
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Lingua e Literatura inglesas
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto
Data de publicación no BOE: 5 do marzo de 2010; corrección de erros no BOE do 6 de xullo de 2010
Data da última acreditación: 22/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: LOPEZ COUSO, MARIA JOSE
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
1. Formar profesionais que teñan un elevado coñecemento da lingua, cultura e literatura en lingua inglesa.
2. Familiarizar ao alumnado cos contextos sociais, históricos, políticos, filosóficos, xeográficos e artísticos relacionados co mundo anglosaxón.
3. Capacitar ao alumnado para aplicar todos estes coñecementos para desenvolverse de forma adecuada nun futuro profesional (docencia en lingua e literatura inglesas, tradución, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, actividades editoriais, edición de textos, etc.).
4. Manexar procedementos racionais e críticos para examinar a produción literaria en lingua inglesa no seu desenvolvemento histórico e nos seus específicos marcos socio-culturais., e coñecer as distintas aproximacións e metodoloxías que permiten a comprensión crítica da obra literaria en lingua inglesa.
5. Coñecer e aplicar de modo rigoroso e preciso a linguaxe e a terminoloxía especializada das disciplinas lingüísticas e literarias en ámbito específico da lingua inglesa.
6. Desenvolver a capacidade de análise e de abstracción, pondo en práctica a intuición e o pensamento lóxico, a través do estudo da lingüística, historia, cultura e literatura en lingua inglesa.
7. Xerar hábitos de identificación de problemas e de procura de solucións que sexan aplicables tanto en contextos académicos como profesionais.
8. Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados, tanto nunha disciplina filolóxica como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos filolóxicos.
9. Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
10. Dotar ao alumnado dos coñecementos e estratexias adecuadas para que poida expresarse con fluidez e corrección, e comprender sen dificultade mensaxes orais e escritos pertencentes a distintos rexistros a nivel C2, de acordo coa escala establecida polo Consello de Europa no documento do Marco Común Europeo de Referencia para o ensino, avaliación e aprendizaxe de linguas.
11. Coñecer e ser capaz de explicar os distintos niveis de descrición lingüística do inglés, desde o nivel fonolóxico ata o semántico e pragmático-discursivo, pasando polo léxico, morfolóxico e sintáctico.
12. Obter coñecementos sobre o papel do inglés no mundo de hoxe así como sobre os principais modelos ou variedades xeográficas e sociais desta lingua, e coñecer a historia externa e interna da lingua inglesa, estando en condicións de establecer conexións co inglés moderno.
13. Coñecer os autores, períodos e xéneros literarios máis relevantes da historia da literatura en lingua inglesa nos seus diferentes contextos espazo-temporais, e recoñecer as diferentes aproximacións teóricas e críticas, e a súa aplicación ao estudo da literatura en lingua inglesa.
14. Obter os coñecementos nos métodos de análise textual e contextual.
15. Coñecer a historia e cultura dos países de fala inglesa, e a dimensión histórica e cultural dos cambios lingüísticos e dos distintos movementos literarios e artísticos.
16. Proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado traballar de forma autónoma establecendo relacións entras as distintas áreas temáticas da titulación e outras de carácter afín no campo das Humanidades, e particularmente no ámbito das disciplinas filolóxicas.
17. Introducir ao alumnado na realización de traballos bibliográficos e na elaboración de estados da cuestión sobre temas específicos da Filoloxía Inglesa.
1. Competencia lingüístico-comunicativa: utilización da lingua inglesa como medio de comunicación oral e escrito, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento, e da organización e auto-regulación do pensamento, das emocións e da conduta. Os coñecementos, actitudes e destrezas propios desta competencia permiten expresar en lingua inglesa pensamentos, emocións, vivencias e opinións, así como dialogar, formarse un xuízo ético e crítico, xerar ideas, estruturar o coñecemento, dar coherencia e cohesión ao discurso e ás propias accións, adoptar decisións e gozar lendo, escoitando ou expresándose de forma oral ou escrita.
2. Competencia na análise crítica da realidade socio-cultural xeneral e dos países de fala inglesa en particular.
3. Competencia lóxica: capacidade de interpretar e expresar con claridade e precisión datos e argumentacións. Posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución de problemas ou á obtención de información.
4. Competencia social e cidadá: o alumnado convértese en individuos plurilingües que desenvolve a conciencia intercultural e que lle capacita para aprender outras linguas e abrirse a novas experiencias culturais. Capacidade para mostrar un sentimento de cidadanía global compatible coa identidade local.
5. Competencia cultural e artística: desenvolvemento da capacidade creativa a través do coñecemento da literatura, a cultura e a civilización anglosaxoa. Capacidade de apreciar o feito cultural e creativo; de comprender, valorar, e apreciar a dimensión histórica das diferentes manifestacións culturais e artísticas en lingua inglesa.
6. Competencia de autonomía e iniciativa persoal: capacidade de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico
7. Competencia de aprender a aprender: conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal. Desenvolvemento do pensamento estratéxico e da capacidade de cooperar, de autoavaliarse e de manexar con eficiencia un conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual. Adquisición de técnicas de estudo e formación continua.
8. Competencia no tratamento da información nunha segunda lingua, así como da súa cultura e literatura.
9. Competencia no uso das TICS: habilidade para buscar, obter, procesar e comunicar información e para transformala en coñecemento, desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TICS como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.
1. Capacidade de utilizar a lingua inglesa (lectura, escritura, comunicación, recepción, produción, interacción e mediación) ao nivel C2 correspondente ao Marco Común Europeo de Referencia, nos rexistros oral e escrito, tendo en conta as variables xeográficas, socio-culturais e históricas desta lingua, dado o seu impacto como lingua franca global, utilizada como vehículo de comunicación a nivel internacional. O devandito nivel implica “a capacidade de entender con facilidade practicamente calquera mensaxe oral ou escrito; a capacidade de resumir información de diversas fontes (orais ou escritas); a capacidade de expresarse de forma espontánea, con gran fluidez e precisión; e a capacidade de distinguir matices de significado ata nas situacións máis complexas
2. Capacidade de describir de xeito especializado a lingua inglesa, nos distintos niveis de análise lingüística (fonético, morfolóxico, léxico, sintáctico, semántico e discursivo), (i) empregando unha terminoloxía e notación lingüísticas rigorosas, e (ii) aplicando as novas metodoloxías e tecnoloxías de análise lingüística (por exemplo, análises cuantitativas e cualitativos da lingua inglesa en uso, é dicir, nos seus contextos comunicativos
3. Capacidade para comprender e reflexionar sobre o conxunto de factores internos e externos que condicionaron a evolución histórica da lingua.
4. Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica, (i) reflexionando sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e o ensino do inglés como lingua estranxeira a galego- ou hispano-falantes, e (ii) proporcionando ao alumnado destrezas básicas, así como técnicas e actividades de aula máis recentes para a práctica do ensino da lingua inglesa.
5. Capacidade de lectura comprensiva e crítica de textos literarios en xeral, e dos escritos en lingua inglesa en particular.
6. Dominio das técnicas utilizadas na análise de textos.
7. Comprensión das implicacións culturais e históricas dos distintos estilos e recursos técnicos literarios, tendo en conta as características estéticas e temáticas dos distintos xéneros.
8. Capacidade para situar a produción literaria dos países de fala inglesa no contexto social, cultural e político na que foi escrita.
9. Capacidade de observar conexións e diverxencias entre as distintas tradicións literarias dos países de fala inglesa.
10. Relacionar a produción literaria dos países de fala inglesa con outras manifestacións artísticas, talles como o cine ou o teatro. 11. Coñecemento dos acontecementos históricos e das características culturais que condicionaron e condicionan o desenvolvemento da lingua e a produción literaria en lingua inglesa.
Funcións docentes en centros de educación secundaria, escolas oficiais de idiomas, centros de educación de adultos, centros de educación permanente e academias de idiomas. En calquera caso, para poder desenvolver esta actividade en en ámbito do ensino secundario, os graduados deberán realizar a formación posgraduada específica que en cada momento estableza a lexislación vixente.
Traballos de tradución e interpretación.
Colaboración con institucións e empresas relacionadas co ámbito da cultura, o lecer, a comunicación e o sector turístico.
Traballo en bibliotecas, editoriais, medios de comunicación, fundacións culturais, asesorías lingüísticas, organización de eventos, así como en departamentos de recursos humanos.
Actividade investigadora e/ou de docencia universitaria.
Outras saídas asociadas ás novas demandas sociais poden ser: crítica literaria e textual, corrección de textos, produción literaria, traballo en departamentos de comercio exterior, deseño, mantemento e tradución de páxinas web, etc.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Número de prazas de novo ingreso: 100
Demanda do ano anterior: 6.23 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe unha formación previa específica, é recomendábel que o estudante tivese cursado durante o bacharelato a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais (R. D. 1467/2007). Tamén é recomendábel que posúa as seguintes características persoais e académicas:
-Curiosidade intelectual
-Hábito de lectura
-Sensibilidade estética
-Capacidade analítica
-Capacidade crítica
-Constancia e responsabilidade no traballo
-Capacidade para o traballo en equipo
-Competencia en expresión oral e escrita
-Competencia lingüística básica nalgunha lingua estranxeira
-Competencia básica en instrumentos informáticos
Criterios de acceso e admisión: Requisitos de acceso ao título
Os xerais para as titulacións de grao.
Aínda que non se esixe unha formación previa específica, é recomendable que o estudante curse durante o bacharelato a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O estudante deberá demostrar que adquiriu as competencias asociadas ao título ao longo dos catro anos de estudo.
Prácticas en empresas: Se poderá obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título. Para iso, a Facultade realizará anualmente unha convocatoria pública da oferta existente, co fin de os estudantes interesados poderen solicitar acollerse a esta posibilidade. Os estudantes que desexen optar á realización de prácticas externas deberán superar 150 créditos, entre eles todos os correspondentes aos dous primeiros cursos da titulación
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061101 | Lingüística 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061102 | Lingua inglesa 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061111 | Teoría e crítica literaria | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5061112 | Lingua inglesa 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5061201 | Lingüística 2 | 6.00 | FB | 1SG | 2º | G5061202 | Conceptos fundamentais de teoría literaria e literatura comparada | 6.00 | FB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061103 | Lingua alema 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061113 | Lingua alema 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061104 | Lingua francesa 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061114 | Lingua francesa 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061105 | Lingua española 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061115 | Lingua española 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061106 | Lingua italiana 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061116 | Lingua italiana 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061107 | Lingua portuguesa 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061117 | Lingua portuguesa 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061108 | Lingua galega 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061118 | Lingua galega 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061109 | Lingua grega 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061119 | Lingua grega 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061110 | Lingua latina 1 | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5061120 | Lingua latina 2 | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061341 | Sociolingüística inglesa | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061342 | Literatura inglesa e outras expresións artísticas | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061343 | Cultura e tradición nas Illas Británicas | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061344 | Introdución á metodoloxía da ensinanza do inglés | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061345 | Variedades do inglés | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061346 | Cultura e tradición en USA e Commonwealth | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061441 | Narrativa breve inglesa e norteamericana | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061442 | Tradución especializada (inglés) | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061443 | Introdución ao inglés para fins académicos | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061444 | Romanticismo inglés e norteamericano | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5061445 | Teatro inglés | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5061446 | Análise de texto do inglés antigo e medio | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061501 | Textos gregos 1 | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061502 | Textos gregos 2 | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061503 | Textos latinos 1 | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061504 | Textos latinos 2 | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061505 | As linguas da Romanía | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061506 | A literatura románica medieval no contexto europeo | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061507 | Fundamentos da literatura románica medieval | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061508 | Principios de lingüística románica | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061509 | Lingua alema 3 | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061510 | Cultura dos países de fala alema | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061511 | Lingua alema 4 | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061512 | Lingua alema 5 | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061513 | Historia da literatura francesa 1 | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061514 | Introdución á gramática francesa | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061515 | Lingua francesa 3 | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061516 | Cultura francesa 1 | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061517 | Introdución á literatura galega 1 | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061518 | Introdución á literatura galega 2 | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061519 | Introdución á gramática galega | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061520 | Historia da lingua galega | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061521 | Introdución á historia da literatura española | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061522 | Literatura española do século XVII: teatro e prosa | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061523 | Gramática española 1: Clases de palabras | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061524 | Gramática española 2: Sintaxe | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061525 | Lingua italiana 3 | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061526 | Lingua italiana 4 | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5061527 | Literatura italiana: Correntes e movementos | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061528 | Gramática italiana 1 | 6.00 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061529 | Literaturas de lingua portuguesa | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061530 | Cultura portuguesa | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061531 | Lingua portuguesa 3 | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061532 | Literatura portuguesa 3 | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061601 | Semiótica das linguas e da comunicación | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061601 | Semiótica das linguas e da comunicación | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061602 | Sociolingüística e planificación das linguas | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061602 | Sociolingüística e planificación das linguas | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061603 | Pragmática intercultural | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061603 | Pragmática intercultural | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061604 | Teoría da tradución | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5061604 | Teoría da tradución | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061605 | Panorámica das ideas lingüísticas | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061605 | Panorámica das ideas lingüísticas | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061606 | Tipoloxía lingüística | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061606 | Tipoloxía lingüística | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061607 | Psicolingüística | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061607 | Psicolingüística | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061608 | Lingüística computacional | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5061608 | Lingüística computacional | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061609 | Literatura comparada | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5061609 | Literatura comparada | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5061610 | Traxectorias da literatura europea | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061610 | Traxectorias da literatura europea | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061611 | Teorías literarias contemporáneas | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061611 | Teorías literarias contemporáneas | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061612 | Cine e literatura | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061612 | Cine e literatura | 6.00 | OP | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061613 | Estudos teatrais | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G5061613 | Estudos teatrais | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061614 | Análise cultural | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5061614 | Análise cultural | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061615 | Texto, imaxe, cibertexto | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5061615 | Texto, imaxe, cibertexto | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061616 | Socioloxía da literatura | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5061616 | Socioloxía da literatura | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061701 | Literatura grega 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061702 | Literatura latina 1 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061703 | Literatura grega 2 | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061704 | Literatura latina 2 | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061705 | Novas tecnoloxías nos estudos lingüísticos e literarios románicos | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061706 | A literatura románica medieval na cultura contemporánea | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061707 | A emerxencia das linguas románicas | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061708 | Mitos da literatura románica medieval na cultura contemporánea | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061709 | Panorama da literatura alemana 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061710 | Gramática alemá 1 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061711 | Lingua alema 6 | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061712 | Tradución directa e inversa 1 (alemán) | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061713 | Historia da literatura francesa 2 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061714 | Lingua francesa 4 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061715 | Cultura francesa 2 | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061716 | Tradución directa e inversa 1 (francés) | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061717 | Dialectoloxía galega | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061718 | Gramática textual do galego | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061719 | Pragmática do galego e análise do discurso | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061720 | Sociolingüística galega | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061721 | Literatura española do século XVII: poesía | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061722 | Literatura hispanoamericana do século XX | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061723 | Literatura española: das vangardas ao século XXI | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061724 | Análise do discurso | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061725 | Gramática italiana 2 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061726 | Xéneros literarios italianos: narrativa | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061727 | Xéneros literarios italianos: teatro | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061728 | Xéneros literarios italianos: lírica | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061729 | Relacións Galicia - Lusofonía | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061730 | Cultura do Brasil | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061731 | Cultura dos PALOP | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5061732 | Literatura brasileira 2 | 6.00 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061801 | Lingua catalana 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061802 | Cultura e literatura catalanas 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061803 | Lingua catalá 2 | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5061804 | Cultura e literatura catalanas 2 | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061805 | Lingua danesa 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | OF/NM | G5061806 | Lingua danesa 2 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | OF/NM | G5061807 | Lingua danesa 3 | 6.00 | OP | 1SG | 4º | OF/MR | G5061808 | Lingua danesa 4 | 6.00 | OP | 2SG | 4º | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061809 | Lingua occitana 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061810 | Literatura occitana 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061811 | Lingua occitana 2 | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5061812 | Literatura occitana 2 | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061813 | Lingua romanesa 1 | 6.00 | OP | 1SG | 3º | G5061814 | Lingua romanesa 2 | 6.00 | OP | 2SG | 3º | G5061815 | Literatura romanesa 1 | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5061816 | Literatura romanesa 2 | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5061427 | Traballo fin de grao | 12.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable