Grao de licenciado
Condicións e Normas para a Graduación e/o a realización de Proxectos Fin de Carrera
Orde de 29 de xaneiro de 1979 pola que se aproba a normativa para a colación do grao de Licenciado pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.
Ilmo. Sr. : Vista a proposta elevada polo Rectorado da Universidade de Santiago, en solicitude de aprobación da normativa para a obtención do grao de Licenciado na facultade de Filoloxía da devandita Universidade:
Considerando que a referida proposta foi favorablemente informada pola Xunta de Facultade con data 25 de febreiro de 1977;polo Rectorado e pola Xunta Nacional de Universidades na reunión da súa Comisión Permanente do día 22 de decembro de 1978:
Este Ministerio dispuxo aproba-la normativa para a colación do grao de Licenciado pola Facultade de Filoloxía da universidade de Santiago, consonte coas modalidades que a seguir se indican:
1.Para a obtención do grao de Licenciado na facultade de Filoloxía da Universidade de Satiago cumprirá realizar unha memoria de Licenciatura segundo o procedemento que se indica a seguir. Esta proposta consistirá nun estudio que, alomenos, deberá te-lo rigor científico dun artigo de revista especializada.
2.Os aspirantes á realización da Memoria de licenciatura dirixirán unha instancia ó decanato da Facultade de Filoloxía solicitando a admisión do título e director do traballo. A instancia deberá conter, amais dos datos persoais e a situación académica do solicitante, o título do traballo proxectado, así coma a conformidade do director do mesmo e o visto e prace do Director do Departamento en que se vaia realizar. A presentación da instancia farase constar nun libro de rexistro destinado para o efecto, no que se consignarán data de presentación, nome do solicitante, título e director do traballo. Segundo se vaian cumprindo os pasos sucesivos, anotarase tamén data de defensa da Memoria, Tribunal designado para xulgala e cualificación outorgada.
3.As Memorias de Licenciatura deberán ser dirixidas por un profesor da facultade en posesión do título de Doutor.
4.Para realiza-la matrícula que permita a lectura e defensa da Memoria, o alumno deberá entregar na secretaría da Facultade catro exemplares do traballo realizado, un deles quedará arquivado na biblioteca e os outros tres distribuiranse entre os membros do Tribunal designado para xulgalo. Un destes exemplares pasará ó Departamento en que se realizara a investigación.
5.O Decano da Facultade, a proposta do director do departamento en que se realizara a Memoria, designará o Tribunal que ha de xulgala. Este Tribunal estará composto por tres profesores da Facultade, un dos cales deberá ser precisamente o director da Memoria. O Presidente do Tribunal, que deberá ser Profesor numerario da Facultade, fixará data, hora e lugar do acto de lectura e defensa.
6.Reunido o Tribunal en sesión publica, o presidente concederá a palabra ó graduando para que, no tempo máximo de quince minutos, realice a exposición oral, non lectura, do tema do seu traballo, método empregado e conclusións ás que chegara.
A seguir, os membros do tribunal formularán as obxeccións e observacións que estimen pertinentes e solicitarán do graduando as aclaracións que estimen oportunas. A todo isto deberá contesta-lo graduando. Tralas deliberacións previas, procederá á votación , na que cada membro cualificará o traballo cunha puntuación comprendida entre cero e catro puntos, ámbolos dous inclusive. A media destas cualificacións considerarase a cualificación da Memoria, á que se sumará a asignaturas aprobadas en exames ordinarios, e 0,5, 1, 1,5 e 2, cando se trate de exames extraordinarios.
A calificación global do grao de Licenciatura será a media do expediente académico do graduando conforme as equivalencias seguintes:
Ata 1,50 Aprobado; entre 1,50 e 2,50 Notable; desde 2,51 Sobresaliente.
Na acta do exercicio farase consta-la calificación ea a nota numérica obtida.
8. O prazo de matrícula para os exames de grao de Licenciado estará aberto ó longo de todo o período lectivo.
9.Ó final de cada curso académico, o Decano nomeará unha comisión para a concesión dos premios extraordinarios de Licenciatura en cada unha das distintas Seccións. Poderán aspirar ó premio extraordinario todos aqueles alumnos que realizaran os exames de grao o curso en que remataron a carrreira ou o inmediatamente posterior a este e obtiveran neles a cualificación de sobresaliente.
Poderán concederse dous premios extraordinarios por Sección e curso académico.