Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5201206 - Adquisición e ensino do inglés (Módulo Lingüístico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
NUÑEZ PERTEJO, MARIA PALOMA.NON
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    2.1. Xerais

    • Afondar sobre determinadas áreas específicas do ensino e da aprendizaxe do inglés. Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
    • Reflexionar sobre os factores universais e individuais que condicionan a aprendizaxe e o ensino da lingua inglesa.
    • Familiarizar os alumnos coa bibliografía de maior relevancia especializada sobre distintas áreas temáticas da materia.

    2.2. Específicos

    • Familiarizar ao alumnado coa terminoloxía básica deste campo de estudo.
    • Estudiar as teorías de aprendizaxe de linguas e as diferentes variables e factores que condicionan o proceso de aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
    • Estudiar as diferenzas e similitudes entre a adquisición dunha primeira lingua e a aprendizaxe dunha segunda.
    • Familiarizar ao alumnado coas últimas tendencias europeas sobre o ensino de linguas, con especial atención ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e ao Portfolio Europeo das Linguas (PEL).
    • Proporcionarlle ao alumnado principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de inglés.

    Contidos
    Estos contidos poderán ser susceptibles de cambios e modificacións de acordo coas necesidades e intereses do alumnado.

    Programa
    1. Applied Linguistics and the teaching of English. Main fields in Applied Linguistics.
    2. Current issues in the teaching of English as a Foreign Language.
    3. Current issues in Second language Acquisition.
    4. Conducting research in Second Language Acquisition and Teaching.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    • Ellis, Rod, The Study of Second Language Acquisition, Oxford University Press, Oxford, 2004.
    • Harmer, Jeremy, How to Teach English, Longman, Harlow, 2007.
    • Lightbown, Patsy M. e Spada, Nina, How Languages are Learned, Oxford University Press, Oxford, 1993.
    • Palacios Martínez, Ignacio M., Rosa Alonso, Mario Cal, Paula López Rúa e José Ramón Varela.. Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas, En Clave, Madrid, 2007-
    • Ur, Penny. 1999. A Course in Language Teaching. Theory and Practice. Cambridge: Cambridge University Press.


    Bibliografía recomendada

    • Brown, H. Douglas. Principles of Language Learning and Teaching, Prentice Hall Regents, Englewood Cliffs, N. J., 1994.
    • Fernández Pérez, Milagros (ed.), Avances en Lingüística Aplicada, Servizo de Publicacións da Universidade, Santiago, 1996.
    • Muñoz, Carme (ed.), Segundas lenguas. Adquisición en el aula, Ariel, Barcelona, 2000.
    • Salaberri, Sagrario, Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras, Servicio de Publicaciones de la Universidad, Almería, 1999.
    • Skehan, Peter, Individual Differences in Second Language Acquisition, Edward Arnold, Londres, 1989.
    • Stern, H., Fundamental Concepts of Language Teaching, Oxford University Press, Oxford, 1983.
    • Vez Jeremías, José Manuel, Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras, Ariel, Barcelona, 2000.

    Competencias
    • Desenvolvemento das catro destrezas, con especial atención ás destrezas relacionadas coas presentacións orais.
    • Utilización de bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
    • Xestión de forma eficiente do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
    • Potenciación da capacidade para traballar en contornas cooperativas, pluridisciplinares e plurilingües.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia, de carácter teórico-práctico, será impartida en lingua inglesa, requeríndose a colaboración continuada do alumnado; porém a asistencia é totalmente obrigatoria. As clases expositivas alternarán con seminarios prácticos. Algunha das sesións poderá ter lugar na aula de informática.
    Sistema de evaluación
    • Asistencia e participación activa na clase. A asistencia é totalmente obrigatoria.
    • Control de lecturas realizadas.
    • Elaboración de pequeños traballos prácticos.
    • Presentacións orais: De selo caso, os alumnos terán que facer breves presentacións de aspectos relacionados co curso. Ao rematar as presentacións, o alumnado terá que entregar un breve informe das mesmas.
    • Probas.

    Para a convocatoria de xullo e para aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase concedida polo Decanato da Facultade, a avaliación farase única e exclusivamente con referencia a un exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo adicado ao estudo desta materia poderá variar dunha semana a outra, aínda que se estima que o alumnado terá que estudar unha media de 8-10 horas á semana, inclúese aquí o tempo destinado a tarefas e traballos.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Esta é unha materia eminentemente práctica. En consecuencia, a asistencia e participación activa na clase constitúen un requisito. Espérase que o alumnado presente diversos traballos e tarefas prácticas ao longo do curso.