Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5211201 - Lingüística de corpus e adquisición da lingua (Lingüística aplicada á adquisición de linguas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 18.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Lingüística Xeral, Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ PEREZ, MILAGROS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Destacar o papel da Lingüística no estudo de manifestacións verbais singulares como é o caso da linguaxe en proceso de desenvolvemento. A proxeción aplicada de procedementos de análise e de conceptos extraídos da Lingüística resulta indispensable para: (a) aproximarse ás dinámicas de emerxencia verbal en ontogénese,(b) abordar as peculiaridades comunicativas da fala nesas etapas, e (c) plantexarse a súa posible estimación en situacións especiais de anomalía ou disfunción.
    Contidos
    1. Introdución. Enfoques lingüísticos para o estudo de usos verbais especiais.

    2. Desenvolvemento da linguaxe e Lingüística dos usos. Importancia dos corpus no estudo da adquisición da linguaxe. Enfoques teóricos da emerxencia da fala no período infantil.

    3. A relevancia de estudar a fala infantil. Rasgos xenuinos na lingua dos nenos. Algúns lugares comúns na adquisición da lingua que necesitan ser revisados.

    4. ¿Por qué é necesario valorar a linguaxe en proceso segundo as súas peculiaridades?. ¿Cómo estimar a fala infantil?

    Bibliografía básica e complementaria
    Ambridge, Ben &Lieven, Elena (2011), Child Language Acquisition. Contrasting Theoretical Approaches, London, Cambridge University Press.
    Barlow, Michael & Kemmer, Suzanne (eds.) (1999), Usage based models of language, Stanford, Center for the Study of Language and Information.
    Clark, Eve V. (2003), First Language Acquisition, Cambridge, Cambridge University Press.
    Elman, Jeffrey; Bates, Elisabeth; Johnson, Mark; Karmiloff-Smith, Annette; Parisi, Domenico & Plunkett, Kim (1999), Rethinking Innateness. A Connectionist Perspective on Development, Cambridge, The MIT Press, 1999.
    Fernández López, Isabel (2009), ¿Cómo hablan los niños? El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil, Madrid, Arco Libros.
    Fernández Pérez, Milagros (2006): “Usos verbales y adquisición de la gramática. Construcciones y procesos en el habla infantil”, en Revista Española de Lingüística,36, 319-348.
    Fernández Pérez, Milagros (coord.) (2011), Lingüística de corpus y adquisición de la lengua, Madrid, Arco Libros.
    Gregory, Richard L. (ed.) (1987), Diccionario Oxford de la mente, Madrid, Alianza, 1995.
    Hoff-Ginsberg, Erika (1997), Language Development, Pacific Grove (California), Brooks/Cole Pub., 1997.
    MacWhinney, Brian (ed.) (1999), The Emergence of Language, New Jersey/ New York, Lawrence Erlbaum, 1999.
    Paul, Rhea (20073), Language Disorders from Infancy through Adolescence, Mosby Elsevier, St. Louis, Missouri.
    Saxton, Matthew (2010), Child Language. Acquisition and Development, London, SAGE Publishing.
    Slobin, Dan (ed.) (1997), The Crosslinguistic Study of Language Acquisition, vol. 5 (Expanding the Contexts), Hillsdale, Lawrence Erlbaum.
    Tomasello, Michael (2003), Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition, Cambridge, Masachussets, Harvard University Press.
    Competencias
    1. Habilidades para contemplar a Lingüística máis aló do sistema da lingua-producto definitivamente conformada.
    2. Habilidades para cultivar aplicacións da Lingüística en situacións peculiares de usos evolutivos.
    3. Destrezas para acometer análisis de fala espontánea singular.
    4. Destrezas para xestionar datos de fala evolutiva procedentes de corpus.
    Metodoloxía da ensinanza
    Sesións expositivas mediante presentacións en power point e guion previo de contidos nucleares do programa, combinadas con sesións interactivas dedicadas á resolución de tarefas e ao debate.
    Sistema de evaluación
    PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
    Evaluación continua mediante tarefas e exercicios encomendados. Estimación dun traballo final previamente orientado.
    Traballo titulado: 80%
    Asistencia: 10%
    Discusión dirixida: 10%

    SEGUNDA OPORTUNIDADE:
    Exame na data fixada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Media de tres horas semanais durante o período de impartición da materia. Ao que deben engadirse seis horas para a elaboración do traballo final.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia continuada ás sesións, realización dos exercicios encomendados e lectura atenta e comprensiva da bibliografía que se señale.