Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031222 - Teoría do coñecemento I (Metafísica e Teoría do coñecemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Comprendelo problema e a situación actual da cuestión do coñecemento presentándoa de maneira sistemática e baixo unha formulación, en absoluto histórica pois para estas cuestións existen outras materias específicas no actual Plano de Estudios, senón estrictamente conceptual.
    -Determinala situación e competencias da teoría do coñecemento no discurso filosófico.
    -Comprendelo valor do coñecemento e a estructura básica do coñecer.
    -Desenvolver algúns dos problemas fundamentais do coñecemento, realizando as diversas actividades detalladas no apartado que describe a metodoloxía da asignatura.

    Contidos
    INTRODUCCIÓN: A posición da teoría do coñecemento na filosofía.
    TEMA 1: Esencia e valor do coñecemento: qué é e qué significa coñecer.
    TEMA 2: Estructura do coñecemento: especies de coñecemento.
    TEMA 3: Orixe e límites do coñecemento: o suxeito do e no coñecemento. O trascendental.
    TEMA 4: Posibilidade do coñecemento: o problema das categorías (sustancia, causa, a priori)
    4.1.- Aproximación ao problema da xustificación
    -As virtualidades do coñecemento empírico: percepción e inducción
    4.2.- Aproximación ao problema da fundamentación
    -As virtualidades da conciencia: mente - corpo / intencionalidade - a priori.
    TEMA 5: Conclusión: Finalidade do coñecemento: ¿a verdade?
    5.1.- Teorías da verdade - Teorías do coñecemento
    5.2.- Verdade - Certeza - Evidencia - Creenza
    5.3.- Coñecemento e Verdade: intuición - abstracción
    5.4.- Conclusión: Cara unha definición de verdade: eu, mundo e outras mentes.
    5.5.- Corolario: ¿Epistemoloxía para escépticos?

    Bibliografía básica e complementaria
    -Bibliografía Básica:
    KANT, I.: Crítica de la Razón Pura, (A760-761 / B788-789).
    SEXTO EMPÍRICO: Hipotiposis pirrónicas, I (1-10)
    HEGEL, F.: Fenomenología del Espíritu, (Introducción).
    ADORNO, Th; HORKHEIMER, M.: “El concepto de Ilustración” en Dialéctica de la Ilustración.
    DESCARTES, R.: Reglas para la dirección del espíritu, I
    DESCARTES, R.: Meditaciones Metafísicas, I
    KANT, I.: Crítica de la Razón Pura (Prólogo a la 2ª ed.).
    -Bibliografía Complementaria:
    BLASCO, J. L.: Teoría del conocimiento, Universidad de Valencia, 2004.
    CASSIRER, E.: El problema del conocimiento (4vols.), México, FCE, (ed. varias).
    RÁBADE, S.: Estructura del conocer, Madrid, Gregorio del Toro, 1966.
    RÁBADE, S.: Teoría del conocimiento, Madrid, Gregorio del Toro, 1966.
    SANFÉLIX, V.: Mente y conocimiento, Madrid, Biblioteca Nueva, 2003.
    DANCY, J.: Introducción a la epistemología contemporánea, Madrid, Tecnos, 1995.

    Observacións:
    -Entregaránse unha serie de textos básicos para a materia.
    -Para cada un dos temas tratados recomendarase bibliografía específica que o alumno debe traballar para desenvolver personalmente e en profundidade os devanditos temas.

    Competencias
    -Capacidade para o traballo en equipo.
    -Capacidade para enfrentarse ao discurso abstracto e ao traballo conceptual.
    -Capacidade argumentativa, tanto analítica como sintética.
    -Destreza para a análise de conceptos: contextualización, exposición, redacción, interpretación, explicación, crítica, comprensión… .
    -Capacidade para argumentar e construir diferentes perspectivas sobre os problemas estudiados en relación aos conceptos fundamentais do programa.
    -Destreza para a investigación: búsqueda e selección bibliográfica, análise do estado actual da cuestión e formulación de preguntas e hipóteses
    Metodoloxía da ensinanza
    Para a consecución dos obxectivos estipulados realizaremos as seguintes actividades:
    a) Seminario: Elaboración en grupo dun pequeno traballo de investigación que articule o problema fundamental do coñecemento nalgún filósofo clave do ámbito epistemolóxico. Procedimento: Explícase en folio adxunto na presentación da materia.
    b) Prácticas: Traballo cooperativo (grupos puzzle) de asimilación, síntese e explicación de diversos conceptos claves para a epistemoloxía, perseguindo un reforzo conceptual básico para unha mellor comprensión da materia (-dossier conceptual que reforza o “discurso teórico” da materia e do que se dará conta no examen oficial-) e necesario para calquer estudante de filosofía e futuro investigador.
    Procedimento: Explicaráse na primeira sesión de prácticas, que terán lugar en sesións de 60 minutos.
    c) Clases Teóricas: Explicaremos os contidos básicos do Programa, que o alumno terá que completar coa bibliografía que se detalle ao longo do curso. Realizaránse preferentemente en sesións de 120 minutos.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe, conforme á metodoloxía proposta, será continuada xa que iránse valorando as actividades que se vaian realizando ao longo do cuatrimestre:
    a) Seminario: O traballo de investigación desenvolvido (así como a súa exposición e cumpridos procedimentos de elaboración) puntuaráse sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 30 % na nota final. (Esta puntuación só computará se o alumno consegue ao menos unha calificación mínima de 4,5 sobre 10 no exame oficial da materia). No primeiro día de clase explicarase o seminario non-presencial para aqueles alumnos que non podan realizar a modalidade presencial que consistirá en afrontar unha pregunta máis no exame oficial.
    b) Prácticas: A asistencia e aproveitamento das sesións prácticas puntuaráse con + 0,2 cada unha sobre a nota final. (Esta puntuación só será computada se o alumno consegue ao menos unha calificación de 4,5 sobre 10 no exame oficial).
    c) Clases Teóricas: Os contidos do programa da materia serán obxecto do exame oficial, o cal puntuaráse sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 70 % na nota final, coa fin de comprobar os coñecementos do alumno e a súa capacidade para articular cuestións nas condicións características dos exames presenciais. Neste exame valoraránse especialmente: a capacidade de argumentación, a bagaxe conceptual (-de ahí a importancia de aproveitar as prácticas-) na súa correcta aplicación ás cuestións formuladas ou textos a comentar e finalmente a capacidade de crítica como demostración do dominio do tema desenvolvido. (Só se procederá a calcular a media se o alumno obtén unha calificación de ao menos 4,5 puntos sobre 10).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de traballo persoal para o alumno é o máximo sinalado polos créditos da materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    -Trátase dunha disciplina nuclear da filosofía e por iso cómpre un alto nivel de compromiso, esforzo e traballo personal que o alumno debe sostener.
    -É preciso ir desenvolvendo as prácticas e o seminario diariamente si se quer obtener un bo resultado de investigación, así como unha aquilatada bagaxe conceptual. Por iso, cómpre realizar semanalmente avances na redacción do traballo para cumprir o tempo de reflexión necesario para a aprendizaxe.
    -Recoméndase asistir continuadamente ás clases, tanto teóricas como prácticas e utilizar o horario de tutorías para resolver calquer asunto referido a calquera dos módulos da materia.

    Observacións
    Non hai.