Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031103 - Hermenéutica de textos filosóficos (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PINTOS PEÑARANDA, Ma DE LA LUZ.NON
Rodriguez Camarero, Luis.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia está adicada a introducir aos alumnos e alumnas na hermenéutica filosófica e a desenvolver a capacidade de análise de textos filosóficos considerados clásicos no marco da historia da filosofía. No fundamental oriéntase a familiarizar ao alumnado de filosofía coa adquisición de técnicas que faciliten a rigorosa interpretación do contido dos textos filosóficos.
    Contidos
    PARTE TEÓRICA INTRODUCTORIA:

    Tema 1. O texto orixinario e o texto cultural humano. A comunicación humana: comunicación natural e comunicación cultural, comunicación espontánea e comunicación aprendida. A comprensión e interpretación natural e a comprensión e interpretación cultural.

    Tema 2. Hermenéutica filosófica como teoría da interpretación do texto escrito. Concepto, orixe, obxectivos e principais representantes.

    Tema 3. Estruturas principais na comprensión e interpretación do texto filosófico.

    Tema 4. Elementos formais indispensables nos textos referenciados para a súa identificación inequívoca.


    PARTE PRÁCTICA INTERACTIVA:

    - Lectura, análise compresiva e interpretación de textos filosóficos.

    - Identificación dos elementos formais que compoñen a referencia aos distintos tipos de textos filosóficos.

    Bibliografía básica e complementaria
    FONTES :

    DERRIDA, Jacques, ¡Palabra¡ Instantáneas filosóficas, Madrid, Trotta, 2001.
    DERRIDA, Jacques El lenguaje y las instituciones filosóficas, Barcelona, Paidós, 1995.
    DERRIDA, Jacques Márgenes de la filosofía, Madrid, Cátedra, 1989.
    DERRIDA, Jacques La diseminación, Madrid, Fundamentos, 2007.
    DERRIDA, Jacques La escritura y la diferencia, Barcelona, Anthropos, 1989.
    DERRIDA, Jacques De la gramatología, México, Siglo XXI, 2003.
    DERRIDA, Jacques Teoría literaria y deconstrucción, Madrid, Arco Libros, 1990.
    DILTHEY, Wilhelm, Dos escritos sobre hermenéutica, Madrid, Istmo, 2000.
    GADAMER, H. G., Verdad y método I, Salamanca, Sígueme, 1977.
    GADAMER, H. G., Verdad y método II, Salamanca, Sigueme, 1992.
    GADAMER, Hans G., Acotaciones hermenéuticas, Madrid, Trotta, 2002.
    HEIDEGGER, Martin, Ontología. Hermenéutica de la facticidad, Madrid, Alianza, 1999.
    HEIDEGGER, Martin, Ser y tiempo, Madrid, Trotta, 2003.
    RICOEUR, Paul, El conflicto de las interpretaciones, Buenos Aires, Megápolis 1975.
    RICOEUR, Paul, La metáfora viva, Madrid, Ed. Cristiandad, 1980.
    SCHLEIERMACHER, Friedrich, Los discursos sobre hermenéutica, Pamplona, Servicio de Publicaciones de la Univ. de Navarra, 1999.
    VATTIMO, Giovanni, Ética de la interpretación, Barcelona, Paidós, 1991.
    VATTIMO, Giovanni, Más allá de la interpretación, Barcelona, Paidós, 1995.
    VATTIMO, Giovanni, Más allá del sujeto, Barcelona, Paidós, 1992.

    BIBLIOGRAFÍA :

    ARANDA TORRES, Cayetano, Lecciones de hermenéutica filosófica, Almería, Universidad de Almería, 1999.
    FERRARIS, Maurizio, Historia de la hermenéutica, Madrid, Siglo XXI,
    FERRARIS, Maurizio, La hermenéutica, Madrid, Ed. Cristiandad, 2004.
    GRONDIN, Jean, Introducción a la hermenéutica filosófica, Barcelona, herder, 1999.
    GRONDIN, Jean, ¿Qué es la hermenéutica?, Barcelona, Herder, 2008.
    MACEIRAS, Manuel/TREBOLLE, Julio, Hermenéutica contemporánea, Madrid, Cincel, 1995.
    ORTIZ-OSÉS, Andrés, Diccionario interdisciplinar de Hermenéutica, Bilbao, Universidad de Deusto, 2004.
    PALMER, Richard E., ¿Qué es la hermenéutica?, Madrid, Arco Libros, 2002.
    PINTOS PEÑARANDA, Mª Luz, “Fenomenología del cuerpo como expresión e interpretación”, en Jorge V. Arregui / Juan A. García González (eds,), Significados corporales, Málaga, volumen monográfico de Contrastes, 2006, 127-145.













    Competencias
    Adquisición duns coñecementos básicos sobre o significado, orixe, historia e principais figuras da Hermenéutica filosófica.

    Adquisición de destrezas básicas para analizar, comprender e interpretar de xeito rigoroso os textos filosóficos.

    Dominio das formas e normas universalmente utilizadas para saber identificar os textos e para saber facer referencia a eles.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia será impartida por dous docentes.

    Unha parte das sesións estará adicada a proporcionar unha información básica introductoria encol da Hermenéutica filosófica en canto á súa orixe, significado, obxectivos e principais figuras representativas.

    Outra parte das sesións adicarase á aplicación e práctica da hermenéutica: lectura, análise compresiva e interpretativa de textos filosóficos. Os textos filosóficos a analizar serán seleccionados polos docentes entre os textos clásicos de distintas épocas.

    Nas sesións de carácter práctico, interactivas, os alumnos e alumnas participarán activamente. No seu momento, e con anterioridad a estas sesións prácticas, informarase sobre os textos a analizar para que cada alumno ou alumna poida conseguilos, lelos e traballalos persoalmente a modo de preparación para a súa lectura e análise en clase.


    Sistema de evaluación
    A asistencia a clase será obrigatoria e a avaliación será continua.

    Avaliación das sesións teóricas: Cada alumno ou alumna fará un protocolo escrito de cada sesión -con independencia de asistir ou non a cada sesión-, que ampliará pola súa conta, buscando complementalo con bibliografía axeitada. Ao rematarar cada unidade teórica, farase un exercicio escrito, ben en casa ou ben na aula, dependendo do que se indique. Tanto se o exercicio encárgase para redactar en casa coma se se realiza no aula, a información que conteñen os protocolos deberá ser asumida no exercicio e os protocolos entregarse xunto con el. Do mesmo xeito, no caso de que o exercicio escrito se realice na aula, os protocolos deberán utilizarse na súa redacción e serán entregados xunto con el.

    Avaliación das sesións prácticas:
    Cada unidade práctica, adicada a analise dun texto ou conxunto de textos filosóficos, rematará cun exercicio escrito que servirá para probar os coñecementos adquiridos grazas á práctica. Para iso, é imprescindible a asistencia regular ás sesións na aula. No caso de non asistir ás sesións prácticas correspondentes a cada unidade programada, o alumno ou alumna deberá presentar por escrito unha análise detallada do texto ou textos correspondentes a esas sesións ás cales non asistiu (con xustificante da non asistencia).

    A cualificación final será o resultado da suma de tres elementos: (A) media dos exercicios escritos e protocolos correspondentes a cada unidade teórica, (B) media dos exercicios escritos correspondentes a cada unidade práctica, (C) asistencia ás sesións teóricas e prácticas (esta redondeará a cualificación final, para arriba ou para abaixo).

    A non entrega dalgún exercicio (A) ou dalgún exercicio (B) contará como 0 na media correspondente a esa parte.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumnado:
    clases teóricas 20 + clases prácticas 35 + titorías 5 = 60 h

    Traballo persoal do alumnado:
    seguimento (lecturas, documentación, ampliación, etc.) 40 h
    elaboración de exercicios escritos e exames= 50 h

    TOTAL= 60 + 40 + 50 = 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia, tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas é de carácter obrigatorio. Para cumprir os protocolos de cada sesión teórica e para adquirir as habilidades necesarias na análise, comprensión e interpretación dos textos traballados na, aula é indispensable esta asistencia.
    Observacións
    Dos dous docentes da materia, un deles dará as súas clases en castelán e o outro en galego.

    Parte teórica introductoria e Parte práctica desenvolveránse simultáneamente.