G5031221 - Historia da Filosofía Antiga (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Coñecemento das diferentes etapas da Historia do pensamento filosófico da antiguedade ou época pagana, desde a época arcaica ate o helenismo greco-romano.
-Familirización con traballos de investigación e exposición oral dos resultados dos mesmos.
-Dominio do léxico filosófico da época.
-Coñecemento das fontes, impresas e electrónicas, do pensamente deste periódio.
-Amais do seu contexto cultural e histórico: filosofía antiga e ciencia, arte e literatura.
Contidos1.-Época arcaica (cultura indoeuropea e mitos).
2.- Escolas presocráticas e sofística.
3.-Socrates e escolas presocráticas menores.
4.-Platón: 4.1. Biografía, diálogos, etapas do pensamento, «doctrinas non escritas»; 4.2. A teoría das ideas (da época de madurez ó periodo de crise); 4.3. A dialéctica; 4.4. O placer e Eros; 4.5. A natureza da alma; 4.6. Os deuses, a arte e a educación; 4.7. Política; 4.8. Mitoloxías platónicas; 4.9. «Timeo», cosmoloxía e finalismo.
5. Socráticos menores.
6. Aristóteles: 6.1. O home, a obra e a formación do pensamento filosófico; 6.2. A “filosofía primeira” (análise da Metafísica); 6.3. A “filosofía segunda” (análise da Física); 6.4. A psicoloxía (análise do De anima); 6.5. A reflexión moral (análise da Ética a Nicómaco); 6.6. A doctrina do Estado (análise da Política); 6.7. A filosofía do arte (análise da Poética); 6.8. A fundación da lóxica (análise do Organon); 6.9. Historia da proxección e das interpretacións de Aristóteles.
7. Filosofía helenística: Plotino (pendente para "Historia da Filosofía Medieval').
Bibliografía básica e complementaria-KIRK, G. S. e RAVEN, J. E, Los filósofos presocráticos. Historia crítica con selección de textos, Madrid, Gredos, 1969 (1 ª ed.), trad. J. García Fernández (existe nova versión con colaboración de M. Schofield) (para presocráticos).
-GUTHRIE, W. K. C., Historia de la filosofía griega, Madrid, Ed. Gredos, 1990, Tomo III, “Siglo V. Ilustración” (para sofistas e Sócrates)
-GRUBE, G. M. A., El pensamientos de Platón, Madrid, Gredos, 1984 (para Platón) (pode haber outra monografía).
REALE, G., Introducción a Aristóteles, Barcelona, Herder, 1985 (para Aristóteles).
REALE, G. y D. ANTISERI, Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder, 1991 (para las escuelas socráticas menores e Plotino).
O alumno, para cada tema, recibirá material complementario, que se integrará no temario a estudiar.
Competencias1. Adquisición dos coñecementos propios da materia.
2. Desenrollo da capacidade de análise e interpretación de textos filosóficos da época.
3. Dominio do léxico filosófico da Antigüedade.
4. Iniciación a traballos de investigación.
5. Destreza na exposición oral de ditos traballos.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía Xeral:
Clases teóricas: exposición maxistral, aberta á intervención e debate dos alumnos.
Clases prácticas: actividades en seminario con participación activa e protagonista d@ alumn@.
Sistema de evaluaciónCriterio Xeral:
Evaluación continua: asistencia e participación, actividades realizadas (exposicións, debates, comentarios, exercicios traballos, etc.), exercicios escritos.
Examen final, en caso de no superar a evaluación continua.
Haberá 3 probas parciais: 1º) presocráticos, sofistas e Sócrates; 2º) Platón; 3º) Aristóteles. Preguntas temáticas. Haberá 3 niveles de avaliación: 1º) Moi ben; 2º) Ben; e 3º) Insuficiente.
Para aprobar, só é necesario ter un 1º) ben (nota cuantitativa: 5) ou 2º) moi ben (nota cuantitativa, b).
Para obter un notable será necesario facer un traballo sobre autor ou escola (20 folios, pero sen exposición oral), que pode ser: 1º) ben (equivale a un 7) ou 2ª moi ben (equivale a un 8, en puntuación numérica).
Para obter un sobresaínte, será necesario prresentar un traballo sobre un texto de época (20 folios, con exposición oral), que poderá ser calificado como 1º ben (equivale a un 9) ou 2º) moi ben (equivale a un 10, equivalente cuantitativo ou numérico).
Para obter Matrícula de Honra será necesario presentar un traballo de investigación, extensión 20 folios e exposición oral, do "Acerca del alma" de Aristóteles na edición de T. Calvo Martínez, editorial Gredos, 1978 (varias edicións).
Os traballos serán sempre individuaís. Só podrán prresentarse durante o curso. Resérvase a nota deles para a convocatoria de Xullo, ou outras, en caso de suspenso. En caso de apreciar plaxio nos traballos de investigación (corta/pega), o alumno suspenderá a materia de forma irrevocable e informarase ó Decanato da incidencia, por se procedera apertura de Expediente disciplinario, o para que tome as medidas procedentes e que lle competen.
Tempo de estudo e traballo persoal-Traballo presencial: clases teóricas (30 horas), clases prácticas (10 horas), titoría (3 horas) exámens (2 horas)=Total 45 horas.
-Seguimento (35 horas), preparación (25 horas), estudios (45 horas). Total de totales=105 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguir a dinámica de clase, superando bloco a bloco, sen arrastrar materia.
Deberá comezar a preparar os traballos de investigación desde o primeiro momento, para evitar que se acumule actividades, exames ou obrigas académicas doutro tipo. Na súa prresentación poderá facer uso de medios audiovisuais. A exposición oral, no caso dos de Sobresainte e MH., deberá facerse só con un guión de un folio diante. Deberá entregarse, á hora de exposición, o traballo escrito. A data de presentación fixarase cada ano segundo o calendario académico.
ObservaciónsO alumno debe entregar ficha ba primeira semana.
Sen ficha non se poderá avalidar ou cualificar, nin os exercicios parciais nin o final.
Na ficha debe constar dados actualizados, dirección electrónica e telefónica. móvil e fixa.
Esta materia compleméntase coa optativa "Filosofías helenísticas e filosofías do Renacemento".