G5031223 - Filosofía española e galega (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreténdese achegar ó alumnado os coñecementos básicos dos momentos máis sobranceiros do pensamento español e galego, tentando analizar a súa presenza na actualidade.
ContidosTema 1: Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e galego
Tema 2: Das orixes á Idade media
Tema 3: A Ilustración Española e Galega
Tema 4: O Século XIX: a descuberta da identidade
Tema 5: O século XX no pensamento español: A Escola de Madrid
Tema 6: O século XX no pensamento galego: Da Xeración Nós á Xeración Galaxia
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía específica, tanto no que atinxe ás fontes como á literatura secundaria, facilitarase nas clases co gallo da exposición dos correspondentes temas.
Para unha primeira orientación e axuda no eido bibliográfico dos temas do Programa, pódese consultar os seguintes manuais e libros de consulta.
a) Pensamento Español
José Luis ABELLÁN: Historia del pensamiento español. De Séneca a nuestros días. Madrid, Editorial Espasa-Calpe, S.A., 1996.
Alan GUY: Historia de la Filosofía Española. Barcelona. Anthropos, Editorial del hombre, 1985.
Manuel MACEIRAS FAFIÁN (Editor y coordinador) y AA.VV.: Pensamiento Filosófico Español. Volumen I. De Séneca a Suárez. Volumen II. Del Barroco a nuestros días. Madrid, Editorial Síntesis, S.A., 2002.
Manuel SUANCES MARCOS: Historia de la Filosofía Española Contemporánea. Madrid. Editorial Síntesis, 2006.
b) Pensamento galego
Marcelino AGÍS VILLAVERDE: Crónica viva do Pensamento Galego, IGESCO/ Ed. galaxia, Vigo 2001.
José Luis BARREIRO BARREIRO (coord.): O pensamento galego na Historia, Servizo de Puiblicacións da USC, 1999.
AA.VV: Diccionario Enciclopédico do Pensamento galego, Ed. Xerais/Consello da Cultura Galega, Vigo, Santiago, 2008.
CompetenciasA principal competencia que o alumnado obterá dun bo aproveitamento do estudo do temario é, fundamentalmente, aprender a discernir os marcos teóricos nos que se teñen establecidas as discusións filosóficas ao longo da historia, tanto no ámbito do pensamento español como do pensamento galego.
En segundo lugar, búscase familiarizar ós estudantes con principais autores das dúas tradicións filosóficas.
Metodoloxía da ensinanza - Sesións teóricas con exposicións maxistrais
- Clases prácticas con manexo de textos e documentos
- Presentación/Exposición dos traballos elaborados polos estudantes
- Sesións con apoio audiovisual
Sistema de evaluaciónAvaliación continua na que se terá en conta os seguintes aspectos:
1) Asistencia e participación nas sesións
2) Elaboración de comentarios de texto e pequenos traballos, cuxa posta en común terá lugar nas clases prácticas.
3) Elaboración dun traballo para expoñer
4) Exame
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais teóricas: 3 horas semanais
Horas non presenciais:
- 2 horas semanais dedicadas ao estudo da bibliografía e das fontes para complementar ás exposicións teóricas das clases;
- 3 horas semanais dedicadas á lectura e análise dos textos obxecto do traballo que se vai realizar;
- Horas de avaliación: 2 horas semanais, ou 30 horas ao cuadrimestre, para preparar as probas finais da materia, incluída a redacción definitiva do traballo.
Total volume de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS)
Recomendacións para o estudo da materiaÉ moi recomendable a participación activa nas clases e o traballo continuado sobre as lecturas propostas, así como a asistencia ás titorías para tentar de resolver as dubidas e as cuestións suscitadas nas aulas. Na medida do posible, o alumnado deberá procurar a lectura dos textos básicos recomendados.