
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: CASTRO CARIDAD, EVA MARIA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Ofrecer unha visión plural e integradora da cultura europea medieval nas súas diversas manifestacións.
Capacitar os estudantes para estableceren relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran a oferta académica, histórico, artístico e lingüístico-literario.
Capacitar os alumnos para adquiriren un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais.
Capacitar os estudantes para abriren vías de investigación novas no ámbito dos estudos medievais.
Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.
1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas a cuestións novas ou pouco coñecidas.
2. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
3. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados.
4. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar progresando na súa formación dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
5. Que os estudantes posúan habilidade comunicativa a nivel oral e escrito na difusión do patrimonio europeo medieval.
6. Que os alumnos saiban aplicar as ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas propias dos estudos medievais.
7. Que os alumnos teñan capacidade de síntese e análise na exposición dos contidos.
8. Que os estudantes posúan as destrezas fundamentais para aplicaren os coñecementos adquiridos á valoración e difusión do patrimonio europeo medieval.
Respecto da situación de I+D+i do sector no que se integra a oferta, a investigación no campo de estudo proposto conta na USC con grupos consolidados e recoñecidos a nivel nacional e internacional, así como con liñas de investigación estables que permiten que os alumnos máis capacitados obteñan as mellores bolsas a nivel nacional e autonómico. Considérase que os factores apuntados terán unha repercusión moi positiva nos estudantes formados no Máster, xa que serán investigadores altamente cualificados que prestarán os seus servizos á sociedade en xeral.
A cidade de Santiago, meta do soado Camiño e lugar declarado pola UNESCO “Patrimonio da Humanidade” (1985), conta cunhas condicións inmellorables para ofertar un Máster de investigación pluridisciplinar no ámbito dos estudos medievais, que será único no SUG e que presenta unha das organizacións curriculares máis completas no resto do contexto peninsular.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 15
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: O perfil de ingreso que se procura nos estudantes que optan ao Máster é o dun alumno interesado en profundar no estudo da Idade Media europea, sexa desde unha perspectiva lingüística ou literaria, sexa histórica ou de Historia da Arte, pero sempre consciente de que, antes de centrar o seu interese nun aspecto concreto, debe coñecer de forma suficiente o contexto histórico-cultural en que se enmarcan as manifestacións concretas que desexa estudar e estabelecer as oportunas relacións entre elas.
Criterios de acceso e admisión:
Por orde de preferencia:
1. Licenciaturas en Filoloxía (en todas as súas especialidades), Historia, Historia da Arte e Humanidades
2. Lic. Xeografía, Diplomados en Documentación, Lic. Filosofía
3. Lic. Pedagoxía / Xornalismo
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Máster conclúe coa presentación dun traballo final (TFM: 12 ECTS) que o alumno defenderá en sesión pública. O devandito traballo versará sobre un tema monográfico relacionado con calquera aspecto dos contidos do máster, que o estudante elixirá de acordo co seu titor. A modalidade de presentación e defensa do Traballo de fin de máster regularase consonte a normativa estabelecida para tal respecto pola USC.
Plan de Acción Titorial: Unha vez admitido no máster, o alumno contará, ademais de co asesoramento da súa Coordinadora, con dous titores en cada un dos dous centros responsábeis da iniciativa: Facultade de Filoloxía e Facultade de Xeografía e Historia.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5091101 | Fundamentos Metodolóxicos e Novas Tecnoloxías | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5091102 | A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5091103 | Arte Medieval Europea | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5091104 | Cultura Escrita en Latín na Idade Media | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5091105 | Literatura Medieval en Linguas Vernáculas | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5091201 | A Escritura e o Escrito na Idade Media | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5091202 | A Igrexa e a Espiritualidade Medieval | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5091203 | Sociedade Medieval e Cultura Cortés | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5091204 | O Mundo Clásico na Idade Media | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5091205 | Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5091206 | Viaxes e Peregrinacións na Idade Media | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5091207 | Feudalismo, Territorio e Poder | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5091106 | Traballo de Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable