Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5191223 - Estudos da cultura (Módulo 6: Optativas do Itinerario de Estudios teóricos e comparados da literatura e da cultura) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
VILLARINO PARDO, Ma DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia prevé tratar diferentes aproximacións do conceito de cultura, asi como algunhas das mudanzas que esta área de estudo vem experimentando nos últimos anos.
    Abordaxe de cuestións como cultura e globalización, cultura e economia, a circulación internacional de ideas ou procesos actuais de internacionalización da cultura serán obxecto de traballo do curso; con especial énfase para o caso brasileiro.

    Contidos
    1. Conceito(s) de cultura.
    2. Estudos da cultura como un novo ámbito do saber: trans-, multi- e pluri-disciplinariedade.
    3. Dos estudios da literatura aos Estudos da Cultura.
    4. Obxectivos e aplicacións dos estudos da cultura.
    5. Literatura e cultura nos procesos actuais de internacionalización. O caso do Brasil.
    Bibliografía básica e complementaria
    BOSCHETTI Anna: L’espace culturel transnational.Nouveau Monde Édition, coll. «Culture/Media», 2010
    BOURDIEU Pierre, «Les conditions sociales de la circulation internationale des idées» ,Actes de la recherche en sciences sociales, 2002/5 no 145, p. 3-8.
    CASANOVA Pascale, La République mondiale des lettres, Paris, Éditions du Seuil, [1999], coll. Points, 2008.
    Casanova, Pascale, “Le méridien de Greenwich, réflexions sur le temps de la littérature”, in Lionel Ruffel (org.), Qu’est-ce que le contemporain, Nantes : Éditions Cécile Defaut, 2010 113-146.
    EVEN-ZOHAR, Itamar, “La fabricación del repertorio cultural y el papel de la transferencia”, in Amelia Sanz Cabrerizo (coord.), Interculturas/Transliteraturas, Madrid, Arco Libros, 2008.
    Ianni, Octavio, Ensaios de sociologia da cultura, Rio de Janeiro, Civilização Brasileira, 1991.
    LE BRIS Michel et ROUAUD Jean, Pour une littérature-monde, Paris, Éditions Gallimard, 2007.
    PRADEAU Christophe et SAMOYAULT Thiphaine (dir.):Où est la littérature mondiale?, Presses Universitaires de Vincennes, coll. «Essais et Savoirs», 2005
    SAPIRO Gisèle (dir.): L’espace intellectuel en Europe. De la formation des États-nations à la mondialisation, XIX - XXIe siècle, Paris, la découvert, 2009.
    Sapiro, Gisèle (dir.), Translatio. Le marché de la traduction en France à l'heure de la mondialisation, Paris: CNRS Éditions, 2008.
    Sapiro, Gisèle (dir.), Les contradictions de la globalisation éditoriale, Paris: Nouveau Monde, 2009.

    Competencias
    I. Competencias xerais:
    -Posuir, comprender e saber aplicar os coñecimentos que dan a oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e na aplicación de ideas, con frecuencia nun contexto de pesquisa.
    -Que o estudantado saiba aplicar os coñecimentos adquiridos e a sua capacidade de resolución de problemas em entornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados com a sua área de estudo, a literatura universal.
    -Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecimentos e enfrentarse à complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas ligadas á aplicación dos seus coñecimentos e xuízos.
    - Que o estudantado saiba comunicar as suas conclusións e os coñecimentos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambiguidades.
    - Que o estudantado posua as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

    2. Competencias transversais:
    - Que o estudantado teña unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudos Literarios e da Cultura.
    -Que o estudantado poida aprofundar nos coñecimentos xa adquiridos, enriquecéndose desde umha perspectiva interdisciplinar.
    -Que o estudantado saiba utilizar as ferramentas metodolóxicas e técnicas para conseguir postos en diferentes institucións nacionais e internacionais nos grandes grupos de comunicación, na administración e na xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
    -Que o estudantado posua os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver um espírito crítico e reflexivo, áxil e prático em relación a diferentes fenómenos culturais.

    3. Competencias específicas:
    -Que o estudantado sexa capaz de ampliar a noción de literatura a través da sua relación con os novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, as artes, asi como a diversidade xenérica, social, cultural, en definitivo.
    -Que o estudantado aborde o conceito de texto e textualidade dun modo aberto, abrindo espazo a outras formas culturais, non estrictamente literarias, atendendo a diferentes artes e á irrupción dos novos medios.
    - Que o estudantado adquira unha ampla comprensión dos fenómenos literarios dunha perspectiva comparada en relación aos seus particulares contextos historiográficos e xeoculturais.

    RESULTADOS DA APRENDIZAXE

    1. O estudantado está en disposición de ter unha perspectiva clara da análise da literatura como parte da cultura.
    2. O estudantado está en disposición de ter unha perspectiva clara da cultura como o modo en que as sociedades organizan a sua vida.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. As aulas presenciais fundirán, na medida do posível e de cordo con o enunciado de cada tema, a exposición teórica e unha perspectiva mais prática. Nas sesións de aulas orientarase a bibliografia pertinente e daranse as orientacións correspondentes a cada un dos ítens que se vaian abordando.
    2. Contémplase a intervención do estudantado con breves presentacións sobre aspectos concretos, que poidan ser obxecto de debate.

    Sistema de evaluación
    1. A avaliación final do/a aluno/a aplicará os criterios xerais de ponderación.
    2. A nota final da materia terá mui en conta a participación activa e informada nas sesións, asi como a realización das leituras indicadas e outras actividades propostas pola profesora.
    3. Asimesmo, tendo en conta as circunstancias do curso poderasse solicitar a realización de traballos.
    4. Á hora de proceder á avaliación do/a aluno/a a profesora terá en conta:

    - A asistencia e participación nas diferentes actividades das sesións con a profesora (40% da nota global). A asistencia é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25 % das horas de docencia implicará a non superación da materia.
    - A resolución das tarefas que nelas se propoñan e/ou a defensa oral dun traballo que demostrará a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas (60%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia prevé un total de 24 horas docentes distribuídas do siguiente modo: 12 horas de aulas expositivas, 9 horas de aulas interactivas e 3 horas de tutorias.