Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031102 - Antropoloxía filosófica (Antropoloxía Filosófica e Filosofía da Historia e das Relixións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PINTOS PEÑARANDA, Ma DE LA LUZ.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Distinguir a Antropoloxía “filosófica” –como “Filosofía do ser humano e do seu mundo humano”– das outras Antropoloxías de carácter físico, cultural ou social.

    -Conseguir unha noción do “animal humano” ben fundamentada, actualizada e crítica en base tanto ás aportacións de filósofos como de científicos de hoxe procedentes de diversas áreas.

    -Localizar e valorar críticamente aqueles “prexuicios” (antropocentrismo, especismo) que arrastra consigo a tradicional noción do “ser humano”; prexuicios que sempre estiveron influindo na nosa negativa conceptualización e valoración do medioambente, dos demáis animais e dos vegetais, e no noso comportamento con eles.

    -Conseguir a localización daqueles prexuicios da nosa tradicional noción do “ser humano” que inflúen directamente na valoración negativa das novas biotecnoloxías aplicadas aos humanos.

    - Describir ao ser humano dende a súa “animalidade” e dende a súa “humanidade”, nas súas estructuras básicas, para ver a súa diferencia específica e as súas semellanzas en relación coas outras especies de seres vivos non humanos. Paralelamente, trátase tamén de describir o mundo humano nas súas estructuras propias.

    Contidos
    I) INTRODUCIÓN: PRECISIÓNS SOBRE O CONCEPTO, ÁMBITO E CARÁCTER "FILOSÓFICO" DA ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA

    Tema 1. Problemática que arrastra consigo como disciplina específica.

    Tema 2. Establecemento do seu carácter "filosófico" como demarcación ante outros saberes contiguos, e definición e situación no conxunto da Filosofía.

    Tema 3. Xustificación da necesidade dunha noción actualizada do "ser humano" como requisito imprescindible para, dende esta noción actualizada, (a) poder localizar e valorar críticamente aqueles “prexuicios” (antropocentrismo, especismo) que arrastra consigo a tradicional noción do “ser humano”; prexuicios que sempre estiveron influindo na nosa negativa conceptualización a valoración do medioambente, dos demáis animais y dos vexetais, e no noso comportamento para con eles; (b) poder afrontar o problema da actual “aceleración” do cambio climático nas súas causas e na súa repercusión no deterioro do conxunto de todos os habitats do planeta; (c) poder xustificar a necesidade duna nova relación dos humanos cos outros seres non humanos; d) poder localizar e valorar críticamente aqueles “prexuicios” ( etnocentrismo, machismo, racionalismo...) que arrastra consigo a tradicional noción do “ser humano”; prexuicios que sempre estiveron influindo na nosa negativa conceptualización e valoración doutros humanos e no noso comportamento para con eles; e) poder fundamentar un criterio bioético axeitado aos novos retos da actual biotecnoloxía.


    II) ANTROPOLOXÍA EXPLÍCITA: CATEGORÍAS PARA PENSAR O FENÓMENO "HUMANO"

    Tema 4: “Animal” ou “humano”? Somos un ser “natural” ou un ser “cultural”? “Natureza” ou “cultura”? En canto a que e en que medida os humanos somos ou non diferentes ao resto dos animais e, mesmo, aos vexetais?

    Tema 5. Que é o "ser humano" e en que consiste o seu "mundo" propio?:
    A) Max Scheler: o "espírito" humano (1928).
    B) Edmund Husserl: corporalidade e empatía emocional (1912).
    C) Jakob von Uexküll: "mundo circundante", Umwelt (1909).
    D) Adolf Portmann: "infancia extrauterina" (1956).
    E) Arnold Gehlen: "ser deficitario" (1941).
    F) Ernst Cassirer: "animal simbólico" (1944).
    G) Helmut Plessner: "posicionalidade excéntrica" (1928).

    Tema 6. Como nos sentimos os humanos sendo como somos e sendo como é o noso mundo humano? Liberdade. “Ser de posibilidades”:
    A) José Ortega y Gasset.
    B) Martin Heidegger.
    C) Jean-Paul Sartre.

    Tema 7. Ontoloxía do "mundo da vida". Grandes escenarios básicos nos que se desenvolve toda existencia humana: (a) o xogo; (b) o traballo; (c) o poder; (d) a morte; (e) o "amor". Análise do "amor" como paso previo para localizar o prexuicio do "machismo" e ver a posibilidade e a necesidade dunhas novas relacións muller-home. Conceptos de "macho" - "femia" / "masculino" - "feminino" /"hombre" - "mujer".

    Tema 8. Ontoloxía "transcendental" do "mundo da vida". Dimensións fundadoras transcendentais que están presentes en toda persoa humana e en todo mundo humano e dende as que creamos sentido: corporalidade vivida, intersubxectividade, temporalidade vivida, espacialidade vivida...


    III) ANTROPOLOXÍA IMPLÍCITA: IMAXES DO SER HUMANO E ACTITUDES ANTROPOLÓXICAS IMPLÍCITAS

    Tema 9. Imaxes do ser humano. Xénese das distintas actitudes antropolóxicas na historia de Occidente: Idade Antiga; Idade Medieval; Idade Moderna; Idade Contemporánea; Posmodernidade.

    Tema 10. Consecuencias teórico-prácticas das diferentes nocións de ser humano para cos demáis humanos.


    nota: Entraremos ou non nos temas 7 e 8, ou farémolo de forma parcial, en dependencia do tempo do que dispoñamos a esa altura do temario.

    Bibliografía básica e complementaria
    -Carlos BEORLEGUI: Antropología filosófica. Nosotros: urdimbre solidaria y responsable. Bilbao, Universidad de Deusto, 1999.
    -Ernst CASSIRER: Antropología filosófica, Madrid, F.C.E.
    -Frans DE WAAL: El simio y el aprendiz de sushi. Reflexiones de un primatólogo sobre la cultura, Barcelona, Paidós, 2002.
    -Arnold GEHLEN: El hombre. Su naturaleza y su lugar en el mundo, Salamanca, Sígueme.
    -José ORTEGA y GASSET: ¿Qué es conocimiento?, Madrid, Revista de Occidente / Alianza.
    José ORTEGA Y GASSET: Unas lecciones de metafísica, Madrid, Revista de Occidente/Alianza.
    -Carlos PARÍS: El animal cultural. Biología y cultura en la realidad humana, Barcelona, Crítica, 1994.
    -Mª Luz PINTOS: “Aportación y tarea de la Antropología Filosófica en el debate ético acerca de las nuevas biotecnologías”, en Jacinto Choza / Mª Luz Pintos Peñaranda (eds.), Antropología Filosófica y Bioética ante los retos de las nuevas tecnologías, Sevilla, Themata, 2004, pp. 437-442.
    -Mª Luz PINTOS: “Corpo de muller. Ruptura e nova identidade”, en AA.VV., Corpo de muller. Discurso. Poder. Cultura, Santiago de Compostela, Laiovento, 1997, pp. 13-57.
    -Mª Luz PINTOS: “Cuerpo de mujer y violencia simbólica: una realidad universal”, en Mª Carmen López Sáenz / Jacinto Rivera de Rosales (eds.), El cuerpo. Perspectivas filosóficas, Madrid, UNED, 2002, pp. 291-315.
    -Mª Luz PINTOS: “Fenomenología del cuerpo como expresión e interpretación”, en Jorge V. Arregui / Juan A. García González (eds.), Significados corporales, volumen extra en Contrastes (2006), 127-145.
    -Mª Luz PINTOS: “Emociones. Empatía. Tolerancia. Análisis fenomenológico de la integración cuerpo-mente, naturaleza-cultura”, Alfa. Revista de la Asociación Andaluza de Filosofía 22/23 (2008) 115-132.
    -Mª Luz PINTOS: “Emociones y empatía, dimensiones primordiales de toda vida humana. Análisis fenomenológico”, Comunicación presentada en el VIII Congreso Internacional de Antropología Filosófica: “La dimensiones de la vida humana” celebrado en Madrid en septiembre de 2008.
    -Mª Luz PINTOS: “La Antropología Filosófica: una obligada mirada hacia los demás seres vivos”, Themata, 39 (2007) 315-320.
    -Mª Luz PINTOS: “Los derechos de todos los seres vivos a la luz de la fenomenología”, Investigaciones Fenomenológicas 4 (2005) 99-115: http://www.uned.es/dpto_fim/invfen/invFen4/indice.html
    -Javier SAN MARTÍN: Antropología filosófica. Ensayos programáticos, Estella (Navarra), Verbo Divino, 1995.
    -Javier SAN MARTÍN: El sentido de la Filosofía del hombre. El lugar de la Antropología Filosófica en la Filosofía y en la Ciencia, Barcelona, Anthropos, 1988.
    -Javier SAN MARTÍN: La Antropología. Ciencia humana, Ciencia crítica, Barcelona, Montesinos, 1985.
    -Max SCHELER: El puesto del hombre en el cosmos, Buenos Aires, Losada.
    -Jakob J. von UEXKÜLL: Ideas para una concepción biológica del mundo, Buenos Aires, Espasa-Calpe, 1945.

    Competencias
    - Distinguir a Antropoloxía "filosófica" das outras Antropoloxías.

    - Acadar unha noción do "animal humano" ben fundamentada, actualizada e crítica, que combine os aspectos biolóxico-naturais e simbólico-culturais.

    - Conseguir a localización de determinados prexuízos que arrastra consigo a nosa tradicional noción do "ser humano" e que inflúen directamente na valoración e no trato dado por nós tanto aos demais humanos como aos restantes seres do planeta.

    - Conseguir a localización de determinados prexuízos que arrastra consigo a nosa tradicional noción do "ser humano" e que inflúen directamente na valoración das novas biotecnoloxías aplicadas aos humanos.

    - Manexar as principais achegas de diferentes autores contemporáneos para establecer unha noción do ser humano actualizada.

    - Saber comprender os textos e a conceptualización dos autores do temario.

    - Lectura e comprensión de textos, e elaboración dalgún exercicio escrito, que se irá pedindo en cada momento do deselvolvimento da materia, e que terá que estar ben estructurado e redactado de modo gramatical e ortográfico correctos.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia desenvólvese en sesións presencias teóricas e prácticas, en horario de mañá (as teóricas) e en horario de mañá e tarde (as prácticas), dacordo ao seguinte:

    -Exposición, por parte da profesora, das grandes liñas básicas de cada un dos temas do Programa, con explicación dos conceptos principais implicados.

    -Sesións prácticas, ligadas a algún dos temas de modo directo ou indirecto. Estas prácticas serán de carácter de análise e debate en grupo e posterior entrega individual dun breve exercicio escrito resultado da cada práctica ou ben serán de carácter individual mediante o sistema de titorías no despacho.

    -Traballo individual, en casa, sobre cada un dos temas a medida que se vaian expoñendo na aula. O traballo ten como obxectivo que cada alumno/a faga súa a conceptualización, argumentación e problemática de cada tema, elabore un esquema e dea conta deste traballo nun exercicio escrito (“exame parcial”) que será realizado na aula máis ou menos unha semá despóis de que remate a exposición de cada tema.

    -Exame final, no que se dará conta tanto de todas as cuestións teóricas como daquelas cuestións analizadas nas sesións prácticas.

    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación da aprendizaxe
    A avaliación farase tendo en conta o conxunto dos seguintes elementos:
    1. Asistencia ás clases teóricas. 2. Asistencia ás sesións prácticas con entrega do exercicio escrito que se derive de cada unha delas, e asistencia ás sesións de titoría individualizada. 3. Exames parciais de cada un dos temas desenvolvidos. 4. Exame final.

    EXAMES PARCIAIS: Comprenderán algunha cuestión a desenrolar por escrito de entre unha listaxe de cuestións das que o alumno ou alumna disporá por anticipado. Haberá un exame parcial por cada un dos temas. Estes exames parciais teñen carácter obrigatorio xa que están concebidos para facilitar a gradual comprensión e asunción de cada tema e, asemade, a adquisición de práctica na exposición argumentativa e na expresión conceptual da materia.

    EXAME FINAL: Será un exame con varias cuestións a desenrolar por escrito. Entrarán aquí todas as cuestións das listaxes dos exames parciais e, ademáis, outras que se engadirán –unhas cun carácter máis global e outras referidas ás temáticas traballadas nas sesións prácticas.

    OBTENCIÓN da CUALIFICACIÓN FINAL: A cualificación final será o resultado dos elementos arriba mencionados: 1 + 2 + 3 + 4, na seguinte proporción:
    30% sesións prácticas cos exercicios prácticos correspondentes + 40% exames parciais + 30% exame final.
    A asistencia ás clases teóricas, de carácter presencial obrigatorio, será un factor que redondee a cualificación cara arriba ou –penalizando no caso de non asistencias– cara abaixo.

    ADVERTENCIAS:
    -A realización do Exame Final non exime, en ningún caso, da realización de todos e de cada un dos exames parciais.
    -É requisito indispensable para realizar o Exame final que, no momento do seu inicio, o alumno ou a alumna teña xa realizados todos e cada un dos exames parciais, así como entregados todos e cada un dos exercios prácticos derivados das sesións prácticas.

    -A docente impartirá as clases en lingua galega.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumno/ da alumna. Horas:

    Clases teóricas 29
    Clases prácticas 9
    Titorías 2
    Exames 5
    Total 45

    Traballo persoal do alumno ou a alumna. Horas:

    Indicacións introductorias e seguimento (lecturas, documentación, etc.) 39
    Preparación de Actividades prácticas (lectura de fontes e bibliografía, documentos audivisuais e prensa) 13
    Titorías 3
    Estudo 50.
    Total 105

    Recomendacións para o estudo da materia
    Cada alumno ou alumna, para comentar de modo máis persoal algunha cuestión que sexa do seu interés ou sobre a que teña dúbidas, pode –e debe– facer uso do horario de titorías ligadas á materia que a docente ten a súa disposición para atender no despacho, dentro do horarioestablecido para titorías.
    Observacións
    Son benvidos a esta materia todos aqueles estudantes que cursen outra titulación, a cal pode ser moi interesante dado que toda a reflexión implicada nesta materia xira ao redor dunha actualización da noción de ser humano e en localizar prexuicios propios da nosa tradición que seguimos arrastrando en toda a nosa negativa conceptualización, valoración e prácticas polo que toca ao medio ambente e a todos os demáis seres, humanos e non humanos, cos que cohabitamos neste planeta ferido.

    As clases serán impartidas pola profesora en lingua galega.