Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5211105 - Recursos bibliográficos e xéneros científicos (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 18.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA GONDAR, FRANCISCO JOSE SERVANDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Tomar conciencia da relevancia que ten o dominio da lectura e da escrita académica no ámbito universitario.
    2. Adquirir competencias para a xestión dos recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación, o cal implica:
    2.1. Coñecer as fontes relevantes de información bibliográfica e saber acceder a elas.
    2.2. Saber utilizar adecuadamente os recursos e equipamentos.
    2.3. Dominar a tecnoloxía para rexistrar datos.
    2.4. Familiarizarse co manexo de fontes documentais.
    3. Coñecer os xéneros científicos habituais no ámbito da lingüística.
    4. Adquirir competencias para planificar, desenvolver e redactar traballos de investigación lingüística.

    Contidos
    TEMA 1.- O TEXTO ACADÉMICO-CIENTÍFICO

    1.1. A lectura e a escrita académicas no ámbito universitario
    1.2. Características xerais dos textos académico-científicos
    1.3. Os xéneros científicos

    TEMA 2.- FONTES DOCUMENTAIS NO ÁMBITO ACADÉMICO-CIENTÍFICO

    2.1. Tipoloxía de fontes documentais
    2.2. Recursos bibliográficos en liña
    2.2.1. Catálogos bibliotecarios
    2.2.2. Bases de datos bibliográficas
    2.2.3. Repositorios textuais
    2.3. Sindicación de contidos

    TEMA 3.- CONTIDO E ORGANIZACIÓN DAS PRINCIPAIS BASES DE DATOS DE LINGÜÍSTICA E DE LINGUAS

    3.1. Bases de datos bibliográficas xerais vs. especializadas
    3.2. Bases de datos de lingüística e de linguas
    3.3. Avaliación dos sistemas de indexación
    3.4. Creación e xestión de bases de datos persoais
    3.5. Manexo dos xestores bibliográficos para a importación e xestión de contidos

    TEMA 4.- PLANIFICACIÓN DO TRABALLO CIENTÍFICO: SELECCIÓN, ORGANIZACIÓN E PRESENTACIÓN DA INFORMACIÓN

    4.1. Preescrita: o deseño do traballo
    4.2. Escrita: a redacción do traballo
    4.3. Postescrita: avaliación e corrección lingüística


    Bibliografía básica e complementaria
    Barrionuevo Almuzara, Leticia (2008): “El acceso abierto a la literatura científica en España: dos rutas de color” [en liña]. En V Foro Mundial de Conocimiento Libre (Puerto Ordaz, Venezuela, 19-23 noviembre 2007), E-Prints in Library & Information Science, [2008], , [Consulta: 11/06/2013].
    Bajtin, Mijail M. (1979 [1952-53]): “El problema de los géneros discursivos”. En Estética de la creación verbal. México: Siglo XXI, pp. 248-293. [Ed. en liña]: , [Consulta: 13/06/2013].
    Bitchener, John (2010): Writing an Applied Linguistics Thesis or Dissertation: A Guide to Presenting Empirical Research. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
    Boeglin Naumovic, Martha (2007): Leer y redactar en la universidad: del caos de las ideas al texto estructurado. Sevilla: MAD.
    Cano Aguilar, Rafael (2000): Introducción al análisis filológico. Madrid: Castalia.
    Carlino, Paula (2005): Escribir, leer y aprender en la universidad: Una introducción a la alfabetización académica. Buenos Aires: Fondo de Cultura Académica.
    Cassany, Daniel (1995 [1993]): La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama.
    Cassany, Daniel (2006): Taller de textos: Leer, escribir y comentar en el aula (= Papeles de Pedagogía, 68). Barcelona: Paidós.
    Cassany, Daniel (2007): Afilar el lapicero: Guía de redacción para profesionales. Barcelona: Anagrama.
    Castelló, Montserrat, coord. et al. (2007): Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos: Conocimientos y estrategias. Barcelona: Graó.
    Duarte-García, Emilio (2007): “Gestores personales de bases de datos de referencias bibliográficas: características y estudio comparativo” [en liña]. El Profesional de la Información, 16/6, pp. 647-656, , Consulta: 11/06/2013].
    Eco, Umberto (1994 [1977]): Cómo se hace una tesis: Técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura. Barcelona: Gedisa.
    Hyland, Ken (2000): Disciplinary Discourses: Social Interaction in Academic Writing. London: Longman.
    Loureda Lamas, Óscar (2003): Introducción a la tipología textual. Madrid: Arco/Libros.
    Marimón Llorca, Carmen & Isabel Santamaría Pérez (2007): “Los géneros y las lenguas de especialidad (II): el contexto científico-técnico”. En Enrique Alcaraz Varó et al. (eds.), Las lenguas profesionales y académicas, Barcelona: Ariel, pp. 127-140.
    Martínez de Sousa, José (1993 [1989]): Diccionario de bibliología y ciencias afines. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2ª ed. aum.
    Martínez de Sousa, José (2007 [2001]): Manual de estilo de la lengua española. Gijón: Trea, 3ª ed. aum.
    Montolío, Estrella, coord. (2000): Manual práctico de escritura académica (= Ariel Practicum). Barcelona: Ariel.
    Moyano, Estela Inés (2001): “Una clasificación de géneros científicos”. En XIX Congreso AESLA (Universidad de León, 3-5 de mayo de 2001), pp. 1-9. [Ed. en liña]: , [Consulta: 10/06/2013].
    Narvaja de Arnoux, Elvira, Mariana di Stefano & Cecilia Pereira (2002): La lectura y la escritura en la Universidad. Buenos Aires: Eudeba.
    Sierra Bravo, Restituto (1988 [1986]): Tesis doctorales y trabajos de investigación científica: Metodología general de su elaboración y documentación. Madrid: Paraninfo, 2ª ed. aum.
    Swales, John M. (1990): Genre Analysis: English in Academic and Research Settings. Cambridge: Cambridge University Press.
    Vargas Franco, Alfonso et al. (2007): Escribir en la Universidad: Reflexiones y estrategias sobre el proceso de composición escrita de textos académicos. Cali: Universidad del Valle.
    Vázquez, Graciela, coord. (2001): Guía didáctica del discurso académico escrito: ¿Cómo se escribe una monografía? Madrid: Edinumen.
    Vázquez, Graciela, coord. (2001): El discurso académico oral: Guía didáctica para la comprensión auditiva y visual de clases magistrales. Madrid: Edinumen.

    Competencias
    BÁSICAS E XERAIS

    1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, decote nun contexto de investigación.
    2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
    3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontárense á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
    5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que en gran medida terá que ser autodirixido ou autónomo.
    6. Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
    7. Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
    8. Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
    9. Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais.

    TRANSVERSAIS

    1. Expresión correcta, tanto oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
    2. Dominio da expresión e da comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro.
    3. Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
    4. Asunción, como profesional e como cidadán/á, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
    5. Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

    ESPECÍFICAS

    1. Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso á información bibliográfica, utilización axeitada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)

    Metodoloxía da ensinanza
    1. O curso desenvolverase a través das aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación e elaboración dun traballo tutelado).
    2. O curso iniciarase cunha sesión presencial na que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os estudantes en relación con estas cuestións.
    3. Os temas do programa desenvolveranse a partir da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos polo profesor en sesións maxistrais. Como complemento das súas explicacións, o profesor tamén fará propostas de actividades de aplicación que os estudantes deberán desenvolver en horas non presenciais. Na resolución desas actividades promoverase o traballo colaborativo.
    4. As sesións maxistrais complementaranse con outras que servirán para que os estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas actividades de aplicación.
    5. As titorías en grupo reducido utilizaranse para promover a discusión verbo de cuestións que poidan resultar problemáticas ou para aclarar conceptos en cuxa comprensión os estudantes atopasen algunha dificultade.
    6. Para o traballo tutelado ofreceranse varias opcións.

    Sistema de evaluación
    1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 1ª OPORTUNIDADE terá o seguinte reparto porcentual:
    1.1. Un 30% obterase pola realización dun TRABALLO TUTELADO.
    1.2. Un 30% corresponderá a unha PROBA ESCRITA final que se realizará na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro para a 1ª oportunidade. Esta proba abranguerá os contidos das sesións maxistrais e das lecturas obrigatorias e tamén poderá constar de exercicios de aplicación. Os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia.
    1.3. Un 30% obterase a través da realización de PRÁCTICAS preparadas en horas non presenciais.
    1.4. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo.

    2. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:
    2.1. Os estudantes que suspendan a materia na 1ª oportunidade por non acadaren os 4 puntos na proba escrita final deberán facer un novo exame escrito do mesmo tipo que o da 1ª oportunidade na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro para a 2ª oportunidade.
    2.2. Aos estudantes que non superen a materia na 1ª oportunidade incluiráselles a asistencia e participación no reparto porcentual correspondente á proba escrita, de modo que esta terá un valor do 40% na 2ª oportunidade.
    2.3. Os estudantes que suspendan a materia na 1ª oportunidade e non superen ou non entreguen algunha(s) actividade(s) deberán realizar as actividades substitutivas que se lles encomenden para a 2ª oportunidade. O profesor fará públicas a(s) actividade(s) que debe realizar cada estudante e as instrucións pertinentes; o prazo de entrega rematará coa celebración da proba escrita da 2ª oportunidade e o seu valor seguirá sendo o 30% da cualificación final.
    2.4. Os estudantes que suspendan a materia na 1ª oportunidade e non acaden o nivel de aprobado no traballo tutelado (5 puntos sobre 10) deberán reelaboralo a partir das recomendaciones que lles faga o profesor; o prazo de entrega rematará coa celebración da proba escrita da 2ª oportunidade e o seu valor seguirá sendo o 30% da cualificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    1. Sesións maxistrais: 10 horas presenciais
    2. Actividades, prácticas e exercicios (15 horas): 5 presenciais + 10 non presenciais
    3. Titorías en grupo reducido (7 horas): 3 presenciais + 4 non presenciais
    4. Lecturas obrigatorias: 25 horas non presenciais
    5. Traballo tutelado: 18 horas non presenciais

    TOTAL (75 horas): 18 presenciais + 57 non presenciais

    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Convén posuír un nivel medio de comprensión do inglés, xa que os materiais de consulta recomendados poden incluír textos escritos neste idioma.
    2. Experiencia de navegación pola Internet e coñecemento dalgún catálogo bibliotecario.

    Observacións
    1. O plaxio total ou parcial é inadmisible e contrario aos obxectivos perseguidos. Pode levar consigo a perda de máis puntuación que o valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia.
    2. A expresión oral e escrita do estudante debe ser correcta e axeitada ao seu nivel académico; de non selo, poderá reflectirse na puntuación recibida.