Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191221 - Intermedialidade e cultura de masas (Módulo 6: Optativas do Itinerario de Estudios teóricos e comparados da literatura e da cultura) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GIL GONZALEZ, ANTONIO JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Reflexionar sobre as transformacións e situación actual de nocións tales como cultura popular, cultura de masas, alta cultura e valorar a súa operatividade social, mediática e académica.
    2. Implicar os hábitos de consumo cultural do estudiante coa análise e reflexión crítica propia do medio académico e científico.
    3. Análizar os repertorios narrativos dominantes e a súa intermedialidade ou transficcionalidade consustanciais.
    4. Proporcionar unha visión dinámica, complexa e productiva dos procesos adaptativos implicados nas reescrituras interxenéricas, interartísticas ou intermediais, alén da concepción tradicional, xenética e binaria da "adaptación" centrada nas obras literarias e a súa correspondente versión audiovisual.
    5. Procurar as canles metodolóxicas necesarias, fundamentalmente ferramentas semióticas e narratolóxicas, para facer operativa e rigurosa a actividade interpretativa das narrativas literarias, gráficas e audiovisuais.
    6. Comentar textos (novela, cinema, televisión, banda deseñada, videoxogo, etc.) onde se evidencien os diversos fenómenos intermediais e prácticas adaptativas.
    7. Facilitar os instrumentos de documentación básicos neste ámbito
    (bibliografía, bases de datos, Internet).
    8. Capacitar para a elaboración de traballos académicos (recensións, papers ou comunicacións), así como para a súa presentación oral apoiada en presentacións informáticas.
    9. Iniciar ao estudiante na investigación personal neste ámbito.

    Contidos
    Intertextualidade, interartes e intermedialidade.
    Intermedialidade: hibridacións, remediacións, adaptacións.
    A adaptabilidade como ilustración, como reescritura e como transficción.
    A intermedialidade na cultura mainstream: novela, cinema, televisión, radio, cómic, videoxogo. Ciclos repertoriais, xenéricos e adaptativos.
    Narrativas transmedia e relatos multiplataforma: Novelizacion, peliculización, teleserialización, historietización e ludonarrativización.
    Análise de casos: A masificación do canon literario: De Don Quijote a Donkey Xote. Ecdótica freak: O ciclo adaptativo Bourne-XIII. Do tebeo ós Goya: a adaptabilidade no cómic hispánico. Remediacións culturais do videoxogo (The Simpsons, Hotel Dusk, Heavy Rain).

    Bibliografía básica e complementaria
    Altman, Rick: Los géneros cinematográficos. Barcelona, Paidós, 2000
    Balló, J., y Pérez, X., Yo ya he he estado allí. Ficciones de la repetición, Barcelona, Anagrama, 2005
    Bolter, J. y Grusin, R., Remediation. Understanding New Media, Cambridge, Mass., MIT Press, 1999
    Carrión, J., Teleshakespeare, Madrid, Errata Naturae Editores, 2011
    Cascajosa Virino, C., El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones en Hollywood, Sevilla, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 2006.
    Debord, G., La sociedad del espectáculo, Valencia Pre-textos, 2008
    Eco, U., Apocalípticos e integrados, Barcelona, Lumen, 1984
    Elleström, L., Media borders, Multimodality and Intermediality, Palgrave Macmillan, 2010
    Fernández Porta, E., Afterpop: la literatura de la implosión mediática, Córdoba, Berenice, 2007
    Gaudreault, A., et Groensteen, T. (eds.), La transécriture, Editions Nota Bene-Centre National de la Bande Desinée, 1998
    Gil González, A. J., +Narrativa(s). Intermediaciones novela, cine, cómic y videojuego en el ámbito hispánico, Salamanca, Universidad, 2012
    Jenkins, H., Convergence Culture, Barcelona, Paidós, 2008
    Pérez Bowie, J. A. (ed.), Reescrituras fílmicas. Nuevos territorios de la adaptación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2010
    Scolari, C., Narrativas transmedia, Barcelona, Deusto, 2013

    Competencias
    Competencia crítica e analítica para o estudo comparado da literatura verbo doutros discursos culturais e artísticos e para desenvolver unha comprensión global e crítica da cultura a partir das interaccións dos diversos sistemas e tradicións artísticas e culturais.

    Propoñer e desenvolver un pequeno proxecto de investigación sobre os contidos da materia.

    Redactar en rexistro de investigación sobre os contidos do proxecto e da materia.

    Expoñer públicamente e discutir en rexistro académico e investigador sobre os contidos do proxecto e a materia.

    Participar activamente e editar no edublog da materia.

    Elaborar presentación e contenidos dixitais sobre os contidos da materia.


    Metodoloxía da ensinanza
    Claramente marcada pola estreita relación dos contidos teóricos coa súa exemplificación práctica e a presentación e análise de casos concretos.
    1. Combinarase nas horas presenciais a exposición audiovisual e verbal dos contidos coa participación do alumnado.
    2. As exposicións intentarán ofrecer visións sinópticas das relación entre os campos e medios estudados e fornecer os principais aspectos teóricos.
    3. As sesións combinarán a presentación dos marcos disciplinares e conceptuais, a selección de exemplos representativos e a análise de casos específicos. Proporcionaranse as ferramentas metodolóxicas e analíticas adecuadas ós textos que ilustren as cuestións tratadas.
    4. Facilitarase a comunicación cos estudiantes e o seguimento dos seus traballos nas horas de titoría destinadas a tal fin, apoiadas no edublog e no correo electrónico.

    Sistema de evaluación
    Farase unha avaliación continua, mediante a ponderación da actitude participativa e informada do estudante no desenvolvemento das clases e da materia no seu conxunto; Específicamente nesta avaliación terá carácter destacado a realización de (a) lecturas, (b) presentacións (que terán o formato dunha comunicación de 15-20 minutos), (c) traballos escritos (que terán o formato dunha comunicación publicable de 5-10 páxinas) (d) outras actividades propostas, tanto individuais como en grupo. Normalmente o conxunto da avaliación continua da actividade do alumno ponderará ata un 30-40% da nota final. A avaliación do traballo académico presentado, con carácter principal, ou, no seu caso, dunha proba de exame, suporá un 60-70% da nota final.

    A asistencia as sesión é obrigatoria, nas porcentaxes establecidas pola comisión académica ou a memoria da titulación. O incumplimento deste requisito non é subsanable na segunda oportunidade de evaluación.

    Observación importante sobre o plaxio: O plaxio no examen ou na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases presenciais: 21 (x factor 1.5) = 31.5 horas de traballo autónomo
    Preparación do traballo e a intervención no seminario: 24 horas de traballo autónomo
    Lecturas: 12 horas de traballo autónomo
    Avaliación: 2.5 (x factor 7):15 horas de traballo autónomo
    Titorías: 3 horas presenciais

    Recomendacións para o estudo da materia

    Observacións