P5211225 - Fundamentos de lexicoloxía e lexicografía (O universo do léxico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 18.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Románica, Filoloxía Italiana, Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA finalidade desta materia é dar a coñecer os aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación lexicolóxica e lexicográfica. Exporanse os problemas que presenta o estudo do significado e a adquisición das estratexias para delimitalo e definilo con criterios rigorosos e científicos. Asimesmo, amosaranse as capacidades necesarias para descifrar as potencialidades do léxico, desde as perspectivas lexicolóxica e lexicográfica.
ContidosDurante o curso desenvolveranse os temas seguintes:
1. O universo léxico. A súa organización e descrición
2. Lexicoloxía e lexicografía
3. A lexicoloxía e os seus ámbitos de estudo
4. A Lexicografía
4.1. O dicionario
4.2. Tipoloxía dos dicionarios
Bibliografía básica e complementariaBibliografía esencial
ABAD NEBOT, F., Cuestiones de lexicología y lexicografía, Madrid, UNED, 1997.
BAJO PÉREZ, E., Los diccionarios. Introducción a la lexicografía del español, Oviedo, Trea, 2000.
HAENSCH, G., Los diccionarios del español hacia el siglo XXI, Salamanca, Universidad de Salamanca, 2004.
LARA, L. F., Curso de lexicología, México, El Colegio de México, 2006.
MEDINA GUERRA, A.M. (ed.), Lexicografía española, Barcelona, Ariel, 2003.
MIGUEL APARICIO, E. de (ed.), Panorama de la lexicología, Barcelona, Ariel, 2009.
Bibliografía complementaria
CESARIS, J de; ALSINA, J. (eds.), Estudis de lexicografia, Institut Universitari de Lingüística Aplicada - Universitat Pompeu Fabra, Barcelona, 2001.
CORDOBA RODRÍGUEZ, F., Introducción a la lexicografía, Olomuc, Univerzita Palackého v Olomuci, 2001.
FORGAS BERDET, E. (ed.), Léxico y diccionarios, Tarragona, Universitat Rovira i Virgili, 2001.
PORTO DAPENA, J.A., Manual de técnica lexicográfica, Madrid, Arco Libros, 2002.
STERKENBURG, P.G.J. van, A practical guide to lexicography, Amsterdam/Philadelphia, John Benjamins Publishing Company, 2003.
O resto das indicacións bibliográficas e outros materiais pertinentes ao curso serán proporcionados polos profesores durante as clases.
CompetenciasAo final do curso, os estudantes serán capaces de aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos. Ao mesmo tempo, terán aprendido a escoller axeitadamente os datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
Metodoloxía da ensinanza No desenvolvemento das clases combinaranse as sesións maxistrais cos debates, os casos prácticos (froito de lecturas e actividades) e os estudos tutelados.
Sistema de evaluaciónAs porcentaxes que se indican a continuación son aplicables ás dúas oportunidades de avaliación.
A valoración do esforzo realizado polos alumnos basearase nos seguintes parámetros:
1) asistencia e participación activa nas clases: 10%
2) realización de exercicios durante as clases (posteriormente entregados ao profesor): 20%
3) realización dun traballo tutelado: 70%
Tempo de estudo e traballo persoalClases: 25 horas (15 presenciais e 10 non presenciais)
Traballo tutelado : 18 horas (non presenciais)
Titorías en grupo : 7 horas (3,5 presenciais e 3,5 non presenciais)
Lecturas: 25 horas (non presenciais)