P5211101 - Modelos e Métodos na Lingüística Actual (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Lingua Española, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Lingüística Xeral, Lingua Española, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxecto do curso é o de proporcionar ao estudante unha visión das distintas vertentes e metodoloxías actualmente dominantes na investigación lingüística e adestralo no uso dalgunhas das ferramentas metodolóxicas básicas dentro dunha orientación específica. Concretamente os obxectivos do curso son:
Coñecer as principais correntes teóricas sobre o estudo da linguaxe
Analizar e interpretar textos de teoría lingüística aplicando diferentes modelos teóricos
Diferenciar os principais modelos lingüísticos e o seu fundamento epistemolóxico
Desenvolver habilidades para a análise crítica das principais liñas para o estudo da lingua desenvolvidas nos séculos XX e XXI.
Coñecer as técnicas que integran a metodoloxía actual de investigación lingüística como parte do método científico.
Adquirir as bases metodolóxicas, terminolóxicas e teóricas de procedementos de análises lingüísticas
ContidosO contido do curso se artículará nos tres seguintes temas:
1. A lingüística como disciplina científica. A complejidad do obxecto de estudo e a división en subdisciplinas lingüísticas.
2. Ópticas no estudo da lingua e metodoloxías asociadas
3. Estudo dunha metodoloxía e as súas implicaciones
Os dous primeiros temas serán presentativos e orientarivos. O último terá unha vertente práctica, de aplicación dunha metodoloxía a un fenómeno concreto.
Bibliografía básica e complementariaOs textos utilizados poderán variar de acordo coas orientacións metodolóxicas nas que se incida dun modo máis profundo en cada caso. A bibliografía aquí reflectida (a) textos básicos de carácter fundamentalmente introdutorio, (b) presentacións panorámicas, que poden servir como textos de referencia, de distintas aproximacións á lingüística contemporánea, (c) bibliografía específica sobre orientacións e metodoloxías particulares.
a) textos introductorios:
• Dik, S. (1978), Preliminaries, An introduction to functional grammar, Amsterdam, North Holland, pp. 1-14. [Hay trad. esp. de F. Serrano y L. Martín Mingorance en Madrid, SGEL 1981.
• García Gondar, F. G. Rojo (2000): “A lingüística no século XX”. Revista Galega do Ensino, 28/2, 221-245
• López García, Á. (1998): “La lingüística del siglo XXI: ¿hacia dónde se dirige la ciencia del lenguaje?”, en Gallardo Paúls, B. (ed.), Temas de lingüística y gramática, Valencia, Universidad de Valencia, pp. 106-121.
• Mairal Usón, R. y F.J. Ruiz de Mendoza (2010): "La lingüística como ciencia cognitiva. Presupuestos metodológicos para una teoría del lenguaje", en Mairal Usón, R. et al.. Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas. Madrid: UNED/Editorial Ramón Areces, pp. 1-50
• Martin Vide, Carlos (1996): “Parámetros para la reflexión sobre el lenguaje humano: a modo de introducción”, en C. Martín Vide (ed.): Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro, 11-26.
b) Presentacións xerais que abarcan varios modelos
• Alcaraz, Enrique (1990). Tres paradigmas de la investigación lingüística. Alcoy: Marfil.
• Butler, Christopher S. (2003): Structure and function: a guide to three major structural-functional theories. Amsterdam: John Benjamins.
• Cabré, M.T. & M. Lorente (2004): “Panorama de los paradigmas en lingüística”. Enciclopedia iberoamericana de Filosofía. Vol. Ciencias exactas, naturales y sociales, coordinado por A. Estany. Madrid: CSIC. [http://www.upf.edu/pdi/iula/merce.lorente/docums/tc_ml03.pdf ]
• Gil, José María (2001), Introducción a las teorías lingüísticas del siglo XX. Santiago de Chile: RIL editores
• Heine, Bernd y Heiko Narrog (eds.)(2010). The Oxford handbook of linguistic analysis. Oxford: Oxford University Press
• Mairal Usón, R. et al. (2010). Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas. Madrid: UNED/Editorial Ramón Areces.
• Sánchez de Zavala, V. (1982): Funcionalismo estructural y generativismo. Madrid: Alianza.
•
c) Bibliografía específica
• Báez San José, V. (1988): Fundamentos Críticos de la Gramática de Dependencias Madrid: Síntesis.
• Butler, C. et al. (1998): Nuevas perspectivas en gramática funcional. Barcelona: Ariel.
• Calsamiglia Blancafort, Helena & Amparo Tusón (2012). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso, 3ª ed. Barcelona, Ariel.
• Croft, William y D. Alan Cruse (2004), Cognitive Linguistics, Cambridge: Cambridge University Press. [Traducción al español: Lingüística cognitiva. Tres Cantos: Akal, 2008]
• Eggins, Suzanne (2004): An introduction to systemic functional linguistics. New York: Continuum, 2nd edition. [Trad. al español de la 1ª edición: Introducción a la lingüística sistémica. Logroño: Universidad de la Rioja, 2002]
• Escandell, Victoria (1996): Introducción a la pragmática. Barcelona, Ariel
• Herrero Cedilla, Juan (2006). Teorías de pragmática, de lingüística textual y de análisis del discurso. Cuenca, Universidad de Castilla-La Mancha.
• Ibarretxe-Antuñano, Iraide y Javier Valenzuela (dirs.) (2012): Lingüística Cognitiva. Barcelona: Anthropos.
• Machin, David & Andrea Mayr (2012). How to do Critical Discourse Analysis. Londres, Sage.
• Moreno Fernández, Francisco (2012). Sociolingüística cognitiva. Proposiciones, escolios y debates. Madrid, Iberoamericana.
• Ruiz Antón, Juan Carlos (1998): Curso de tipología lingüística. Enfoque funcional. Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
• Silva, A. Soares da. (org.) (2001): Linguagem e Cognição. A Perspectiva da Linguística Cognitiva. Braga: Associaço Portuguesa de Linguística & Universidade Católica Portuguesa.
• Vilela, Mário (1992): Gramática de Valências. Teoria e Aplicação. Coimbra: Almedina.
CompetenciasCompetencias e resultados da aprendizaxe que adquire o/a estudante:
B01, B02, B03, BO4, B05, G01, G02, G04, G05, T01, T08, E02, E04, E09, E11, E12, E22, E23.
Metodoloxía da ensinanza O ensino constará basicamente dunha presentación das distintas orientacións metodolóxicas que permita a participación do alumno mediante tarefas concretas preparadas polo profesor ou derivadas de lecturas guiadas. Os traballos poderán ser de tipo cooperativo ou individual.
En xeral, as actividades destinadas a fixar conceptos e desenvolver competencias poderán ser (a) de diagnóstico, en forma de sondeos e preguntas abertas en grupo; (b) de introdución de contidos mediante clases maxistrais, coa posibilidade de traballo colaborativo do alumno; (c) de proceso de aplicación de contidos, con comentarios e exposicións críticas das lecturas, ou de aplicación de aspectos teóricos, exercicios, actividades teórico-prácticas, entre outras.
Sistema de evaluación A avaliación realizarase a través de diversas actividades da seguinte clase e valor relativo:
• Traballo(s) titorado (s): 60%
• Asistencia e participación nas clases: 15%
• Outras actividades avaliables (exercicios, comentarios, reseñas bibliográficas, etc.): 25%
Na “segunda convocatoria” os estudantes poderán presentar unha nova versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente nos apartados relacionados coa asistencia e participación, a nota do traballo constituirá o 100% da cualificación final.
Para os estudantes con dispensa de asistencia, a puntuación alcanzada polos traballos suporá o 100% da nota final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoal De acordo cos parámetros establecidos para determinar o traballo global segundo os créditos de cada curso, os tempos de traballo do alumno serán os seguintes:
- Traballo presencial no aula: 30 horas
- Clases expositivas: 20
- Clases interactivas :10
- Tutorías en pequeno grupo 8
- Estudo autónomo individual ou en grupo 36
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia 40
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras bibliográficas 26
- Total horas traballo persoal do alumno 102
Recomendacións para o estudo da materiaNon hai requisitos previos para cursar a materia, e como recomendación a máis importante é a de estar disposto a realizar un traballo constante en canto a asimilación de contidos e lecturas reflexivas.