P5191219 - “Performance” e análise do espectáculo (Módulo 6: Optativas do Itinerario de Estudios teóricos e comparados da literatura e da cultura) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia da Arte, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Historia da Arte, Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Achegar ao alumnado, partindo dun percorrido histórico, ás diversas manifestacións da complexa produción performativa e audiovisual contemporánea que caracteriza á nosa hipermodernidade, seleccionando toda unha serie de obras e creadores que poidan exemplificar as distintas vetas desa produción.
- Reparar, asemade, nos procesos de mutación e hibridación que están a ter lugar en e entre esas manifestacións ao longo das últimas décadas e nos seus porqués.
- Ir alén do estritamente artístico: pensar as súas temáticas e analizar a que responden, así como de que maneiras se están a artellar e cales son as súas (novas) formas de difusión. .
- En último termo, intentar construír unha materia que poida resultar operativa ao alumno de cara a comprender a polimórfica natureza das prácticas performativas inseridas na nosa actual cultura audiovisual (que constitúe o groso da produción artística e mediática), analizar os seus máis salientables contidos e coñecer os seus moi diversos mecanismos de difusión e comercialización.
Contidos1. Mutacións e hibridacións. 1.1. As orixes: A bandeira da intermedialidade e o planteamento performativo. 1.2. A chegada dos novos soportes: irrupción da videoarte. 1.3. Novas formas de ver, facer e entender na arte contemporánea: o audiovisual como soporte; a (video)instalación e a unión de tempo, espazo e corpo na estratexia artística. 1.4. Malestar desorientación e opresión. 1.5. A fin da videoarte e o comezo da videocreación; os referentes femenino e cinematográfico. 1.6. Novas canles de difusión, novas formas sociais: a Rede como novo ‘lugar da arte’.
2. Os novos parámetros do representable e os seus efectos. 2.1. A xestión das ‘experiencias dos límites’ (o sexo, a morte). 2.2. Interdictos, espectáculo, ficción e simulacro: a promiscuidade das imaxes na pantalla-máscara. 2.3. A ausencia do punto de vista: a abxección. 2.4. O 11-S, Abu-Ghraib e Guantánamo como novos xéneros artísticos. 2.5. Os novos achegamentos á carne, ao corpo: imaxes e estratexias performativas entre a transgresión e a provocación; ensamblaxe e Nova Carne. 2.6. O cuestionamento dos límites da representación.
3. A intemperie hipermoderna. 3.1. Individualismo e mutacións culturais; a fraxilización e desestabilización post 11-S. 3.2. A procura/perda da identidade; o reflexo da desolación emocional na nosa actual cultura audiovisual. Confluencias do noso percorrido: os exemplos de 9 Songs (Michael Winterbottom, 2004) e Shortbus (John Cameron Mitchell, 2006). 3.3. O cine e a vida como actos performativos: Black Mirror, Tournée e Holy Motors.
4. Performance e actos de fala. 4.1. Os precedentes: 4.1.1 Fundamentos dos actos performativos. 4.1.2. Novas interpretacións dos contornos teatrais e cinematográficos: da comunicación á comunicación da acción. 4.2. Teatralidade e performatividade.
5. Da espectacularización da acción á espectacularización do silencio. Casos ilustrativos na evolución do teatro e do cinema (El Público de Lorca, El perro andaluz de Buñuel, A cantante calva de Ionesco).
6. O performativo na contemporaneidade. Exemplificación con María Abramovic e Angélica Liddell.
Bibliografía básica e complementariaBásica.
BACEIREDO, Rebeca: O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, Vigo, Galaxia, 2006. BARTHES, Roland: Lo obvio y lo obtuso. Imágenes, gestos, voces, Barcelona, Paidós, 1986. BAIGORRI BALLARÍN, Laura: El vídeo y las vanguardias históricas, Edicions de la Universitat de Barcelona, 1997. BAUDRILLARD, Jean: La ilusión y la desilusión estéticas, Caracas, Monte Ávila, 1998. BAUMAN, Zygmunt: Modernidad líquida, Fondo de Cultura Económica, 1999. BAUMAN, Zygmunt: Vida líquida, Barcelona, Paidós, 2006. BERTENS, Hans: The Idea ofthe Postmodern: A History, London/New York, Routledge, 1995. BIRRINGER, Johannes H., Theatre, Theory, Postmodernism, Bloomington, Indiana U .P., 1991. BOZAL, Valeriano (ed.), Historia de las ideas estéticas y de las teorías artísticas contemporáneas (vol. II), Madrid, Visor, 1996. BOZAL, Valeriano (ed.): Imágenes de la violencia en el arte contemporáneo, A. Machado Libros, 2005. CATALÁ DOMÈNECH, Josep M.: La imagen interfaz. Representación audiovisual y conocimiento en la era de la complejidad, Universidad del País Vasco, 2010. COMOLLI, Jean Louis: “El anti-espectador, sobre cuatro filmes mutantes” en Yoel, Gerardo (comp.), Pensar el cine 2. Cuerpo(s), temporalidad y nuevas tecnologías, Manatial, 2004. DEBORD, Guy: La sociedad del espectáculo, Pre-Textos, 1999. DERRIDA, Jacques: De la gramatología, Buenos Aires, Siglo Veintiuno, 1971. DIEGO, Estrella de: “Memorias desde el trapecio. Límites, fronteras, afueras”, en Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte da USC, nº 6 (2007), pp. 65-83. DOMÍNGUEZ, Vicente (ed.): Tabú. La sombra de lo prohibido, innombrable y contaminante, Ocho y medio/Festival Internacional de Cine de Gijón/EdiUno. Ediciones de la Universidad de Oviedo, 2005. EAGLETON, Terry: The Illusions of Postmodernism, Oxford/Cambridge, Mass., Blackwell, 1996. FISCHER-LICHTE, Erika: Estética de lo performativo, Madrid, Abada Editores, 2011. FOUCAULT, Michel: Las palabras y las cosas. Una arqueología de las ciencias humanas, Madrid, Siglo Veintiuno, 1968. GUBERN, Román: La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas, Akal, 1989 [Ed. revisada e ampliada: Anagrama, 2005]. GUBERN, Román: Patologías de la imagen, Anagrama, 2004. HASSAN, Ihab: The Postmodern Turn: Essays in Postmodern Theory and Culture, Ohio State U. P., 1987. HERNANDO CARRASCO, Javier: “Lo real como transgresión”, en Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte da USC, nº 6 (2007), pp. 55-63. JAMESON, Frederic: Postmodernism, or the Cultural Logic of Late Capitalism, Durham, NC, Duke U. P., 1991. LIPOVETSKY, Gilles / CHARLES, Sébastien: Los tiempos hipermodernos, Anagrama, 2006. LIPOVETSKY, Gilles / SERROY, Jean: La pantalla global. Cultura mediática y cine en la era hipermoderna, Anagrama, 2009. MAFFESOLI, Michel: El instante eterno. El retorno de lo trágico en las sociedades posmodernas, Barcelona, Paidós, 2001. MARTIN, Sylvia: Videoarte, Taschen, 2006. MARZANO, Michela: La muerte como espectáculo. La difusión de la violencia en Internet y sus implicaciones, Tusquets, 2010. MORIN, Edgar: Introducción al pensamiento complejo, Barcelona, Gedisa, 2001. NOGUEIRA, Xosé: “O enfrontamento cos límites da representación (imaxes entre a transgresión e a provocación)”, en Quintana, nº 6 (2007). REDONDO NEIRA, Fernando: “La perversión de los códigos de representación icónica en las fotografías de torturas”, en Rafael López Lita / Javier Marzal Felici / Francisco Javier Gómez Tarín (eds.), El análisis de la imagen fotográfica, Publicacions de la Universitat Jaume I, 2005. ROSENBAUM, Jonathan / MARTIN, Adrian (coords.): Mutaciones del cine contemporáneo, Errata Naturae, 2011. SHOHAT, Ella / STAM, Robert, Multiculturalismo, cine y medios de comunicación, Paidós, 2002. VELLARINO, Susana: “La Representación Sexual, La Institución Artística, La Identidad y Las Fisuras”, en HUM736. Papeles de Cultura Contemporánea, nº X (2009), pp. 114-139.
Complementaria.
ARIÈS, Philippe: Historia de la muerte en Occidente: desde la Edad Media hasta nuestros días, El Acantilado, 2000. BOURKE, Joanna: Sed de sangre. Historia íntima del combate cuerpo a cuerpo en las guerras del siglo XX, Crítica, 2008. BUTLER, Judith: Cuerpos que importan, Sobre los límites materiales y discursivos del “sexo”, Paidós, 2002. CASTRO FLÓREZ, Fernando: “La obra de arte en la era de la perogrullada incesante” (“A reprendre depuis le debut”), en http://consellodacultura.org/mediateca/?p=308. DUCHAMP, Marcel: Escritos. Barcelona, Galaxia Gutenberg, 2012. ECO, Umberto: Historia de la fealdad, Lumen, 2007. GROSENICK, Uta: Mujeres artistas de los siglos XX y XXI. Tachen GmbH, 2002. HUERTA, Miguel Ángel: Celuloide en llamas. El cine estadounidense tras el 11-S, Notorius, 2006. NICHOLS, Bill: La representación de la realidad. Cuestiones y conceptos sobre el documental, Paidós, 1997. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Miguel Anxo: “Real, demasiado real (Fotografía do lado escuro da vida)”, en A Trabe de Ouro, nº 65, t. I, ano XVII (xaneiro-marzo 2006). RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M. A.: “De mujeres y máscaras. Lo grotesco y la cuestión del género en el arte actual”, en Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, nº 20 (2008). SONTAG, Susan: Ante el dolor de los demás, Alfaguara, 2003. THOMPSON, Don: El tiburón de doce millones de dólares, Ariel, 2009. VV. AA.: Andy Warhol: cine, vídeo y televisión. Barcelona, Fundació Antoni Tàpies (coedición: Diputación de Granada; Málaga, Fundación Picasso), 2000.
Competencias- Acceder ao coñecemento desde as súas orixes das distintas manifestacións das artes performativas e audiovisuais contemporáneas e dos seus sucesivos procesos de mutación e hibridación, así como as súas intencións e funcións.
- Comprendelas en relación co noso actual contexto cultural e socio-económico.
- Dominar os mecanismos de análise para saber interpretar, interrelacionar e descodificar criticamente os distintos tipos de performance e imaxes.
- Que o alumnado poida profundar nos coñecementos xa adquiridos, enrequecéndoos desde unha perspectiva interdisciplinar.
Metodoloxía da ensinanza 1.Traballarase na aula a partir do guión de cada un dos temas.
2. As clases presenciais fundirán, de acordo co enunciado de cada tema, a exposición teórica e o visionado de materiais.
3. Contémplase, desde logo, a intervención dos estudantes sobre aspectos concretos que poidan ser susceptibles de consulta ou debate.
4. Procesos de aprendizaje: a teor do exposto, a filosofía de traballo tenderá a fusionar os conceptos de sesión expositiva e interactiva.
Sistema de evaluaciónSeguindo os criterios xerais que constan na memoria do mestrado, o mecanismo será o que segue:
1. A avaliación final do alumno aplicará os criterios xerais de ponderación.
2. A cualificación final da materia terá en conta a participación nas sesións.
3. O alumno deberá realizar un pequeno traballo. Deberase escoller unha obra, artista ou tema priorizando algún dos puntos de vista ou itinerarios propostos na materia. O obxectivo desta actividade é o de complementar os aspectos teóricos e prácticos do programa desenvolvidos na aula, debendo reflexionar sobre o aprendido, profundar nos conceptos e ser quen de aplicalos ás creacións artísticas.
4. Á hora de proceder á avaliación do alumno terase en conta:
- A asistencia e participación nas sesións presenciais (40% de la nota global). A asistencia é obligatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25 % das horas de docencia implicará o suspenso final.
- A resolución do traballo (60%).
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das horas presenciais contempladas no plano de estudos (12 horas para 1,5 créditos ECTS), 37,5 horas semanais de traballo persoal para o alumno (25 horas por crédito).
Recomendacións para o estudo da materiaDadas as características xa expostas respecto da materia e do traballo, cómpre a asistencia regular ás clases, tendo en conta, ademais, que unha parte dos materiais que se exhibirán nas sesións son de difícil acceso. Unha asistencia que, asemade, devén un complemento imprescindible para a realización das actividades de avaliación contínua e mais a elaboración dos traballos.