
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Lingüística Aplicada
Rama de coñecemento: Artes e humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: PREGO VAZQUEZ, GABRIELA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Este máster está deseñado para oferecer unha formación sólida aos estudantes en materia de lingüística, tanto teórica como aplicada. Queremos formar especialistas altamente cualificados en lingüística, que saiban desenvolverse en contornos multidisciplinares, posúan habilidades comunicativas, coñezan e manexen linguaxes específicas, dominen o contorno virtual e as novas tecnoloxías, e saiban xestionar e organizar a información, tal como demanda o mercado laboral. O máster tamén está pensado como período de formación previa para acceder a un programa de doutoramento no ámbito lingüístico.
1 - Capacitación dos estudantes para adquiriren coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar críticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
2 - Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes accederen ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
3 - Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos.
4 - Capacidade dos estudantes para abriren vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
5 - Capacidade dos estudantes para comprenderen as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
Durante os últimos anos, asistimos a unha rápida evolución, tanto a nivel europeo como mundial, do ámbito da lingüística aplicada. Cada vez son máis os campos en que atopa aplicación a investigación teórica sobre a linguaxe. Desde o ámbito tradicional do ensino de linguas até o máis actual de comunicación na empresa, boa parte dos lingüistas na actualidade adican os seus esforzos a conseguiren unha especialización que lles permita enfrontar o desenvolvemento de tarefas profesionais concretas. Para responder aos novos retos da sociedade moderna e ás necesidades do mercado laboral foronse xerando espontaneamente novas profesións, como mediadores lingüísticos e interculturais, expertos en comunicación empresarial, lexicógrafos informáticos, asesores pedagóxicos, asesores lingüísticos da comunidade xorda, etc. A experiencia docente, investigadora e profesional do profesorado implicado nos másters dos cuais procede este, levounos a propoñer unha formación innovadora que pode preparar os nosos alumnos para o mundo da investigación, pero tamén para o mundo empresarial.
O máster que se propón constitúe unha reorganización e transformación de catro títulos de máster impartidos nas tres universidades galegas: o Máster Interuniversitario en Lingüística Galega (UVIGO, USC e UDC), o Máster Universitario en Estudos Lingüísticos (USC), o Máster Interuniversitario en Lingüística e as súas Aplicacións (UVIGO e UDC) e o Máster Universitario en Lingua e Usos Profesionais (UDC).
As nosas experiencias dos últimos anos avalan a necesidade deste tipo de estudos interuniversitarios, cuxas fronteiras físicas fóronse esborraxando polo desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 24
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Resulta recomendábel, como perfil de ingreso, a existencia dunha formación académica previa no ámbito de Artes e Humanidades ou das Ciencias Sociais, especialmente ter cursado un título de graduado ou equivalente que contemple unha formación específica nos estudos lingüísticos, no ámbito da comunicación, etc.
Criterios de acceso e admisión:
TITULACIÓNS DE ACCESO
Por orde de preferencia:
1º Lic. ou Grao en Filoloxía ou títulos equivalentes da rama de humanidades. Lic. ou Grao en Tradución e Interpretación ou títulos equivalentes da rama de humanidades.
2º Lic. ou Grao en Humanidades; Comunicación; Filosofía; Historia ou titulacións equivalentes da rama de humanidades.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo fin de máster versará sobre algún aspecto relacionado coas materias obrigatorias ou optativas que curse o alumnado.
Para poder defender o traballo de fin de máster será necesario superar os restantes 54 créditos da titulación e realizarase de acordo coas directrices que aprobará a Comisión Académica a partir da normativa xa existente nas universidades participantes. O acto de defensa do traballo será público e o alumno terá de realizar unha exposición resumida do seu traballo nun tempo máximo de 20 minutos e deberá responder as cuestións que lle formulen os membros da Comisión. As características formais do traballo recolleranse nas devanditas directrices.
Plan de Acción Titorial: As Facultades participantes contan cun Plan de acción tutorial (PAT) para os estudantes de máster. A través do PAT, a facultades asignarán profesores titores a todo o alumnado de novo ingreso. Inicialmente o estudante deberá responder un cuestionario específico que permitirá coñecer con máis precisión o perfil de ingreso real do estudantado e as súas necesidades. Ao longo de todo o curso, a través de entrevistas específicas entre o/a estudante e o profesor/a titor/a, realizarase un seguimento do estudante que, ademais, terá a ocasión de dispoñer dun/a profesor/a de referencia para todas as cuestións sobre as que necesite orientación.
Prácticas en empresas: A materia ten como obxectivo principal achegar o alumnado ao ambiente laboral nos distintos ámbitos profesionais sobre os que podería orientar a súa actividade futura. Por iso, proporcionaráselle a posibilidade de realizar prácticas en empresas relacionadas cos sectores de planificación e asesoramento lingüístico e literario, xestión e asesoramento en medios de comunicación, relacións internacionais, ámbito editorial, empresas e administración pública, ensino de linguas, etc.
Na avaliación terase en conta a actividade realizada polo alumnado na empresa ou institución en que realizou as prácticas. Para isto a persoa que o titorice na empresa ou institución remitirá un informe final da súa actividade.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211101 | Modelos e Métodos na Lingüística Actual | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211102 | Lingüística de corpus | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211103 | Lingüística aplicada | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211104 | Tecnoloxías Lingüísticas | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211105 | Recursos bibliográficos e xéneros científicos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211201 | Lingüística de corpus e adquisición da lingua | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211202 | Conciencia Lingüística (language awareness) e adquisición de segundas linguas en contextos multilingües | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211203 | Aplicacións da psicolingüística | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211204 | Análise da conversa aplicada | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211205 | Avaliación | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211206 | Creación e elaboración de materiais de aprendizaxe | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211207 | Estratexias e métodos de ensino e aprendizaxe | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211208 | Aspectos socioculturais e lingüísticos no ensino de segundas linguas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211209 | Gramática e léxico da lingua de signos española | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211210 | Usos profesionais da lingua de signos española | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211211 | Adquisición e desenvolvemento da lingua na comunidade xorda | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211212 | Ensino da lingua oral a xordos e da lingua de signos a oíntes | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211213 | Deseño e desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211214 | Procesamento da linguaxe oral | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211215 | Dixitalización e edición | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211216 | A informática lingüística e Internet | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211217 | Comunicación multimodal | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211218 | Comunicación oral | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211219 | Comunicación escrita | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211220 | Terminoloxía e linguaxes específicas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211221 | Mediación Lingüística | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211222 | Políticas lingüísticas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211223 | Planificación lingüística | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211224 | Multilingüismo e Internet | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211225 | Fundamentos de lexicoloxía e lexicografía | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211226 | A elaboración do diccionario | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211227 | A avaliación de diccionarios | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211228 | Terminoloxía e Terminografía | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211229 | Cuestións de semántica e sintaxe | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211230 | Dimensións do significado. Semántica e pragmática | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211231 | Gramática e discurso | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211232 | Cuestións actuais da Gramática | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211233 | Variación lingüística | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5211234 | Temas de lingüística contrastiva | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211235 | Contacto de linguas e as súas consecuencias | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5211236 | Cambio Lingüistico | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5211106 | Prácticas Externas | 6.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 | P5211107 | Traballo fin de máster | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable