P5201101 - Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntroducir aos alumnos na investigación e no estudo da lingua e lingüística inglesas, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en diferentes ámbitos académicos ou de investigación. Os contidos deste curso facilitarán o proceso de realización de traballos académicos e do traballo fin de máster.
Contidos1. Manexo da bibliografía e das fontes documentais para a investigación lingüística (revisións bibliográficas, elaboración de recensións, pescudas en bases de datos, catálogos bibliográficos e páxinas web, obras de referencia básicas para o estudo da lingua inglesa como gramáticas e dicionarios, etc.).
2. Hipóteses e deseño da investigación (tipos de hipóteses, elaboración dunha proposta de investigación, métodos cuantitativos e cualitativos para a investigación lingüística).
3. Métodos de recompilación de datos lingüísticos e ética da investigación (métodos de investigación lingüística: corpus, introspección, etc.; comportamento ético (consentimento dos informantes, etc.).
4. Convencións na linguaxe académica (folla de estilo para lingüística; cita de referencias bibliográficas; uso da cursiva, glosas, exemplos, etc.). Malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.).
5. O traballo de investigación (resumo, estrutura, publicación, etc.).
6. Presentación de traballos de investigación (preparación de diferentes modos de presentación da investigación: presentacións orais, pósters, handouts, etc.).
Bibliografía básica e complementaria- Cottrell, Stella. 2008. The study skills handbook. Third edition. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
- Gibaldi, Joseph. 2008. MLA style manual and guide to scholarly publishing. New York: Modern Language Association of America.
- Litosseliti, Lia (ed). 2010. Research methods in linguistics. London: Continuum.
- Sebba, Mark. 2000. Focusing on language. A student's guide to research planning, data collection, analysis and writing up. Lancaster: Definite Article Publications.
- Unified Style Sheet for Linguistics:
- Wray, Alison, Kate Trott & and Aileen Bloomer. 1998. Projects in linguistics. A practical guide to researching language. London: Arnold. (Later editions also available.)
- Yáñez-Bouza, Nuria, in collaboration with Rob Drummond. 2011. Handbook of study skills. Manchester: Department of Linguistics and English Language.
CompetenciasNeste curso os estudantes mellorarán as habilidades intelectuais que lles permitirán identificar un tema de investigación e formular hipóteses de traballo. Así mesmo, adquirirán competencias prácticas básicas para a investigación no eido da lingüística e para o manexo eficiente das fontes e recursos de información, e mellorarán as súas habilidades comunicativas tanto orais coma escritas (manexo da linguaxe académica e da comunicación oral) para a presentación dos resultados da investigación.
Metodoloxía da ensinanza - Clases expositivas sobre métodos e recursos esenciais para a investigación lingüística.
- Clases interactivas/seminarios sobre os temas presentados nas clases expositivas. Algunhas tarefas requirirán traballo cooperativo en grupo.
- Emprego da plataforma virtual para a avaliación sumativa e formativa.
- Aprendizaxe autónomo por parte do estudante, con tarefas de autocorrección a través da plataforma virtual.
- Empregaranse handouts nas clases expositivas e de seminario.
Sistema de evaluación10%: Asistencia e participación activa nas sesións expositivas e de seminario. Lémbraselle aos estudantes que a asistencia ás clases é obrigatoria.
40%: Exercicios (tests, preguntas curtas, exercicios de autocorrección, etc.), algúns deles a través da plataforma virtual.
50%: Elaboración dun proxecto de investigación escrito (2000-3000 palabras, exceptuando as referencias bibliográficas).
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, os estudantes deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.).