
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Estudos Lingüísticos
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: PREGO VAZQUEZ, GABRIELA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Obxectivos xerais: preténdese que os estudantes:
Saiban aplicar os coñecementos adquiridos a contornas novas ou pouco coñecidas
Resolvan problemas concretos, tanto en situacións coñecidas como en situacións novas
Formulen opinións e xuízos baseados en argumentos consistentes e teñan en conta as responsabilidades sociais e éticas derivadas das súas opinións
Sexan capaces de integrar coñecementos de distinta natureza
Saiban comunicar con claridade as súas conclusións e as premisas que as sustentan, tanto a un público especializado como non especializado
Adquiran as habilidades requiridas para lograr aprendizaxes autónomas
Obxectivos específicos:
Presentar un panorama do estado actual dalgunhas disciplinas lingüísticas centrais: gramática, semántica, análise do discurso e lingüística aplicada
resolución de problemas específicos
Traballar coas aplicacións informáticas, estatísticas e computacionais que resultan de maior utilidade para o tratamento de datos lingüísticos
Incentivar a participación de docentes de secundaria interesados polos problemas da linguaxe
COMPETENCIAS XERAIS:
1. Mellora da capacidade de reflexión crítica, da exposición pública e do debate dos temas examinados
2. Dominio das estratexias argumentativas da linguaxe científica: formulación de argumentos consistentes, análise rigorosa e valorativa de propostas teóricas, achega de probas ou datos para verificar hipóteses.
3. Obtención dunha formación actualizada que permita resolver problemas de análise lingüística.
4. Capacidade para a aprendizaxe autónoma de novos coñecementos, métodos e técnicas de análises
5. Coñecemento e explotación de bases de datos lingüísticos, tanto impresas como on-line
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. Bo coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
2. Comprensión da diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas (cómo enfocar problemas análogos desde posicións teóricas diferentes).
3. Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar críticamente a bibliografía lingüística especializada.
4. Manexo eficiente dos procesos de selección e clasificación de materiais lingüísticos e dominio dos instrumentos para a súa análise.
O programa prepara ao alumno para realizar estudos doutorais (aspirantes a docencia universitaria ou docentes doutros niveis que desexan obter un título investigador). Contribúe a formar especialistas en linguas, polo que garante unha formación complementaria para quen desexe preparar oposicións, acceder a postos docentes en diferentes institucións, ou ben para desenvolver actividades profesionais en tecnoloxías e industrias da lingua, lingüística clínica, tradución, asesoría lingüística, mediación comunicativa.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 15
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións por orde de preferencia:
1º) Licenciaturas en Filoloxía (Alemá, Árabe, Catalana, Clásica, Eslava, Francesa, Galega, Hebrea, Hispánica, Inglesa, Italiana, Portuguesa, Románica, Vasca)
2º) Licenciaturas en Lingüística, Tradución e Interpretación
3º) Licenciaturas en Xornalismo, Humani-dades, Comunicación Audiovisual, Filosofía, Historia, Psicoloxía, Socioloxía, Publicidade e Relacións Públicas
COÑECEMENTOS DE LINGUAS:
Inglés (nivel A2)
nivel C1/C2 para os módulos de especializa-ción en linguas estranxeiras
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5111101 | Adquisición da lingua: Psicolingüística | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5111102 | Cuestións fundamentais de gramática e semántica | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5111103 | O estudo do discurso. Discurso e sociedade. Discurso e gramática | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5111104 | Métodos en lingüística de corpus e procesamento da linguaxe natural | 6.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX | P5111105 | Métodos de investigación lingüística | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5111201 | Temas de gramática, semántica e análise do discurso | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX | P5111202 | Problemas formulados na investigación lingüística sobre español | 6.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5111203 | A vertente social das linguas. Lingüística de corpus e aplicacións en sociolingüística | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX | P5111204 | A vertente psicobiolóxica das linguas. Biolingüística e lingüística clínica | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5111205 | Cuestións fundamentais de lingüística contrastiva alemán-español (Grundfragen der kontrastiven Linguistik) | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX | P5111206 | Estudos contrastivos español-alemán: da palabra ao texto | 6.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5111207 | Cuestións actuais de Lingüística Indoeuropea: linguas Paleohispánicas, linguas Anatolias | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX | P5111208 | Cuestións diversas sobre a estructura das linguas grega e latina | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5111209 | Tendencias actuais no ensino-aprendizaxe do francés (Tendances actuelles dans l´enseignement-apprentissage du français) | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX | P5111210 | A ideoloxía a través do léxico: dicionarios e publicidade | 6.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5111106 | Traballo fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | EX/MX |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable