
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | ||
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: null
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: VILARIÑO PICOS, MARIA TERESA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
o Proporcionar coñecementos filolóxicos e
humanísticos, unha visión actualizada e práctica dos sistemas teóricos e metodolóxicos vixentes na actualidade no eido dos Estudos literarios, así como os seus antecedentes máis significativos desde a Poética e a Retórica clásicas.
o Favorecer o profundamento nos coñecementos da literatura ou literaturas desde unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico.
o Proporcionar as ferramentas metodolóxicas e técnicas.
o Proporcionar os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a fenómenos culturais que transvasan as fronteiras físicas.
o Favorecer e crear unha rede de coñecemento, de investigación e de encontros no ámbito dos Estudos literarios e das Humanidades que permita a libre circulación de ideas e a mobilidade de estudantes, profesores e investigadores, superando as especificidades nacionais.
o Promover o entendemento intercultural mediante a colaboración cos países de fóra da Unión Europea.
o Proporcionar unha vía alternativa aos másters de elite que ofrecen as universidades norteamericanas.
o Integrar os Estudos literarios nun contexto cultural máis extenso.
o Atender de maneira especial ao concepto de Literatura Europea, desde un punto de vista comparado. revisando cuestións de índole historiográfica e xeocultural.
o Análise da situación particular da Península Ibérica, no que se refire á Literatura e á Cultura.
o Aproximarse, de maneira rigorosa, ao que nos últimos anos se denoominou “posliteratura”, isto é, reflexionar e cuestionar a concepción máis tradicional do termo e concepto Literatura, ampliándoa a través da súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, as artes, así como á diversidade xenérica, social, cultural, en definitiva.
o Contribuír á necesidade de camiñar cara a unha moderna pedagoxía da literatura. Trátase de achegarse a unha auténtica pedagoxía do texto (en sentido amplo) máis axeitada ás circunstancias da nosa sociedade. Esta aprendizaxe reflexiva capacitará aos estudantes para interpretar textos de calquera clase mediante unha lectura lúcida e para expresarse (de maneira oral e escrita) de maneira correcta.
Entre os seus obxectivos fundamentais, están a mellora da calidade docente en todos os ciclos, a potenciación da capacidade investigadora e a mellora do funcionamento interno da unidade, a incorporación de TIC e de materias en novos formatos, a achega de novos contidos na USC virtual e a adaptación de materias ao EEES.
Proporcionar as ferramentas metodolóxicas e técnicas que axuden a pór en práctica as competencias necesarias para conseguir postos de aplicación en distintas institucións nacionais e internacionais, nos grandes grupos de comunicación que dependen da administración e a xestión
da información dos bens culturais e recursos humanos.
Facilitar in situ aos estudantes plurilingües os instrumentos metodolóxicos que desenvolvan un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de face a fenómenos culturais que transvasan as fronteiras físicas.Favorecer e crear unha rede de coñecemento, de investigación e de encontros no ámbito dos Estudos literarios e as Humanidades que aborden a homoxeneidade e a heteroxeneidade da cultura europea en todas as épocas. Os estudantes, profesores e investigadores implicados no Máster intercambiarán, no marco do Consorcio, prácticas pedagóxicas e traballos en equipo, superando as especificidades nacionais.
- Entender e analizar o lugar da Crítica literaria no marco xeral dos Estudos literarios, con particular atención aos vínculos coa Teoría literaria.
- Estudar o discurso crítico e a criticidade.
- Aprender a analizar con perspectiva empírica o campo cultural.
- Estudar con sentido crítico e comparado os procedementos e metodoloxías da Historia literaria e da Historia cultural, así como as propostas alternativas a esta clase de saber e de discurso.
- Exploración da Literatura Comparada como disciplina e metodoloxía.
- Familiarización coas máis recentes discusións en Literatura Comparada.
- Achegamento ás implicacións da Literatura Comparada no contexto da mundialización.
- Achegarse a unha visión interlingüística, interliteraria, interartística e intercultural da literatura europea.
- Proporcionar un achegamento rigoroso á análise crítica da literatura europea mediante un enfoque comparatista.
- Discutir criticamente as principais cuestións que suscita a noción de literatura europea.
- Acceso á metodoloxía e ás liñas de investigación básica no ámbito dos medios de masas.
- Achegamento ás principais teorías de análise dos medios de masas.
o Diferenciación entre cultura popular e cultura de masas.
- Analizar as vantaxes que as novas tecnoloxías supoñen para a pedagoxía da Literatura.
- Reconceptualizar a noción de xénero literario, observando como narrativa, teatro, poesía e ensaio cobran novas dimensións, vinculados coas novas tecnoloxías.
- Reflexionar sobre as nocións de autor, lector, texto, institución, etc. á luz dos cambios que provocan soportes e contornos coma Internet, CD-ROM, DVD, etc.
- Favorecer unha perspectiva aberta á multiplicidade de manifestacións textuais da poesía, impedindo unha concepción restritiva do texto lírico.
- Propiciar un achegamento ás liñas mestras da poesía moderna partindo de autores, obras e tendencias estéticas adscritas a diferentes tradicións literarias.
- Entender e saber situar en termos históricos e culturais a variabilidade do arquixénero ensaístico e as súas conexións con outros discursos e variantes textuais (literarios, filosóficos, didácticos, dogmáticos, políticos, poetolóxicos, - Reconsiderar conceptos fundamentais da Teoría literaria, como os de ficción ou narración, desde a condición discursiva e textual do ensaio.
- Establecer operativos válidos para a análise formal do ensaio en tanto discurso argumentativo.
- Diferenciar as diversas concrecións da racionalidade humana e as súas proxeccións no eido das prácticas ensaísticas (razón histórica, razón poética, razón hermenéutica e outras).
- Acceder a un coñecemento crítico dos desenvolvementos históricos do ensaio na cultura occidental.
- Fomentar a lectura crítica dos textos literarios empregados e as capacidades relacionais do estudante verbo dos contidos e os métodos propostos con respecto ás producións culturais nas que se desenvolven no seu entorno cotián.
- Analizar criticamente o feito de que vivimos a realidade mediada polas nosas construcións intelectuais (lingüísticas, sociais, culturais e políticas). A linguaxe, como vieiro fundador da nosa representación da realidade é, tamén, un dos instrumentos colaboradores das diversas reelaboracións ideolóxicas posíbeis.
- Achegamento á idea de performance/execución como modalidade artística e desenvolvemento dos parámetros teóricos básicos que axuden a comprendela.
- Performance e teatro: sistemas en oposición.
- Performance e oralidade.
- Performance e poesía.
- Reflexión sobre o concepto de teatralidade desde unha perspectiva interdisciplinar.
- Performance e teatro: sistemas en oposición.
- Estudo da teoría teatral, desde o pensamento clásico aos nosos días, con especial atención ás teorías desenvoltas no século XX.
- Introdución á relación entre o teatro e outras artes, como a pintura ou a arquitectura, enmarcando o proceso teatral no sistema xeral das artes.
- Desenvolvemento das competencias críticas do alumno, de maneira que sexa quen de contribuír con propostas dramatúrxicas á posta en escena dun espectáculo.
- Espírito crítico ante as diversas artes visuais en relación coa literatura e cos mecanismos poéticos e retóricos que inclúen.
- Concepción global da cultura.
- Dominio do vocabulario crítico pertinente para comentar diferentes manifestacións artísticas (cinema, pintura e fotografía).
- Analizar as relacións históricas entre Literatura e cinema. Estabelecemento de tipoloxías.
- A adaptación fílmica.
- O guión literario.
- Recoñecer as pegadas que deixan nos textos literarios os condicionamentos históricos e políticos.
- Explorar a relación entre modernidade e posmodernidade ao fío dalgunhas obras e tendencias artísticas emerxentes.
- Asesor en consellos editoriais de xornais, revistas e coleccións literarias.
- Asistente (como documentalista e/ou investigador) de equipos de guionistas.
- Axudante (como documentalista e/ou investigador) na dirección escénica de espectáculos.
- Promotor cultural, na planificación de actividades de intercambio, na organización de encontros, convencións, conferencias ou mesas redondas; no deseño de roteiros literarios.
- Tradutor e/ou adaptador de textos literarios.
- Docencia universitaria e de ensinanza media.
- Creativo en empresas (publicidade).
- Animación sociocultural. Promoción da cultura en distintas institucións, públicas ou privadas.
- Cooperacións culturais e de ensinanza con ONGs.
- Intérprete.
- Lector de linguas.
- Traballo en postos de diplomacia.
- Traballo en aeroportos.
- Traballo en catalogación e arquivos.
- Traballo en museos
- O programa prepara ao alumno para realizar estudos doutorais (para os que aspiran á docencia universitaria) ou ben para unha grande variedade de carreiras internacionais, executivas e capacitadas para traballar en ámbitos políticos, culturais e administrativos a nivel internacional.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 35
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións por orde de preferencia:
1º) Licenciatura na área de Humanidades, título superior de Ensinanzas Artísticas, licenciaturas en Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Ciencias da Educación, Socioloxía ou Antropoloxía.
2º) Diplomaturas na área Humanidades ou Ensinanzas Artísticas.
3º) Licenciaturas ou diplomaturas noutras áreas (máximo 1 praza).
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041201 | Que é a Crítica Literaria? Claves Metodolóxicas e Aplicacións Prácticas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041202 | A Historia Literaria e a Crítica da Razón Historicista | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041203 | Autonomía Literaria e Campo Político | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041204 | Obxectivos e Aplicacións da Análise Dos Campos Literarios e Culturais | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041205 | Representacións da Masculinidade Na Novela Hispanoamericana Contemporánea | 1.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041206 | Teoría e Práctica no Ensino da Literatura Comparada | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041207 | Literatura Comparada Global: Últimas Discusións | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041208 | Oriente/Occidente: Poética Comparada | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041209 | Intertextualidade e Literatura Comparada | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041210 | Literatura e Cultura da África: Construcións do Obxecto de Estudo | 1.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041211 | Conformación Historiográfica da Literatura Europea | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041212 | Europa Como Xeografía Literaria | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041213 | A Filoloxía Románica Nos Inicios do Comparatismo Literario | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041214 | O Movemento Modernista e O Panorama Literario Inglés: Unha Aproximación Interdisciplinar, 1900-1930 | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041215 | Temas e Personaxes Das Mitoloxías Clásicas Nas Literaturas Occidentais | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041216 | Literatura Europea Femenina (XV-XIX) | 1.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041217 | Introdución á Literatura Infantil e Xuvenil Europea: Teoría e Práctica | 1.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041428 | O movemento modernista e o panorama literario europeo | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041218 | Narrativas de Masas. Novela, Cinema, Cómic e Videoxogo | 4.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041219 | Cultura, Subculturas e Contraculturas | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041220 | O Materialismo Cultural | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041221 | Cinema, Melodrama e Cultura de Masas | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041222 | Da Literatura Oral á Cibercultura | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041223 | Literatura, Cinema e Arte Na Era Dixital | 5.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041224 | Os Videoxogos: Crítica e Práctica | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041225 | Teorías do Poema | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041253 | Procesos de Epización Na Última Poesía Peninsular | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041227 | O Ensaio no Espazo Público | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041228 | A Forma Ensaio | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041229 | Metaficción, Unha Perspectiva Comparada | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5041230 | Cinema, Linguaxe e Ideoloxía | 1.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041231 | Estudos de Performance | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5041232 | Poesía e Prácticas Performativas | 2.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041233 | Fundamentos de Narratoloxía | 4.00 | OP | 2SG | 1 | OF/MR | P5041234 | Teorías do narrador | 1.00 | OP | 2SG | 1 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041235 | Semioloxía do Teatro | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041236 | Teatro e Posmodernidade | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041237 | Aspectos da Renovación Teatral no Século XX | 1.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041238 | Literatura e Música | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041239 | Literatura e Artes Visuais | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041240 | O Tropo da Pantasma en Diferentes Manifestacións Artísticas | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041241 | Arquitectura Literaria (Poética do Espazo e Construción Ficcional) | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041242 | Teoría Feminista e Artes | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041243 | Fundamentos de Narratoloxía Filmoliteraria | 4.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041244 | Teatro e Cinema | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041245 | Do Libro á Televisión | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041246 | Teoría e Práctica da Adaptación Cinematográfica | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041247 | Tradución Literaria e Teorías do Caos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041248 | Tradución e Literatura Comparada | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041249 | Teoría, Metodoloxía e Práctica da Tradución Literaria | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041250 | Poetas Que Traducen Poetas | 1.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041251 | Estratexias de Tradución Na Novela Europea | 1.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041226 | Voces e Mundos no Texto Poético | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041252 | Discurso e Diferenza: da Reescritura Posmoderna á Blogosfera | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041254 | Poscolonialidade e Formas Contemporáneas do Barroco | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041255 | Identidades Sociais e Dinámicas Culturais. O Caso de Brasil Na Segunda Metade do Século XX | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5041256 | Ecofeminismo e Literatura | 2.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5041257 | Traballo de Fin de Máster | 10.00 | OB | TFGM | 1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable