P5211214 - Procesamento da linguaxe oral (Linguas e tecnoloxías) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 18.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer as principais técnicas de análise e extracción de información da onda sonora da fala
Coñecer os procedementos de procesamento da lingua oral e as súas aplicacións principais.
Coñecer os dispositivos de recoñecemento e de síntese de voz e as súas aplicacións principais.
Contidos1. Produción e comprensión da lingua falada
2. Extracción de información do sinal sonoro.
a. O sinal sonoro como fenómeno físico e a fonética acústica
b. Técnicas instrumentais
3. Recoñecemento da fala
a. Aspectos auditivos e cognitivos do recoñecemento d afala
b. Os recoñecedores da fala e da voz
4. Procesadores texto-voz
a. Procesamento lingüístico e prosódico
b. Síntese de voz e modelado prosódico
5. Outras aplicacións: transcritores, tradución voz a voz, xestores de diálogo.
6. Córpora de lingua oral
a. Tipos e finalidades
b. Córpora orais na investigación lingüística en Galicia
Bibliografía básica e complementariaFernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
García Mateo, Carmen & Antonio Cardenal López (2008): “Recoñecemento automático da fala: ideas básicas e algúns exemplos ilustrativos”, en E. Fernández Rei & X. L. Regueira (eds.): Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 249-272.
Jonhson, Keith (1997): Acoustic and auditory phonetics. Oxford: Blackwell.
Ladefoged, Peter (2000): Vowels and consonants. An introduction to the sounds of languages. Oxford: Blackwell [+1 CD-ROM].
Martínez Celdrán, Eugenio & Ana M. Fernández Planas (2007): Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel.
Pusch, Claus D. & Wolfgang Raible (Hgg.): Romanistische Korpuslingustik: Korpora und gesprochene Sprache / Romance Corpus Linguistics: Corpora and Spoken Language. Tübingen: Gunter Narr Verlag, 2002.
Rodríguez Banga, Eduardo (2008): “Síntese de voz: estado da cuestión e perspectivas”, en E. Fernández Rei & X. L. Regueira (eds.): Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 235-247.
CompetenciasCoñecer as técnicas e procedementos para a extracción de información do sinal sonoro.
Saber utilizar programas e ferramentas de análise acústica.
Coñecer os fundamentos dos recoñecedores de fala e dos procesadores texto-voz.
Coñecer as aplicación principais dos recoñecedores de fala e dos procesadores texto-voz.
Coñecer as características e aplicacións dos córpora de lingua oral
Saber utilizar programas de transcrición e xestión de córpora orais
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas (sesión maxistral) consisten na explicación dos conceptos e procedementos das diferentes técnicas e modelos estudados. Durante estas clases fomentarase a intervención activa das alumnas e alumnos.
De maneira complementaria, estableceranse sesións de discusión dirixida sobre temas específicos, para as que se poderán facer previamente lecturas preparatorias.
O alumnado realizará un traballo tutelado, para o que contará con apoio presencial en sesións de titoría en grupo reducido, para aprender a utilizar programas de análise acústica e de xestión de córpora orais e para aplicar na práctica os conceptos aprendidos.
Sistema de evaluaciónA avaliación do rendemento farase a través da observación do traballo realizado nas clases, participación, discusións, actividades, así como a través dun traballo práctico que se entregará nos días posteriores ao remate das clases. Corresponde a cada parte a seguinte porcentaxe na cualificación final:
Traballo tutelado: 70 %
Asistencia e participación: 10%
Exercicios e actividades: 20%
A avaliación da 2ª oportunidade (mes de xullo) limitarase á entrega do traballo tutelado (cun peso do 70%), e manterase, para o 30% restante,
a nota obtida na primeira oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais (docencia teórica, titorías, actividades): 21 h
Horas non presenciais (lectura, traballo autónomo): 54 h
Recomendacións para o estudo da materiaAínda que non existen requisitos específicos para estudar esta materia, é recomendable ter ou adquirir previamente nocións básicas de fonética, e especialmente de fonética acústica.