Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5201105 - Inglés para fins específicos (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CAL VARELA, MARIO.NON
FERNANDEZ POLO, FRANCISCO J..SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Adquirir coñecementos xerais sobre o ámbito do Inglés para Fins Específicos e un coñecemento máis profundo dunha ou varias das súas subdisciplinas.
    Desenvolver conciencia crítica dos temas e desafíos principais do Inglés para Fins Específicos como área aplicada e campo de investigación.
    Familiarizarse cos principais trazos estruturais e lingüísticos dos distintos tipos de textos empregados en contextos especializados.
    Desenvolver unha competencia básica na elaboración dos principais tipos de textos empregados en ámbitos concretos de uso do Inglés para Fins Específicos.
    Familiarizarse coas cuestións e conceptos fundamentais e desenvolver competencias docentes básicas no ámbito do Inglés para Fins Específicos.
    Familiarizarse coas principais ferramentas de investigación (datos, intrumentos de análise, programas informáticos, etc.) e desenvolver unha competencia suficiente na súa utilización con propósitos prácticos ou de investigación no ámbito do Inglés para Fins Específicos.
    Contidos
    Panorámica da disciplina. Ramas do Inglés para Fins Específicos. Perspectivas de investigación e vertentes aplicadas. Cuestións históricas, pedagóxicas, sociolóxicas e lingüísticas. A investigación no ámbito do Inglés para Fins Específicos. Métodos de investigación cuantitativos e cualitativos.
    Bibliografía básica e complementaria
    Ammon, U. (Ed.) (2001a) The dominance of English as a language of science. Effects on other languages and language communities. Berlin: Mouton de Gruyter.
    Belcher, D. (2009). English for specific purposes in theory and practice. Ann Arbor: University of Michigan Press
    Bhatia, Vijay K. (2004). Worlds of written discourse. A genre-based view. London and New York: Continuum.
    Dudley Evans, Tony & Maggie Jo St John (1998), Developments in English for Specific Purposes, A multi-disciplinary Approach. Cambridge: Cambridge U. P.
    Flowerdew, John (ed.) (2002) Academic discourse. Harlow: Longman
    Flowerdew, John and Matthew Peacock (eds.) (2001) Research perspectives on English for academic purposes. Cambridge: Cambridge University Press.
    Fortanet Gómez, Inmaculada (coord.) (2008) Hablar inglés en la universidad : docencia e investigación. Oviedo: Septem.
    Fortanet, I., Palmer, J. C., Posteguillo, S. (eds.) (2004) Linguistic studies in academic and professional English. Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
    Hutchinson, Tom & Alan Waters. (2006) English for Specific Purposes. Cambridge: Cambridge U.P.,
    Hyland, Ken (2004). Disciplinary discourses. Social interactions in academic writing. Michigan: University of Michigan Press.
    Hyland, Ken (2006) English for academic purposes: an advanced resource book. London: Routledge.
    Hyland, Ken & Marina Bondi (eds) (2006) Academic discourse across disciplines. New York: Peter Lang.
    Swales, J. (2004) Research genres. Explorations and applications. Cambridge: Cambridge University Press.
    Swales, John M. & Christine B. Feak (2000) English in today's research world: a writing guide. Ann Arbor: University of Michigan Press.
    Swales, John M. (2001) Genre analysis: English in academic and research settings. Cambridge: Cambridge University Press.
    Ventola, Eija & Anna Mauranen (eds.) (1996) Academic writing: intercultural and textual issues. Amsterdam: John Benjamins.
    Ventola, Eija; Celia Shalom & Susan Thompson (eds.) (2002) The Language of conferencing. Frankfurt am Main; New York: Peter Lang.

    Competencias
    CB6 Que os estudantes posúan e comprendan coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
    CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
    CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
    CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

    G01 Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios da devandita área de estudo.
    G02 Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contorno multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
    G03 Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito dos Estudios Ingleses.
    G04 Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita coma oral.
    G05 Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
    G06 Capacidade para adquirir un espíritu crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
    G07 Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
    G08 Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para este fin a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
    G09 Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
    G10 Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

    E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
    E02 Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
    E05 Coñecemento dos estudos do inglés para fins específicos e as súas aplicacións a outras disciplinas.


    Metodoloxía da ensinanza
    Unha parte importante das sesións do curso consistirá na presentación, por parte do profesorado, de ideas e conceptos que se complementarán co traballo práctico do alumnado. As actividades prácticas consistirán, por exemplo, na análise de textos, a participación en debates ou a presentación de temas na clase. Algunas destas sesións terán un formato de obradoiro e centraranse no deseño e uso de instrumentos e ferramentas de investigación.

    Sistema de evaluación
    A participación dos estudantes no curso será obxecto dunha avaliación continua. A asistencia regular será un requisito indispensable. Ao longo do curso organizaranse diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados, tales como a análise de mostras de textos, as presentacións diante do resto da clase ou a redacción de ensaios. Contémplase asimesmo a realización dun pequeno proxecto de investigación como posible tarefa adicional. Na avaliación destas actividades, teranse en conta, entre outros, os seguintes factores: a capacidade de síntese da información obtida de distintas fontes; a claridade na exposición das ideas; a precisión no uso da terminoloxía e os conceptos específicos; a implicación nos seminarios e as actividades de grupo; o rigor e a orixinalidade na formulación das propostas de investigación; a exhaustividade e profundidade nas análises; e a utilización dun estilo académico adecuado.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Número total de horas presenciais: 14
    Número total de horas de traballo no contorno virtual: 10
    Número total de horas de traballo autónomo do estudante: 51