peinture, Paris: Flammarion. Versión española, La verdad en la pintura, Buenos Aires: Paidós.
Equipo Glifo. 1998, 2003. Dicionario de termos literarios (A-D, E-H), Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos DiTerLi: http://www.cirp.es
Genette, Gérard. 1987. Seuils. Paris: Éditions du Seuil.
Narratologie, monográfico “Le paratexte”, nº 1, 1998, Nice: Centre de Narratologie Apliquée, Publication de la Faculté des Lettres, Arts et Sciencies Humaines de Nice, Université de Nice-Sophia Antipolis.
Poétique, nº 69, 1987. Número dedicado enteiramente aos paratextos.
Sabry, R. 1987. “Quand le texte parle de son paratexte”, Poétique, 69, pp. 83-100.
Tarrío Varela, Anxo. Abril 2002. “Para un análisis comparativo de paratextos”, Ínsula, 664.
Tomkins, Calvin. 1996. Duchamp. Barcelona: Editorial Anagrama.
Os textos sobre arte e nacionalismo galego serán entregados aos alumnos en versións escaneadas ou fotocopiadas.
CompetenciasParte 1)
Competencia para identificar, analisar e relacionar signos e símbolos da Arte arquitectónica nos textos literários.
Parte 2)
Coñecementos básicos de Historia da Arte e da Literatura Universais, así como de Historia da Literatura galega.
Metodoloxía da ensinanza Parrte1)
Actividades en contacto do profesor/alumnado, apresentando os temas propostos nos contidos, nunha serie de Aulas teóricas (7 horas) e Aulas práticas (5 horas). Presentación de traballo de aluno/a, en Actividades dirixidas con Leituras atribuídas. Elaboración de exposición a partir desa tarefa autónoma.
Parte 2)
Actividades en contacto do profesor/alumnado, presentando os temas propostos nos contidos, nunha serie de Aulas teóricas (7 horas) e Aulas prácticas (5 horas). Presentación de traballo de aluno, en actividades dirixidas con leituras atribuídas. Elaboración de exposición a partir desa tarefa autónoma.
Sistema de evaluaciónParte 1)
Exposición de traballo: 3/4 da calificación final:
A avaliación examina fundamentalmente a capacidade para aplicar os contidos adquiridos nas aulas ao caso en estudo, tendo en conta positivamente a incorporación de recursos segundo as necesidades específicas que se enfrentan, como tamén a capacidade formal e expresiva para formular e redixir o traballo.
Actividade participativa nos debates nas aulas: 1/4 da calificación final deste bloco:
Valorízase o grau de formación e información cando se participa. Capacidade para producir discurso mas tamén para ouvir o do resto de participantes e incorporar de maneira flexível e inovadora divergências con contributos fundamentados.
Parte 2)
Exposición de traballo: 3/4 da calificación final:
A avaliación examina fundamentalmente a capacidade para aplicar os contidos adquiridos nas aulas ao caso en estudo, tendo en conta positivamente a incorporación de recursos segundo as necesidades específicas que se enfrentan, como tamén a capacidade formal e expresiva para formular e redixir o traballo.
Actividade participativa nos debates nas aulas: 1/4 da calificación final deste bloco:
Valorízase o grau de formación e información cando se participa. Capacidade para producir discurso mas tamén para ouvir o do resto de participantes e incorporar de maneira flexível e inovadora divergências con contributos fundamentados.
*(será solicitado o traballo escrito para 1 dos blocos)
Tempo de estudo e traballo persoalParte 1)
12 horas contacto aluno/a.
10 horas traballo dirixido.
15 horas traballo autónomo de aluno/a.
Parte 2)
12 horas contacto aluno/a.
10 horas traballo dirixido.
15 horas traballo autónomo de aluno/a.
Recomendacións para o estudo da materiaParte 2) Iniciar as lecturas básica recomendadas polo profesor dende o comezo do curso, a fin de non chegar ao final do mesmo con agobios, urxencias e resultados cativos.