Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031109 - Semiótica (Filosofía da Linguaxe e da Mente) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
  • Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RIVAS MONROY, MARIA EUGENIA.SI
VAZQUEZ FERNANDEZ, BELEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Un dos obxectivos fundamentais desta materia consiste en aclarar que se entende por Semiótica –tamén coñecida como Semioloxía–, que ten como obxecto de estudo os signos e os sistemas de signos. As súas orixes relaciónana tanto coa lóxica e a filosofía como coa lingüística e as ciencias sociais, signo inequívoco de interdisciplinariedade, unha das súas razóns de ser.
    O obxectivo da parte de docencia expositiva do programa consistirá en que os alumnos e as alumnas obteñan as ferramentas teóricas e conceptuais necesarias para abordar algúns dos problemas teóricos propios do ámbito semiótico tales como qué son os signos, a súa natureza, as súas clases e tipos, etc.; e moi especialmente dirixir a súa atención á función do signo como instaurador de sentido e polo tanto de cultura. Deste xeito pódese dicir que os obxectivos concretos do curso son a análise dos fenómenos característicos do estudo semiótico: a significación e a comunicación. Para enfrontarse co estudo da significación e a comunicación é preciso, polo tanto o dominio conceptual dunha serie de nocións fundamentais tales como signo, canle, código, información, entropía, etc., así como as teorías dos autores que deron orixe á disciplina: F. de Saussure en Europa, e Ch. S. Peirce en América, sen esquecer outros proxectos, xa clásicos, como o de C. Morris ou R. Barthes, e outros máis recentes, como o de U. Eco.
    2. O campo de aplicación dos estudos semióticos é moi grande, pero sobre todo céntrase nos aspectos culturais máis específicos da nosa época como cine, televisión, cómics, periodismo e medios de comunicación en xeral, é dicir, naquelas manifestacións máis básicas da cultura, onde o signo e o sentido se manifestan a través de todo tipo de linguaxes e discursos: artístico, cotián, ideolóxico, literario, estético, etc. O outro obxectivo específico da materia de Semiótica é que os alumnos ou alumnas leven a cabo unha aplicación práctica das categorías semióticas a este campo da semiótica aplicada, que inclúe ámbitos tales como a análise da linguaxe das historietas ou cómics, a análise da prensa, a análise da publicidade televisiva ou a análise da comunicación virtual a través de internet; deste xeito os alumnos e alumnas non só se familiarizan con estes ámbitos, senón que obteñen tamén unha primeira toma de contacto coas dificultades coas que se atopa a análise semiótica.
    3. Outro obxectivo que se persegue é dar unha visión ampla, global e xeneralizadora do estado da cuestión semiótica, para iso o alumnado deberá realizar unhas lecturas complementarias á parte de docencia expositiva, que formarán parte da docencia interactiva do programa.


    Contidos
    DOCENCIA EXPOSITIVA

    1. CUESTIÓNS ACERCA DO OBXECTO E DO MÉTODO DA SEMIÓTICA
    1.1. O porqué da semiótica: xustificación, interdisciplinaridade e método. Campo ou dominio semiótico. Semiótica: ¿dominio, moda, disciplina?
    1.2. Semiótica descritiva, semiótica teórica, semiótica aplicada. Semiótica, semioloxía ou semióticas.
    1.3. Semiotica da significación, semiótica da comunicación, semiótica da produción.

    2. NOCIÓNS BÁSICAS DA SEMIÓTICA
    2.1. Sistema de significación. Proceso de comunicación. Paso de información.
    2.2. Signos naturais. Signos non intencionais. Estímulo e sinal.
    2.3. Descrición do modelo comunicativo elemental: emisor, receptor, mensaxe, canle, contexto, código. Redundancia e ruído.

    3. COMUNICACIÓN ANIMAL, LINGUAXE VERBAL E COMUNICACIÓN NON VERBAL. COMUNICACIÓN E CULTURA
    3.1. Comunicación animal, linguaxe verbal e comunicaión non verbal.
    3.2. Cultura como espazo de comunicación.
    3.4. Cultura como fenómeno semiótico: dúas hipóteses sobre a cultura.

    DOCENCIA INTERACTIVA

    I. OS PROXECTOS SEMIÓTICOS
    4. A SEMIOLOXÍA DE F. DE SAUSSURE
    4.1. Lingua e semioloxía.
    4.2. Signo, significado e significante.
    4.3. Concepto de valor: a lingua como sistema de valores. O valor lingüístico.

    5. A SEMIÓTICA DE C. S. PEIRCE
    5.1. Primeridade, segundidade, terceridade.
    5.2. Semiótica e lóxica. División da semiótica.
    5.3. A semiose. Elementos da semiose: representamen, obxecto e interpretante.
    5.4. Interpretante e semiose ilimitada.
    5.5. Tricotomías dos signos. Iconas, índices e símbolos.

    6. A SEMIÓTICA DE C. MORRIS
    6.1. A semiótica como “organón” das ciencias.
    6.2. A definición condutista da semiose e a importancia do intérprete.
    6.3. A división da semiótica: sintaxe, semántica e pragmática.

    7. A SEMIOLOXÍA DE R. BARTHES
    7.1. A ampliación do universo do sentido: a función-signo
    7.2. A aplicación lingua/fala aos sistemas non lingüísticos

    8. A SISTEMATIZACIÓN DA SEMIÓTICA: U. ECO
    8.1. Semiótica como teoría da mentira
    8.2. O intepretante e a teoría dos códigos


    II. SEMIÓTICA APLICADA

    1. SEMIÓTICA DOS CÓMICS
    1.1. Fundamentos para unha semioloxía dos cómics
    1.2. A viñeta do cómic. A montaxe e a operación de lectura
    1.3. O nacemento dos cómics. Industria da produción e distribución de cómics
    1.4. Interconexións entre o cómic e outras manifestacións culturais
    1.6. Os cómics e a sociedade
    1.7. A lectura de “Steve Canyon”

    2. SEMIÓTICA DA PUBLICIDADE
    2.1. A mentira na publicidade
    2.2. Operacións da mentira: supresións, adicións, deformacións
    2.3. Publicidade e televisión
    2.4. Esquema de análise da publicidade en televisión: condicións do medio, condicións da relación emisor/receptor, relación anuncio/espectador, rexistro visual, rexistro sonoro, enfoque retórico

    3. SEMIÓTICA DA PRENSA
    3.1. Antecedentes do periódico e primeiras experiencias
    3.2. Organización da produción, distribución e configuración do periódico
    3.3. Os xéneros informativos: a noticia, a crónica, a reportaxe, a entrevista, o comentario, o artigo, a editorial, etc.

    4. SEMIÓTICA DA COMUNICACIÓN VIRTUAL
    4.1. Paradigma ciber: a Sociedade da Información
    4.2. A linguaxe na rede: hipertextualidade e cibersignos (emoticonos)
    4.3. Comunicación en liña versus comunicación cara a cara
    4.4. Ciberactivismos en rede: hackers, crakers, ciberfeministas, netartistas…

    5. SEMIÓTICA DO CINE
    5.1. Os compoñentes fílmicos: os signos, os códigos tecnolóxicos, os códigos visuais, os códigos sonoros, os códigos gráficos.
    5.2. Os códigos sintácticos: a montaxe. A articulación espazo-tempo.
    5.3. A posta en escea.
    5.4. Natureza e estrutura da narración cinematográfica.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    BARTHES, R.: Ensayos críticos, Seix Barral: Barcelo-na, 1983.
    - La aventura semiológica, Paidós: Barcelona, 1990.
    CARMONA, R.: Cómo se comenta un texto fílmico, Cátedra: Madrid, 1991.
    CASETTI, F.: Introducción a la semiótica, Fontanella: Barcelona, 1980.
    CASTELLS, M.: La Galaxia Internet. Reflexiones sobre Internet, empresa y sociedad, Plaza & Janés Editores: Barcelona, 2001.
    FONTCUBERTA, M. DE: La noticia. Pistas para percibir el mundo, Paidós Papeles de Comunicación: Barcelona, 1993.
    DURANDIN, G.: La mentira en la propaganda política y en la publicidad, Paidós Comunicación: Barcelona, 1983.
    ECO, U.: Signo, Labor: Barcelona, 1980.
    - Tratado de semiótica general, Lumen: Barcelona, 1988.
    GUBERN, R.: El lenguaje de los comics, Península: Barcelona, 1974.
    KNAPP, M.L.: La comunicación no verbal, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985.
    LOTMAN, Y.M.: Estética y semiótica del cine, G. Gili: Barcelona, 1979.
    MORRIS, C.: Fundamentos de la teoría de los signos, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985.
    MOUNIN, G.: Saussure, Anagrama: Barcelona, 1971.
    - Introducción a la semiología, Anagrama: Barcelona, 1972.
    PANCORBO, L.: Ecoloquio con U. Eco, Anagrama: Barcelona, 1977.
    PEIRCE, C.S.: Obra lógico-semiótica, Taurus: Madrid, 1987.
    - El hombre, un signo, Crítica: Barcelona, 1988.
    SABORIT, J.: La imagen publicitaria en televisión, Cátedra: Madrid, 1988.
    SERRANO, S.: La semiótica, Montesinos: Barcelona, 1984.
    - Signos, lengua y cultura, Anagrama: Barcelona, 1981.
    SAUSSURE, F. DE: Curso de lingüística general, Akal: Madrid, 1980.
    THORPE, W.H.: Naturaleza animal y naturaleza humana, Alianza: Madrid, 1980.

    2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    BERGER, P. e LUCKMANN, T.: La construcción social de la reali-dad, Amorrortu: Buenos Aires, 1978.
    BOLIVAR BOTIA, A.: El estructuralismo: de Levi-Strauss a Derrida, Cincel: Madrid, 1985.
    BORNAY, E.: Las hijas de Lilith, Cátedra: Madrid, 1990.
    BORTOLUSSI, M.: Análisis teórico del cuento infantil, Alhambra: Madrid, 1985.
    DAVIS, F.: La comunicación no verbal, Alianza: Madrid, 1985.
    DeFLEUR, M.L. e BALL-ROKEACH, S.: Teorías de comunicación de masas, Paidós Comunicación: Barcelona, 1982.
    ECHEVERRÍA, J.: Telépolis, Destino: Barcelona, 1994.
    - Cosmopolitas domésticos, Anagrama: Barcelona, 1995.
    - Un mundo virtual, Plaza & Janés Editores: Barcelona, 2000.
    ECO, U.: Apocalípticos e integrados, Lumen: Barcelona, 1984.
    - Obra abierta, Ariel, 1979.
    GARCÍA MESEGUER, A.: ¿Es sexista la lengua española? Una investigación sobre el género gramatical, Paidós Papeles de Comunicación: Barcelona, 1994.
    GAUTHIER, G.: Veinte lecciones sobre la imagen y el sentido, Cátedra: Madrid, 1986.
    GOMBRICH, E.H., HOCHBERG, J. e BLACK, M.: Arte, percepción y realidad, Paidós Comunicación: Barcelona, 1983.
    GUBERN, R.: La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas, Akal Comunicación: Madrid, 1989.
    - Mensajes icónicos en la cultura de masas, Lumen: Barcelona, 1988.
    HALL, E.T.: El lenguaje silencioso, Alianza: Madrid, 1989.
    MARTIN, M.: El lenguaje del cine, Gedisa: Barcelona, 1996.
    McLUHAN, M.: Guerra y paz en la aldea global, Planeta-Agostini: Barcelona, 1985.
    McLUHAN, M. e FIORE, Q.: El medio es el masaje, Paidós: Barcelona.
    PEREZ CARREÑO, F.: Los placeres del parecido. Icono y represen-tación, Visor: Madrid, 1988.
    PROPP, V.: Morfología del cuento, Fundamentos: Madrid, 1981.
    PROSS, H.: La violencia de los símbolos sociales, Anthropos: Barcelona, 1987.

    Competencias
    1) Posuír os coñecementos propios da materia: as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, a partir dos textos clásicos e das aportacións investigadoras recentes.
    2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar (a través da lectura de libros e as recensións dos mesmos, e a análise de textos).
    3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar (mediante a presentación pública das actividades da lectura de libros e da análise da semiótica aplicada).
    4) Capacidade para organizar a información, considerar e resolver problemas (desenvolvida mediante a elaboración de análise de textos e a análise da semiótica aplicada)
    5) Desenvolvemento do razoamento crítico e o sentido social, fomentando a cooperación e a mediación (a través da elaboración en equipo da análise semiótica e a presentación pública da mesma).
    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva: clases teóricas de exposición maxistral, abertas á intervención e o debate.
    Docencia interactiva: desenvolvemento das actividades programadas na parte interactiva do programa da materia: análise de textos, correspondente ao desenvolvemento do programa da docencia interactiva; lecturas e traballos complementarios ao desenvolvemento do programa (lectura, recensión, presentación e debate de libros); análise semiótica aplicada.
    Titorización en grupos: Programación e organización dos traballos correspondentes á análise de semiótica aplicada.
    Sistema de evaluación
    1. As clases de docencia expositiva consistirán nunha presentación e discusión dos distintos temas correspondentes a cada apartado do programa.
    2. O alumnado realizará periodicamente análise de textos, correspondentes á parte do programa de docencia interactiva.
    3. O alumnado terá que facer a recensión de dous libros escollidos polo alumno ou alumna entre a lista proposta pola profesora. Os libros serán posteriormente obxecto de presentación e debate na clase.
    4. Realizarase unha análise semiótica, que se levará a cabo en grupos, e que se presentará na clase.
    5. Ao final do curso realizarase un exame final, correspondente á materia do programa e ao traballado nas clases de docencia expositiva.

    6. CUALIFICACIÓN FINAL: establecerase en función da media obtida a partir da cualificación da docencia expositiva da materia, a cal se corrersponde co exame final, e da cualificación da docencia interactiva, obtida a partir da media dos seguintes apartados:
    a) Análise de textos (Punto 2.)
    b) Lectura, recensión e discusión dos libros (Punto 3.)
    c) Análise semiótica (Punto 4.)
    O procedemento avaliador para os créditos prácticos son o control periódico da análise de textos (apartado 2), das lecturas (apartado 3) e da análise semiótica (apartado 4).
    Para aprobar a materia é condición necesaria acadar a puntuación de 5 como mínimo tanto na avaliación da docencia expositiva como na da docencia interactiva. Na cualificación final terase en conta a asistencia e participación na dinámica da clase.
    No caso de non superar a materia na oportunidade de xuño, todas as cualificacións obtidas que sexan 5 ou superiores a 5 conservaranse para a oportunidade de xullo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Docencia expositiva: 22,5 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia a clase) e 20 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diaria do visto na clase, preparación de esquemas e estudio regular da materia).
    Docencia interactiva: 20/21 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia as clases e participación activa nas mesmas; e presentación dos libros) e 55 horas de preparación das actividades de lectura de libros e recensión dos mesmos, da análise de textos e do traballo en equipo da análise de semiótica aplicada.
    Actividades titoriais: 3 horas para a organización e programación das análises en grupo da semiótica aplicada.
    Exame: 3 horas para a realización do exame final.
    Estudo: 30 horas para a preparación do exame final.
    Total. 51 horas de traballo presencial e 105 de traballo persoal.
    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Asistencia diaria ás clases.
    2. Lectura diaria, previa ou posterior á clase, dos temas que se van tratando nas aulas.
    3. Lecturas das fontes.
    3. Estudio sistemático e regular dos temas da materia.
    4. Programar e preparar, coa antelación suficiente, as distintas actividades correspondentes á docencia interactiva da materia.
    5. Utilización das horas de atención ao alumnado para resolver dúbidas, problemas e todo tipo de preguntas relacionadas coa materia.

    Observacións
    Ao comezo do curso o alumnado disporá dun programa detallado da materia, coas referencias bibliográficas pertinentes para cada un dos temas.