P5211104 - Tecnoloxías Lingüísticas (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 18.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Lingua Española
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Lingüística Xeral, Lingua Española
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Esta materia ten como obxectivo principal familiarizar ao estudantado coas tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento na que a información e a comunicación constitúen un papel fundamental. Trátase de que o alumnado coñeza diferentes ferramentas e recursos lingüísticos necesarios para as aplicaciónes de procesamento automático da lingua natural como son a escritura de textos asistida, a tradución, a recuperación da información ou a aprendizaxe de linguas.
Contidos1. Lingua e Sociedade do coñecmento
1.1. Tecnoloxías lingüísticas e procesamento da linguaxe natural (PLN)
1.2. Panorámica das aplicacións das tecnoloxías lingüísticas e do PLN
2. Escritura asistida por ordenador
2.1. Corrección ortográfica, léxica, gramatical e estilística
2.2. Correctores en procesadores de textos
2.3. Correctores en liña
3. Dicionarios electrónicos
3.1. Concepto de dicionario electrónico
3.2. Dicionarios en soporte informático e en liña
3.3. Deseño e explotación de dicionarios electrónicos
3.4. Presentación de proxectos en curso
4. Tradución automática
4.1. Tradución automática (TA) e tradución asistida por ordenador
4.2. Sistemas de TA baseados en regras
4.3. Sistemas de TA baseados en estatística
4.4. Memorias de tradución
5. Aprendizaxe de linguas asistido por ordenador (ALAO)
5.1. Sistemas de aprendizaxe de linguas
5.2. Compilación e explotación de corpus de aprendices (learner corpus)
5.3. Uso de programas de concordancias na ALAO
Bibliografía básica e complementaria- Básica
CAL, M., P. NÚÑEZ & I. PALACIOS (eds.) (2005), Nuevas tecnologías en lingüística, traducción y enseñanza de lenguas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
HUTCHINS, W.J. & H.L. SOMERS (1995), Introducción a la traducción automática, Madrid: Visor.
LAVID, J. (2005), Lenguaje y nuevas tecnologías: nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista del siglo XXI, Madrid: Cátedra.
MARTÍ, M.ª A. (coord.) (2003), Tecnologías del lenguaje, Barcelona: UOC.
RUIZ, J. C. (2005), “Lenguaje e informática/Lenguaje y ordenadores”, en Á. López & B. Gallardo (eds.), Coñecemento y lenguaje, València: Universitat, 401-436.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
CLARK, Alexander, Chris FOX & Shalom LAPPIN (eds.) (2010), The Handbook of Computational Linguistics and Natural Language Processing. Malden: Wiley-Blackwell.
INDURKHYA, N. & F.J. DAMERAU (eds.) (2010), Handbook of Natural Language Processing, Boca Ratón, FL: CRC.
JURAFSKY, D. & J. H. MARTIN (20092), Speech and Language Processing. An Introduction to Natural Language Processing, Computational Linguistics and Speech Recognition, Upper Saddle River, NJ: Pearson Prentice Hall.
MARTÍ, M.ª A. & J. LLISTERRI (eds.) (2004), Tecnologías del texto y del habla, Barcelona: Edicions Universitat de Barcelona.
MITKOV, R. (ed.), (2003), The Oxford Handbook of Computational Linguistics, Oxford University Press.
Competencias1/ Básicas
- Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.
- Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
- Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
2/ Xerais
- Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
- Capacidade do estudantado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
- Capacidade do estudantado para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais.
3/ Transversais
- Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información y as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
- Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
4/ Específicas
- Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística…).
- Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de linguas asistida por ordenador.
Metodoloxía da ensinanza Sesión maxistral: Exposición, por parte do profesorado da materia, dos contidos obxecto de estudo ou das actividades que ten que desenvolver o alumnado.
Traballo tutelado:Traballo individual de curso sobre un aspecto concreto do programa da materia.
Actividades, prácticas e exercicios: Formúlanse exercicios relacionados coa materia, e o estudantado debe resolvelos aplicando os coñecementos asimilados nas clases.
Prácticas autónomas a través de TIC: Prácticas autónomas de ferramentas, aplicacións ou recursos obxecto de estudo da materia.
Sistema de evaluación1.ª OPORTUNIDADE
Traballo tutelado: 65%
Asistencia e participación: 15%
Outras actividades avaliables: 20%
2.ª OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade o estudantado poderá presentar unha nova versión dos traballos que non acadasen o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota do traballo constituirá o 100% da cualificación final. Para o estudantado con dispensa de asistencia, a puntuación acadada polos traballos suporá ol 100% da nota final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoal-ACTIVIDADE HR. NA AULA HR. FÓRA DA AULA TOTAL
Resolución de exercicios 7 10 17
Traballos tutelados 0 18 18
Prácticas autónomas (TIC) 0 8 8
Sesión maxistral 8 24 32
Recomendacións para o estudo da materia-
Observacións-Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula.
Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como no seu traballo persoal fóra da aula.
O alumnado deberá consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais por parte do profesorado.