Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5211226 - A elaboración do diccionario (O universo do léxico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 18.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Italiana, Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Alvarez De La Granja, Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Analizar e explotar con fins lexicográficos córpora e bases de datos lingüísticos
    • Familiarizarse con recursos e ferramentas para a elaboración de dicionarios
    • Deseñar e elaborar produtos lexicográficos empregando métodos de traballo modernos e estandarizados.
    • Coñecer os problemas que implica a redacción dunha obra lexicográfica e os recursos para resolvelos.

    Contidos
    1. O corpus lexicográfico. Construción e explotación
    2. A macroestrutura dos dicionarios
    2.1 A selección léxica
    2.2 A lematización
    3. A microestrutura dos dicionarios
    3.1 A información lexicográfica. Tipoloxía e organización
    3.2 As acepcións. Identificación e ordenación.
    3.3 A definición no dicionario monolingüe. Tipos e técnicas
    3.3 Os equivalentes no dicionario bilingüe

    Bibliografía básica e complementaria
    Fontenelle, Thierry (ed.) (2008): Practical Lexicography. A Reader. Oxford: Oxford University Press.

    Haensch, Gunter et alii (1982): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid: Gredos.

    Martínez de Sousa, José (2009): Manual básico de lexicografía. Gijón: Ediciones Trea.

    Medina Guerra, Antonia M. (coord.) (2003): Lexicografía española. Barcelona: Ariel.

    Porto Dapena, José-Álvaro (2002): Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco Libros.

    Porto Dapena, José-Álvaro (2009): Lexicografía y metalexicografía. Estudios, propuestas y comentarios (Anexo 12 da Revista de Lexicografía). A Coruña: Universidade.

    Sterkenburg, P.G.J. van (2003): A practical guide to lexicography. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins Publishing Company.
    Sue Atkins, B. T. / M. Rundell (2008): The Oxford Guide to Practical Lexicography. Oxford: Oxford University Press.

    Svensen, B. (2009): A handbook of Lexicography. The Theory and Practice of Dictionary-Making. Cambridge: Cambridge University Press.

    Competencias
    • Coñecemento de recursos e ferramentas para a elaboración de dicionarios
    • Capacidade para identificar problemas na redacción dunha obra lexicográfica e para solventalos.
    • Capacidade para elaborar produtos lexicográficos con diferentes criterios e métodos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:
    • Clases expositivas e interactivas. A profesora introducirá conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en exercicios, comentarios... que se utilizarán para traballar de forma aplicada algúns dos contidos expostos, para solucionar dúbidas e fixar coñecementos, así como para introducir de maneira práctica algúns conceptos do programa.
    • Titorías en grupo. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno.
    • Traballo tutelado. Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia.
    •Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios... de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial.
    • Lecturas. Ao longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais.
    Nesta materia empregaranse os recursos da aula virtual.

    Sistema de evaluación
    As porcentaxes indicadas son aplicables ás dúas oportunidades de avaliación:
    • Traballo tutelado: 60% da cualificación global
    • Actividades de curso: 25% da cualificación global
    • Asistencia e participación: 15% da cualificación global

    Tempo de estudo e traballo persoal
    • Clases: 25 horas (15 Pres., 10 Non pres.)
    • Traballo tutelado: 18 horas (Non pres.)
    • Titorías en grupo: 7 horas (3,5 Pres., 3,5 Non pres.)
    • Lecturas: 25 horas (Non pres.)