Facultade de Filosofía
Enderezo
Praza de Mazarelos.
15782 Santiago de Compostela
Web: http://www.usc.es/filosofia
Teléfono: 881812540
Correo electrónico: zfildeca@usc.es
Fax: 981547019
Teléfono: 881812509
Ir á Web propia
Benvida
Aínda que os estudos de Filosofía, na Universidade de Santiago de Compostela, comezaron no curso 1973-74 no seo da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación, a Facultade de Filosofía xurdíu como consecuencia do desdobramento deste centro e comezou a súa andaina no curso 1996-97.
Os estudos que se imparten neste Centro universitario son, polo momento, os correspondentes á Licenciatura de Filosofía. Estas ensinanzas desenvolvéronse primeiro no cadro académico establecido polo Plano de Estudos de 1993. No curso 1999-2000 implantouse na súa totalidade un novo Plano que corrixe e mellora o anterior, e foi publicado no B.O.E. o 16 de xuño de 1999.
Esta Guía constitúe o elemento básico de información académica para os/as estudantes desta Facultade. Nela atópase unha síntese da estrutura organizativa do Centro, a composición dos seus órganos de decisión e participación, e o regulamento de réxime interno.
A Guía contén tamén os datos máis relevantes sobre a organización da docencia na Facultade: Plano de Estudos, horario de clases e datas de exames, programas de doutoramento, e unha descrición de cada materia con indicación dos seus contidos, profesorado e referencias bibliográficas.
Agardamos que con esta Guía o alumnado poida facerse unha idea precisa do funcionamento do seu Centro, e dispoña en todo momento dos datos e información que lle interesen para unha mellor organización dos seus estudos e unha participación máis activa na vida da Facultade.
O equipo Decanal