Denominación do título: Máster Universitario en Erasmus Mundus en Literatura Alemá na Idade Media Europea
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 187/2010 do 11 de novembro (DOG do 17/11/2010)
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: MILLET SCHRODER, VICTOR
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Que os estudantes teñan un coñecemento do Altoalemán medio baseado en criterios lingüísticos e filológicos, que saiban identificar os períodos e as rexións onde se escribiron os testemuños, que dominen o uso os instrumentos gramaticales e lexicográficos á súa disposición co fin de poder explicar e traducir un texto calquera de dificultade media-alta.
Que os alumnos coñezan as fases principais da produción literaria e intelectual alemá, recoñezan os xéneros e saiban explicar os fundamentos retóricos e poetológicos, utilizando para iso as fontes críticas fundamentais.
Que os alumnos saiban comparar e enmarcar a produción textual alemá coa doutros países do Occidente medieval, determinar as transferencias produtivas que se deron ao longo dos séculos e dominar os principais criterios críticos para a análise comparativa.
Que os estudantes sexan capaces de ler manuscritos e impresos antigos, de describilos cientificamente, de comparalos coa evolución do soporte do libro noutros países, de editalos con rigor e de facer crítica razoada das edicións existentes.
O programa do Máster ofrece unha formación sólida en lingua, literatura e análise de sistemas culturais dun período histórico de gran importancia e presenza na cultura actual e en determinados sectores da industria. Brinda ao estudante unha formación nun campo científico que non se profunda nos estudos de grao das universidades dos países de fala alemá e que naquelas de países doutras linguas apenas se ensinan.
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso:
Criterios de acceso e admisión:
Acceso.- Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español nas áreas de humanidades ou de ciencias sociais.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, tras a comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Admisión.- Requisitos específicos de acceso ao título:
1. Os alumnos deberán acreditar, mediante a presentación de títulos ou certificados ou mediante unha proba oral, posuír un nivel de lingua alemá suficiente para seguir os cursos. Considerarase suficiente o nivel B 1.
2. Os alumnos que non procedan dunha titulación de filoloxía alemá (licenciado ou grao) ou dunha titulación equivalente cun itinerario marcado de lingua e literatura alemás expresado no suplemento ao título, deberán acreditar, mediante presentación de certificados ou mediante proba oral, un coñecemento básico da cultura e a literatura alemás, equivalente a aquel que se esixe no grao de “Linguas e literaturas modernas” da Universidade de Santiago.
O número de prazas de novo ingreso para o conxunto deste máster e mais o máster Erasmus Mundus é de 25. Terá preferencia a matrícula no Máster Mundus, de maneira que o número de matriculados neste itinerario determinará a dispoñibilidade de prazas para o Máster en Literatura Alemá.
Destinatarios: este máster está dirixido a titulados en lingua e literatura alemá e outros titulados universitarios cun nivel de lingua e literatura alemá equivalente interesados en profundizar na investigación científica desta área de coñecemento.
Para os efectos de admisión terase en conta o expediente académico.
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo:
Calendario de preinscrición e de matrícula:
Criterios de suspensión do título:
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade:
Normas de permanencia:
Normas de avaliación:
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5141101 | Altoalemán medio I | 10.00 | OB | 1SG | NI/NM | P5141102 | Literatura alemá (750-1250) no contexto europeo I | 10.00 | OB | 1SG | NI/NM | P5141103 | Literatura alemá (1250-1600) no contexto europeo I | 10.00 | OB | 1SG | NI/NM | P5141201 | Altoalemán medio II | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141202 | Teorías e métodos dos estudos medievais alemáns | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141203 | Xéneros literarios e relacións intertextuais | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141204 | Linguas Literárias da Europa medieval | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141205 | Relacións e contactos literarios entre Alemaña e Europa | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141206 | Estudo monográfico de textos alemáns na sua dimensión europea | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141207 | Letra, voz e imáxe: medios de comunicación literaria | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141208 | Cultura manuscrita e edición de textos | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141209 | Relacións interdisciplinares: literatura e outras artes ou ciencias | 10.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141210 | Programa Intensivo | 5.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM | P5141212 | Traballo Academicamente Dirixido | 5.00 | OP | 1SG | 2 | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5141105 | Traballo fin de Master | 30.00 | OB | TFGM | 2 | NI/NM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable