P5211232 - Cuestións actuais da Gramática (Semántica, gramática e pragmática) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 18.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Lingua Española, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingua Española, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEste curso está concibido para ofrecer un estudo monográfico dalgúns temas actuais de gramática. Trátase dun curso avanzado de temática variable. Nesta edición o tema obxecto de estudo é o seguinte:
—As relacións gramaticais. Sintaxe, semántica e pragmática.
Contidos1. As relacións gramaticais. Caracterización multiestratal: roles semánticos, funcións pragmáticas e ‘funcións’ sintácticas
2. Funcións figuradas: sobre o concepto de función sintáctica
2.1. O tratamento das funcións sintácticas nas gramáticas funcionais
2.2. A ‘función’ sintáctica como figura de expresión dos roles semánticos
2.3. A ‘función’ sintáctica como figura de expresión de funcións pragmáticas
2.4. Propiedades formais e propiedades funcionais nas relacións gramaticais
3. A categorización das relacións gramaticais
3.1. Categorías externamente discretas pero internamente continuas
3.2. Sobre a circularidade do espectro de categorías funcionais
3.3. Categorías centrais, categorías periféricas e fluxos de transferencia entre centro e periferia
Bibliografía básica e complementaria-Butler, Christopher S. 2012. “Syntactic functions in Functional Discourse Grammar and Role and Reference Grammar: an evaluative comparison”. Language Sciences 34:4, 480-490.
-Cidrás, Francisco. 2012. “On the concept of syntactic function in a functional grammar”. Functions of Language 19:2, 147-173.
-Croft, William & D. Alan Cruse. 2004. Cognitive linguistics. Cambridge, Cambridge University Press.
-Dik, Simon C. 1997. The Theory of Functional Grammar. Part 1: The Structure of the Clause. Berlín, Mouton de Gruyter.
-Dowty, David. 1991. “Thematic proto-roles and argument selection”. Language, 567:3, 547-619.
-Dryer, Matthew S. 1997. “Are grammatical relations universal?” In Joan Bybee, John Haiman & Sandra Thompson. Essays on language function and language type: Dedicated to T. Givón. Amsterdam, John Benjamins, 115-143.
-Farrel, Patrick. 2005. Grammatical relations. Oxford, Oxford University Press.
-García Miguel, José Mª. 1995. Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes. Santiago de Compostela, USC.
-García Miguel, José Mª & Gael Vaamonde. 2010. “Semantic role annotation: From verb-specific roles to generalized semantic roles” Interdisciplinary workshop on verbs. The identification an representarion of verb Features. Pisa.
-Halliday, M. A. K. 1985. An introduction to Functional Grammar. London, Edward Arnold.
-Palmer, Frank R. 1994. Grammatical roles and relations. Cambridge, Cambridge University Press.
-Primus, Beatrice. 1999. Cases and thematic roless. Tübingen, Niemeyer.
-Van Valin, Robert D. 2005. Exploring the syntax-semantics interface. Cambridge, Cambridge University Press.
-Van Valin, Robert D. & Randy LaPolla. 1997. Syntax. Structure, meanig and function. Cambridge, Cambridge University Press.
Competencias• Coñecer a vinculación entre as propiedades formais (sintácticas) e as funcionais (semántico-pragmáticas) das relacións gramaticais.
• Coñecer o interfaz entre a sintaxe, a semántica e a pragmática nun ámbito específico da gramática.
• Realizar análises gramaticais e recensións críticas sobre textos gramaticais especializados, no ámbito de estudo da materia.
Metodoloxía da ensinanza Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:
• Clases expositivas e interactivas. Empregaranse para introducir conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, para traballar de forma aplicada algúns dos contidos expostos, para solucionar dúbidas e fixar coñecementos, así como para introducir de maneira práctica algúns conceptos do programa
• Titorías en grupo. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do/a alumno/a.
• Traballo tutelado. Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia.
•Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios... de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial.
• Lecturas. Ao longo do curso encargaranse lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais.
Nesta materia empregaranse recursos da aula virtual.
Sistema de evaluaciónAs porcentaxes indicadas son aplicables ás dúas oportunidades de avaliación:
• Traballo tutelado: 55% da cualificación global
• Actividades de curso: 30% da cualificación global
• Asistencia e participación: 15% da cualificación global
Tempo de estudo e traballo persoal• Clases: 25 horas (15 Pres., 10 Non pres.)
• Traballo tutelado: 18 horas (Non pres.)
• Titorías en grupo: 7 horas (3,5 Pres., 3,5 Non pres.)
• Lecturas: 25 horas (Non pres.)
TOTAL: 75 horas